Calendario
Info da proba

Ames

13/04/2014 10:00
Regulamento
I Trail Os Esfola Arrós - Concello de Ames
Data: Domingo 13 de Abril 2014.
Hora: A partir das 10:00 h
Lugar: Bertamirás - Concello de Ames
Distancia/Desnivel: 16,5 Km / 600 m positivo acumulado
Organiza: Os Esfola Arrós e Concello de Ames.
Inscrición: 17 de Marzo en www.osesfolaarros.com e www.emesports.es

...
A Concellaría de Deportes do Concello de Ames e o Club Ciclista Os Esfola Arrós organizan o “I Trail Os Esfola Arrós 2014” baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) e segundo o seguinte Regulamento.


Regulamento “I Trail Os Esfola Arrós 2014”

1.- Data e Lugar: “I Trail Os Esfola Arrós 2014” se celebrará o 13 de Abril do 2014 en Bertamiráns (Concello de Ames), con saída ás 10:00.

2.- Percorrido: A proba discurre por circuitos mixtos de camiños, pistas e beirarrúas cercanos, entre outros, aos lugares do Concello de Ames: Bertamiráns, Monte, Ventosa, Castelo, Augapesada, Castiñeiro do Lobo, Pegariños, etc. Trátase dun percorrido aproximado de 16,5 Km, cun desnivel acumulado duns 600 m (aínda que o percorrido poderá sufrir variacións para mellorar a seguridade dos participantes).

3.- Control técnico: A proba estará baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Gallega de Atletismo (Delegación de Santiago).
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta.

4.- Participación: Poderán participar atletas federados e non federados, maiores de 18 anos ou que os teñan cumpridos o día da proba, ata un máximo previsto de 150 corredores, sempre que se ateñan ao indicado neste regulamento e cumpran os requisitos aquí detallados.

5.- Categorías: (anos cumpridos ata o día da proba)
Categoría masculina absoluta maiores de 18 anos.
Categoría femenina absoluta maiores de 18 anos.

6.- Inscricións: Abrirase o 17 de Marzo e durará ata o 10 de Abril ás 24:00. Dita inscrición realizarase por internet, ao través da web www.emesports.es .
Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios.

7. Precio: A cota de inscrición será de 5 €. O importe da inscrición da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e de accidentes, facer uso de todos dos servizos establecidos pola Organización para os participantes, así como un agasallo conmemorativo para os 100 primeiros inscritos.
A non asistencia á proba non implicará a devolución da cota de inscrición.

8.- Recollida dos dorsais: Os dorsais recolleranse, o mesmo día da proba, a partir das 8:30 horas e ata as 10.00 horas, nunha Carpa situada na Praza da Mahía (Coordenadas: 42.860022, -8.651461). Non se entregarán dorsais despois da hora límite (10:00 horas).

9. Sinalización: O percorrido estará debidamente sinalizado con carteis indicadores e cintas de balizamento ben visibles. Existirán referencias kilométricas en certos puntos do percorrido.

10. Controis: No desenvolvemento da proba a Organización disporá de 1 punto de control sendo obrigatorio o paso polo mesmo.

11. Avituallamentos: Disporase de 2 puntos de avituallamento máis o de meta. O primeiro deles será un avituallamento líquido e sólido [agua, fruta, barras, bebida enerxética, etc.] e o segundo será só líquido.

12. Tempos de paso: Nun principio non haberá tempo máximo de entrada en meta. En calquera caso, os responsables da Organización terán a potestade para retirar da proba aos corredores que infrinxan as normas da proba, non leve o dorsal reglamentario de forma ben visible, desatenda as indicacións dos organizadores ou manteña unha actitude pouco deportiva cara o resto dos participantes. A estes efectos, a Organización ten prevista a participación de dous corredores que actuarán como peche de carreira. Todos aqueles participantes que se vexan afectados por una decisión de descalificación deberán facer entrega do dorsal no posto de control máis cercano e abandonar a proba atendendo ás indicacións dos membros da Organización.

13. Dorsal: Todo atleta que entre á liña de meta sen o seu dorsal ou sen este debidamente colocado na zona anterior do corpo (zona próxima ao peito) e en toda a súa extensión será automáticamente descalificado.

14. Reclamacións: As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA en vigor.

15. Duchas: Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal de Bertamiráns.

16. Reunión informativa: A Organización facilitará os detalles organizativos máis relevantes na charla técnica que se realizará 5 minutos antes da celebración da proba, na mesma saída.

17. Medio ambiente: A proba desenvolverase na súa maior parte por paraxes naturais, polo que será obligación de todos preservar o ámbito evitando botar desperdicios fora das áreas de control.
A tal efecto colocaranse colectores de basura ata unha distancia máxima de 100 metros dende o posto de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma elemental por parte dos participantes.

18. Asistencia sanitaria: A Organización disporá de servicios de Socorro e Salvamento en puntos estratéxicos do percorrido. Así mesmo, ofreceranse en meta servizos de duchas, aseo e atención médica de primeiros auxilios para os deportistas que tiveran algunha necesidade excepcional.

19. Seguridade: A organización resérvase o dereito a desviar a proba por algún percorrido alternativo e realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

20. Auxilio en accidentes: A Organización disporá para a realización da proba dunha Ambulancia con médico para axudar aos corredores que o precisen.
Así e todo, os participantes deberán auxiliar aos accidentados que precisen axuda, así como a informar de calquera percance nos controis de paso ou chamando a un teléfono que será proporcionado pola Organización.

21. Responsabilidade: A Organización declina toda responsabilidade en caso de perda de algún obxecto, ou de neglixencia dalgún participante. Os participantes serán responsables de todo perxuicio que poidan causarse a si mesmos ou a terceiros.

22. Material recomendable: Trátase dunha proba con circuitos mixtos (terra e asfalto) denominados Trail ou Carreira de montaña asequible a todos os niveis, que, aínda que non é demasiado técnico, recomendable levar zapatillas técnicas ou, polo menos, con algo de taco na sola para un mellor agarre.
Aínda que hai dous avituallamentos é recomendable para quen o considere oportuno, levar o seu propio sistema de hidratación (nunca botellas de plástico).