Calendario
Info da proba

Bóveda

25/05/2014 11:00 - 13:15
Regulamento
VII CARREIRA SOLIDARIA RIO MAO - BOVEDA 2014

Organiza: Clube Horticelos Aventura

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DE CORREDORES E ACOMPAÑANTES APORTANDO CALQUER TIPO DE ALIMENTO NON PERECEDEIRO QUE DESTINAREMOS A CARITAS MONFORTE



Data:___Domingo, 25 de maio de 2014

Hora:___Nen@s 11:00 h____Adultos 12:15 h

Lugar:__Área Recreativa Muiño do Xil. Bóveda, Lugo

Distancias: __80 m
___________200 m
___________400 m
___________1600 m
___________7500 m (proba absoluta)

Inscrición: Ver Apartado 4




Proba deportiva incluída no CIRCUITO RIBEIRA SACRA 2014
Consultar REGLAMENTO do circuito en:
www.championchipnorte.com

REGULAMENTO XERAL


1. PRESENTACION


O Clube Horticelos Aventura organiza para o próximo domingo 25 de maio a
VII CARREIRA SOLIDARIA RIO MAO BÓVEDA 2014 aberta a todos aqueles corredores que desexen disfrutar da fermosura do noso municipio.

2. ORGANIZACIÓN

• Utilizaránse os arredores do pavillón municipal e do cuartel da Garda Civil como aparcamento co fin de evitar aglomeracións na zona de saída.
• Haberá servicio de duchas a disposición de todos os atletas sito no pavillón municipal.
• A organización contará coa colaboración dos organismos competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

3. LUGAR

A SAÍDA e META situaránse na Área Recreativa Muíño do Xil. BÓVEDA

4. INSCRIPCIÓNS

• PROBA ABSOLUTA

COSTE INSCRICIÓN 2€ + 1 kg COMIDA NON PERECEDEIRA DESTINADOS A CARITAS
(A ENTREGAR NA RECOLLIDA DE DORSAIS)

Ata o XOVES 22/05/14 ás 24:00 horas na web www.championchipnorte.com (única forma de inscrición).

Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.

• CARREIRAS NEN@S

INSCRICIÓN GRATUITA
Para resto de probas e categorías que van dende Pitufos ata Cadete poderán inscribirse dende a publicación desta nota ata VENRES 23/05/14 ás 24:00 horas
o no correo electrónico a.c.horticelos@hotmail.com ou
o no teléfono 982 42 60 77 (horario de 10 a 14 h e de 17 a 21 h)

Deberánse facer constar obligatoriamente os seguintes datos:

• nome e apelidos
• data de nacemento
• carreira na que se inscribe
• localidade de procedencia
• un recurso de contacto: teléfono ou correo electrónico

Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou falsos

5. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS

Realizarase o día da proba na zona de Saída/Meta (Area Recreativa) dende ás 10 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se lle entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes do comenzo da proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo).

AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

6. NORMATIVA

• A todos os participantes facilitaráselles un dorsal que deberán colocar no peito para a súa identificación durante a carreira e chegada a meta.
• Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal de outro participante ou quen falsifique os datos da inscripción.
• Os participantes deberanse colocar na zona de saída 5 minutos antes do comenzo das probas.
• Esta rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta.
• Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.

7. HORARIOS, CARREIRAS E CATEGORÍAS


Establécense as seguintes 24 categorías en masculino como feminino, segundo ano de nacemento:

Hora___Distancia___Categoría______Desde____Ata
11:00____ 1600m_____ALEVIN________2003_____2004
___________________INFANTIL_______2001_____2002
___________________CADETE________1999_____2000
11:30_____80 m______PITUFOS_______2010_____---
11:40_____200 m_____PREBENXAMÍN___2008____2009
11:50_____400 m_____BENXAMÍN______2005____2007
12:15_____7500 m____XUVENIL _______1991____---
___________________SENIOR A_______1984____1990
___________________SENIOR B_______1978____1983
___________________SENIOR C_______1972____1977
___________________VETERÁNS A_____1961____1971
___________________VETERÁNS B_____---______1960

8. PERCORRIDO

Circuito circular de 7500 m. unha única volta.

Marcará o percorrido un vehículo da organizacion na cabeza do grupo.
Estará sinalizado cada punto quilométrico.
Haberá un avituallamento líquido á metade do percorrido e outro na meta.

A carreira daráse por finalizada cando chegue á meta o vehículo da organización encargado de ir pechando a proba (non está contemplado un tempo máximo para esto).

9. PREMIOS

Entregarase un trofeo conmemorativo ó primeiro/a clasificado/a en cada categoría. Tódolos participantes recibirán un agasallo ata agotar existencias.

A entrega de trofeos e medallas terá lugar unha vez finalizadas a proba absoluta (13:30 h aprox).

10. DESCALIFICACIONS

Todo corredor/a que incumpla as normas recollidas no presente Regulamento poderá ser descalificado.

11. RECLAMACIONS

A organización e os colaboradores non se fan responsables dos daños morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira. Por este motivo non se admitirán reclamacións. Todos os participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité organizador.

Como en anos anteriores, ó finalizar a proba, aqueles atletas, acompañantes ou espectadores que o desexen, poderán disfrutar gratuitamente dunha pancetada.


Clube Horticelos Aventura