Calendario
Info da proba

A Silva

25/05/2014 11:00 - 14:00
Regulamento
X Carreira Pedestre de A Silva 2014


> DATA: 25 DE MAIO DE 2014
> LUGAR: A SILVA (CERCEDA)
> WEB: www.carreirasgalegas.com, www.fgatletismo.es/santiago,
www.atletismogalego.org

> INSCRICIÓN (ENLACE DIRECTO). PICA AQUÍ:

INSCRICIONS ADULTOS E ESCOARES

O clube ATLÉTICA A SILVA, xunto co CONCELLO DE CERCEDA, organizan o domingo 25 de MAIO, de 11 a 13:40 horas, a 10ª Carreira Popular Pedestre “A Silva 2014” con saída e chegada no campo da feira de A Silva (a 9 km de Cerceda e a 17 km de Ordes), discurrindo toda por terreo asfaltado.

REGULAMENTO DA PROBA
1. Poderán participar atletas federados e non federados.

2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN (feminina e masculina):
-*CHUPETE: nacidos no 2009 e posteriores
-*PITUFO: nacidos no 2008-2007
-BENXAMÍN: nacidos no 2006-2005
-ALEVÍN: nacidos no 2004-2003
-INFANTIL: nacidos no 2002-2001
-CADETE: nacidos no 2000-99
-XUVENIL: nacidos no 98-97
-JUNIOR: nacidos no 96-95
-PROMESA: nacidos no 94-93-92
-SENIOR: nacidos no ano 1991 e anteriores e ata veterán.
-VETERANS: a partir de 35 anos e agrupados de 5 en 5 años.
-DISCAPACITADOS: (correrán na categoría que lle corresponda por idade).
-AFECCIONADOS: nacidos no 1995 e anteriois (nesta categoría so poderán participar atletas non federados).
*As categorías CHUPETE e PITUFO non son categorías federadas.

3. HORARIOS e DISTANCIAS:
11:00 h CHUPETE (150 metros)
11:10 h PITUFO (300 metros)
11:20 h BENXAMÍN (800 metros). 2 voltas ao campo da feira.
11:30 h ALEVÍN (1200 metros). 3 voltas ao campo da feira.
11:45 h INFANTIL (1800 metros). 1 volta ao circuito mediano.
12:10 h. CADETE – XUVENIL – AFECCIONADOS (2200 metros).
1 volta campo da feira (400 m) + 1 volta ao circuito grande (1800 m).
12:40 h ABSOLUTA - SENIOR-JUNIOR-PROMESA.-VETERANS (10.000 metros).
1 volta ao circuito grande.
12:45 h ENTREGA PREMIOS CATEGORÍAS MENORES.
13:40 h. ENTREGA DE TROFEOS RESTO CATEGORÍAS.





4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
- Inscricións a través da web www.carreirasgalegas.com. Información en www.atletismogalego.org e www.fgatletismo.es/santiago.

PREZOS DE INSCRICIÓN
CARREIRAS CATEGORÍAS MENORES DENDE PITUFOS A CADETE INCLUSIVE:
*Prezo ata o Martes 20 de MAYO = GRATUITA
*Prezo mércores 21 e xoves 22 de MAYO = 3 €

CARREIRA ABSOLUTA e XUVENIL/AFECCIONADOS:
*Prezo ata o Martes 20 de MAIO = 4 €
*Prezo mércores 21 e xoves 22 de MAIO = 7 €

¡Non se admitirán inscricións despois do xoves 22 de MAIO!

5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos non serán acumulativos. Se entregarán:
- Trofeo aos 3 primeiros homes e mulleres da carreira ABSOLUTA.
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Camiseta conmemorativa (debuxo orixinal concurso escolar 2014) aos 400 primeiros inscritos participantes nas probas.
- Trofeo ao mellor atleta local de cada categoría (sempre e cando non se clasifiquen entre os 3 primeros da súa categoría).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Bebidas e froita e demais agasallos (chocolatada ou limonada, en función do tempo), ao término de cada proba.
- Obsequio especial aos primeiros atletas locais masculino e feminino da carreira ABSOLUTA.

6. SAÍDA - META: Campo da feira de A Silva.

7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa carreira, debendo levarse colocado na parte anterior do corpo de forma visible para a súa identificación durante o transcurso da proba. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor. A RECOLLIDA do dorsal faráse o mesmo día 25 de maio, dende 1 h antes do comezo de cada proba ata media hora antes de cada categoría.
8. CHIP: os atletas, dende cadete, estarán ademais, identificados a través dun chip integrado no dorsal.
9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estimen oportunos, os cales poderán ser motivo de descalificación en caso de incumprimento das normas de competición recollidas nos regulamentos da FGA, RFEA e IAAF para probas en ruta.
10. Avituallamiento: entregaráse auga no km 5 da carreira absoluta e na meta de todas as probas.
11. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo. Todo o non recollido no presente regulamento regularase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas en ruta.
12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.