Calendario
Info da proba

Lavadores - Vigo

15/03/2014 11:30 - 13:30
Regulamento MEMORIAL EULOGIO GONZALEZ PÉREZ (Lavadores,Vigo)




O percorrido é de 10 km (2 voltas de 5 km) con saída na Avcd. Lavadores, Ramón Nieto Nº302, Penis, Fonte Escura, 1ª Travesía de Barreiro, Subride rematando nas inmediacións do Campo de Futbol de Barreiro.

A A.V.C.D. Lavadores organiza, o día 16 de Marzo un Memorial en homenaxe a un Lavadoreño que na súa xuventude foi un excelente atleta; con elo se pretende dar continuidade a este nobre deporte, achegando a toda a comunidade escolar da parroquia de Lavadores para que en un futuro próximo, a xuventude de Lavadores, participe activamente nos numerosos circuítos atléticos que se organizan na cidade de Vigo.

O Memorial, celebrarase o sábado 16 de Marzo e o percorrido para a Categoría Absoluta é de 10 Km. E para as inferiores idades será:

PRE-BENXAMINS (Feminino e Masculino) 500 mts.
BENXAMÍNS(Feminino e Masculino) 1.000 mts.
ALEVÍNS (Feminino e Masculino) 1.500 mts.
INFANTÍS (Feminino e Masculino) 2.000 mts.
CADETES (Feminino e Masculino) 3000 mts.

Pre-benxamín os nacidos dende Xullo do 2.008
Benxamíns os nacidos dende Maio do 2.006
Alevíns os nacidos dende Marzo do 2004
Infantís os nacidos dende Xaneiro do 2.002
Cadetes os nacidos en 1.999

As inscricións formalizaranse en atletismobeade@gmail.com ou na secretaría da AVCD. Lavadores, Avda. Ramón Nieto 302 en horario de 9:00 a 13:30 hrs. e de 16:30 a 19:30 hrs., ata o mércores 12 de Marzo.

Outorgaranse trofeos os tres primeiros clasificados, de cada categoría e, tódolos participantes das categorías inferiores serán obsequiados cunha medalla conmemorativa da cidade de Vigo.


A Dirección técnica das carreiras estará a cargo de expertos na celebración deste tipo de eventos deportivos.
Durante o desenrolo das carreiras o circuíto está controlado por 40 voluntarios, asistencia de Protección Civil e coa colaboración da Policía Local de Vigo.

Para a Categoría Absoluta as inscricións faranse a través de javier@championchipnorte.com e terán un custe de 5 Euros.
E na web http://www.championchipnorte.com/

A Categoría Absoluta está composta dos seguintes apartados:

XUVENIL - JÚNIOR (Feminino e Masculino)
PROMESA SÉNIOR (Feminino e Masculino)
VETERÁNS - A de 35 a 44 anos
VETERÁNS - B de 45 a 54 anos
VETERÁNS - C de 55 en adiante.

Os participantes poderán dispoñer de vestiarios e duchas nas instalacións da AVCD Lavadores e de aparcadoiro situado fronte a mesma.ronte a mesma