Calendario
Info da proba

As Pontes

15/03/2014 17:00 - 20:00
Regulamento XXIV Carreira de San Xosé, As Pontes 2014

Data: sábado 15 de marzo de 2014
Hora: 17:00 h (comezarasé coas categorías inferiores)
Lugar: circuíto da Fraga (xunto ao pavillón municipal)
Distancia: dende 350 a 6100 metros
Organiza: Concello das Pontes e Club Atletismo Olympo
Inscricións: http://www.carreirasgalegas.com http://atletismoolympo.wordpress.com/ e nas oficinas do pavillón municipal (só para inscripción de escolares, os atletas da categoría absoluta deberán inscribirse obrigatoriamente en calquera das páxinas web) (8:00 a 15:00) Tfno. 981 45 26 02 ata o mércores día 12 de Marzo.

Prezo da inscrición: 5 € Carreira de San Xosé ou 6 € Carreira de San Xosé + Carreira IRT As Pontes (Oferta conxunta!!!!!). Só se cobrará na categoría de adultos.

Marcar a casilla de Atleta Federado ou Non Federado.

Dentro da Carreira IRT As Pontes, teremos as modalidades de Carreira (10 Km ) ou Andaina ( 5 Km ).
Só haberá categoría adulta, para os nenos realizaranse actividades na carpa situada no colexio de Santa María.

*Recollida de dorsais ata media hora antes de cada proba.



XXIII Carreira Pedestre San Xosé - As Pontes 2014 organizada polo Concello das Pontes e o Club Atletismo Olympo, a disputar o sábado 15 de marzo a partir das 17:00 h.

REGULAMENTO CATEGORÍA ABSOLUTA

1. A saída absoluta terá lugar no CIRCUÍTO DA FRAGA (xunto ao pavillón municipal) despois das carreiras escolares.

2. Os participantes deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da proba.

3. O recorrido será dunha distancia aproximada de 6500 metros.

4. A clasificación será absoluta e por categorías.

5. Está rigorosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. O incumprimento desta norma implicaría a descualificación dos atletas acompañados.

6. Ao longo do percorrido a organización establecerá controis para regular a axeitada participación dos atletas.

7. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu correspondente dorsal será descualificado

8. O CONTROL DE CHEGADA PECHARASE UNHA HORA DESPÓIS DE QUE CHEGUE O PRIMEIRO/A CLASIFICADO/A.

9. A inscrición realizarase na páxina da Federación Galega de Atletismo, os datos necesarios para a inscrición son:

NOME E APELIDOS, DNI, DATA DE NACEMENTO, CLUB E LOCALIDADE DE ORIXE, SI ESTÁN FEDERADOS OU NON.

10. CALQUERA TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECER O DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DE ATLETA PONTÉS PARA PODER ACCEDER AOS PREMIOS

11. PERCORRIDO: 2 voltas Circuíto C ESCOLAR + SUBIDA CLÁSICA AO PANTANO (6510 m)

12. Establécense as seguintes categorías:
- XUVENIL (M e F) nacidos nos anos 1995-96-97-98
- PROMESA-SÉNIOR (M e F) 1994 e anteriores.
- VETERANAS 40 anos cumpridos no día da proba.
- VETARANOS 40 anos cumpridos no día da proba.

NOTA: Poderase autorizar a participación na carreira absoluta na categoría de CADETES (M e F) con autorización por escrito do delegado do club cunha hora de antelación na secretaría da proba, optando unicamente aos premios da categoría absoluta.

13. Establécense os seguintes premios absolutos, tanto para categoría masculina como feminina:


1º Clasificado e clasificada: TROFEO e 200 €.
2º Clasificado e clasificada: TROFEO e 125 €.
3º Clasificado e clasificada: TROFEO e 75 €.

TROFEO aos tres primeiros clasificados/as por cada categoría se non chegan entre os/as tres primeiros/as absolutos/as.

TROFEO LUÍS BARRIO DOEL + PREMIO GALIORIENT ao primeiro pontés e á primeira pontesa clasificados.
PREMIO OPTICALIA aos atletas que cheguen no posto XXIV da clasificación masculina e da feminina.

En ningún caso (excepto o trofeo LUÍS BARRIO) un mesmo atleta poderá recibir dous trofeos, percibindo unicamente o de maior categoría.

14. Haberá servizo de duchas nos vestiarios do polideportivo municipal (A Fraga).

REGULAMENTO ESPECÍFICO CATEGORÍA ESCOLAR

1. Esta categoría está reservada para todos os ATLETAS E ENTIDADES (centros escolares, agrupacións, clubs, etc.) que desexen participar, tanto públicos como privados, con participantes en idade escolar (6-16 anos).

2. Cada entidade poderá inscribir a todos os/as participantes que desexe.

3. O percorrido será diferente ao absoluto en función das categorías.

4. Establécense as seguintes categorías :

PREBENXAMÍN (M. e F.): anos 07-08. 350 m. 1 volta Circuíto A
BENXAMÍN (M. e F.): anos 05-06. 550 m. 1 volta Circuíto B
ALEVÍN (Feminino): anos 03-04. 900 m. 1 volta Circuíto C
ALEVÍN (Masculino): anos 03-04. 1250 m. 1 volta Circuíto A + C
INFANTIL (Feminino): anos 01-02. 1250 m. 1 volta Circuíto A + C
INFANTIL (Masculino): anos 01-02. 1450 m. 1 volta Circuíto B + C
CADETE (Feminino): anos 99-00. 1450 m. 1 volta Circuíto B + C
CADETE (Masculino): anos 99-00. 1800 m. 2 voltas Circuíto C

5. Coa finalidade de fomentar a participación, para a clasificación por ENTIDADES, outorgaranse tres premios (vale de 100 €, cambiable por material deportivo, en calquera dos establecementos da vila) as que clasifiquen no maior número de participantes na liña de chegada, sumados os participantes da totalidade das categorías escolares.

6. Concederanse os seguintes premios :

*Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das categorías.
*Trofeo ao primeiro/a pontés/a clasificado/a en cada categoría.

7. As inscricións escolar e por entidades nas que se fará constar o nome e apelidos de cada atleta, así como o ano de nacemento, presentaranse por duplicado nas oficinas do departamento de deportes do Concello das Pontes (pavillón municipal, s/n) non máis tarde das 13:00 h do 10 de marzo (incluido ese día) podendo ser enviadas por correo, fax (662340856), tfno. (981452602) ou e-mail (deportes@aspontes.org).

8. A saída das probas terá lugar a partir das 17:00 horas.

9. A recollida de dorsais das entidades participantes farase conxuntamente. O delegado ou adestrador da entidade, necesariamente un maior de 18 anos, cuxo nome e apelidos figurará nas inscricións, recibirá as indicacións adicionais necesarias para o mellor desenvolvemento da proba.