Calendario
Info da proba

Moraña

20/07/2014 10:30 - 12:30
Regulamento
II Carreira Carneiro ó Espeto, Moraña

Data: domingo, 20 de xullo de 2014.
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: saída e mete na rúa 5 de Santa Lucía, Moraña.
Distancia: de 250 a 8.000 m.
Organiza: Club de Atletismo +9 Moraña.
Inscrición: Ver punto 7 no regulamento. En Championchip Norte.

:: Comenta a Carreira de Moraña neste tema do foro ::



REGULAMENTO CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO 2014, MORAÑA


1.- O Club de Atletismo +9 Moraña, en colaboración co Concello de Moraña, a Deputación de Pontevedra e La Caixa, organiza a Carreira Carneiro ó Espeto 2014, que terá lugar o domingo 20 de xullo a partirdas 10:30 horas, estando situadas a saída e a meta na Rúa 5 de Santa Lucía (Moraña).

2.- A carreira é aberta á participación de calquerapersoa, sen necesidade de ter licenza federativa.

3.- O percorrido será un circuíto semiurbano ó que se darán dúas voltas ata completar 8 km. As distancias a percorrer adaptaranse ás idades de cada categoría.

O circuíto será o seguinte: Rúa 5, Mos, Rúa 1, Rúa12, Rúa Dr. Batallán, Rúa 3, Buelo, Rúa 7, Rúa 6, Rúa 5.

4.- Ás 10:30 será a primeira carreira.
A entrega de premios será a partir das 13:20 h.

5.- Categorías (masculina e feminina):
Pitufos: Nacidos a partir do ano 2009
Prebenxamíns: Nacidos nos anos 2008-2007
Benxamíns: Nacidos nos anos 2006-2005
Alevíns: Nacidos nos anos 2004-2003
Infantís: Nacidos nos anos 2002-2001
Cadetes: Nacidos nos anos 2000-1999
Xuvenís: Nacidos nos anos 1998-1997
Absoluta: Elite: de 18 a 34 anos
Veteranos A: masculino: de 35 a 39anos feminino: de35 a 44 anos
Veteranos B: masculino: de 40 a 44anos feminino: de45 a 50 anos
Veteranos C: masculino: de 45 a 50 anos feminino: de 50 a 55 anos
Veteranos D: masculino: de 51 a 55 anos feminino: de 56 anos en adiante
Veteranos E: de 56 a 60 anos
Veteranos F: de 61 anos en diante.

CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA

Infantís / Cadetes 10:30 h 4 km
Xuvenís / Absoluta 11:00 h 8 km
Alevíns 12:00 h 2 Km
Benxamíns 12:25 h 1.400 m.
Prebenxamíns 12:45 h 1.000 m
Pitufos 13:05 h 250 m

6.- Premios: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría e da absoluta. Haberá trofeo para o corredor e corredora de máis idade, para o primeiro e primeira da carreira absoluta empadroados no concello de Moraña, para o primeiro e primeira maior de 50 anos empadroados en Moraña e camisetas técnicas e avituallamento para os participantes na liña de chegada.

Haberá os seguintes premios en metálico:

Absoluto
masc.
Absoluto fem. Veter. mas. Veter. fem. Elite masc. Elite fem.
1º clas. 50€ 1º clas. 50€ A: 1ºclas. 30€ A: 1ºclas. 30€ 1ºclas. 30€ 1ºclas. 30€
2º clas. 40€ 2º clas. 40€ B: 1ºclas. 30€ B: 1ºclas. 30€
3º clas. 30€ 3º clas. 30€ C: 1ºclas. 30€ C: 1ºclas. 30€
D: 1ºclas. 30€ D: 1ºclas. 30€
E: 1ºclas. 30€
F: 1º clas. 30€

Estos premios non son acumulativos: Só se entregaráo de maior cuantía. Para recollelo, terá que presentarse o interesado/a provisto de DNI.

O primeiro premio da absoluta masculino e feminino, ademáis do premio en metálico e o trofeo, entregaráselles un bono dunha cea para dúas persoas.

7.- Inscricións: As categorías de Pitufos a Alevíns inscribiranse no correo electrónico clubatletismomorana@gmail.comata o xoves 17 ás 14:00 h. Farán constar: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono.

Nestas categorías admitiranse inscricións na liña de saída ata unha hora antes da saída.

Para as carreiras absoluta, xuvenil, cadete e infantil as inscricións faranse na páxina www.championchipnorte.com. Os atletas locais deberán especificalo na inscrición. Os atletas federados deberán poñer a que club pertencen.

Propietarios chip amarelo: 4 €
Non propietarios: 4 € máis 1 € de aluguer
Nas categorías de cadete e infantil: 1 € aluguer dechip

8.- Os atletas deberán estar na liña de saída 10 minutos antes do comezo da carreira.

9.- Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo que estime a Organización.

10.- A Organización non se fará cargo dos obxectos de valor extraviados polos corredores.

11.- A participación supón a total aceptación deste regulamento. Todo corredor, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento coma as decisións que tome a Organización en caso de dúbidas.

12.- Haberá duchas no Pavillón Municipal de Deportes, a 600 metros da liña de meta.

13.- Esta carreira forma parte do Tour Running RíasBaixas.

14.- Prégase aos atletas de todas as categorías entreguen un kilo de comida non perecedeira no lugar de entrega de dorsais.

15.- A ORGANIZACIÓN DA CARREIRA A PARTIR DAS 12:15 H SERVIRÁ PINCHOS PARA TODOS OS ATLETAS PARTICIPANTES.



:: Comenta a Carreira de Moraña neste tema do foro ::