Calendario
Info da proba

A Estrada

09/03/2014 11:00 - 13:00
Regulamento III Cross Río Liñares




O Concello da Estrada, en colaboración co Club Atletismo A Estrada, organizan o vindeiro domingo día 9 de marzo o III Cross Rio Liñares, carreira puntuable para o II Circuito “Corre A Estrada Corre”.
A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia na carreira absoluta de 7.500 metros.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en dous circuitos: un de 400 metros (Circuito A) e outro de 2.500 metros (Circuito B), ambos pechados e valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.


1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
 XUVENIL Atletas nados/as nos anos 1997 e 1998
 XUNIOR Atletas nados/as nos anos 1995 e 1996
 PROMESA Atletas nados/as nos anos 1992-1993-1994
 ABSOLUTA: Atletas nados/as nos anos 1991 e anteriores.
 VETERÁN A MASCULINO: Atletas nados entre 1976 e 1967.
 VETERANA A FEMININO Atletas nadas entre 1978 e 1969.
 VETERÁN B MASCULINO: Atletas nados entre 1966 e 1957.
 VETERANA B FEMININO Atletas nadas no ano 1968 e 1957.
 VETERÁN C MASCULINO Atletas nados no ano 1956 e anteriores.
 VETERÁNA C FEMININO Atletas nadas no ano 1956 e anteriores.

2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
O percorrido das probas, dependendo da categoría realizarase nas instalacións da Praia Fluvial da Sociedade Deportiva Rio Ulla, excepto as categorías cadete e senior que sairán de ditas instalacións.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX.
11:00 h CADETE 2.500 m
XUVENIL E XUNIOR 5.000m
PROMESA, ABSOLUTA E VETERAN 7.500 m

12:00 h PREBENXAMIN E BENXAMIN 400 m
12:15 h ALEVIN 1.200 m
12:45 h INFANTIL 1.600 m
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS

3. INSCRICIÓNS:

* ADULTOS: Ata o xoves día 6 de Marzo de 2014 as 24:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Se non es usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen.


INSCRIPCIONES DE LOS ESCOLARES:
* ESCOLARES: (dende prebenxamíns a cadetes) Todos os corredores que desexen participar nesta proba, deberán de formalizar a súa inscrición nos teléfonos 986.570.030, 649.704.472 ou 663.182.956 ou nos correos deportes @ aestrada.es ou atletismoaestrada @ gmail.com, cdsanpaio @ gmail.com A data límite para formalizar a inscrición é o xoves día 06 de Marzo. Non se admitiran inscricións fora de prazo.
Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos 986.570.030, 886.153.589, 649.704.472 ou 663.182.956 ou ou nos correos deportes @ aestrada.es, atletismoaestrada @ gmail.com ou cdsanpaio @ gmail.com

4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla, no lugar habilitado para á organización da carreira, a partir das 09:00 horas.

* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (11:00 horas) estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba. Este requisito é obrigatorio tanto para os participantes do II Circuito “Corre a Estrada Corre”, como os corredores que so participen nesta proba.
TODOS OS CORREDORES, SALVO OS PARTICIPANTES NO II CIRCUITO “CORRE A ESTRADA CORRE”, TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, absoluta, veterán A, veteran B e veterán C e tanto masculina como feminina. Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade será descalificado.
* DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA referentes a probas en ruta, será excluído a criterio da organización da proba. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS A ORGANIZACIÓN DA PROBA con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba da que se efectúe dita reclamación.
6. PREMIOS E TROFEOS:
- Obsequio de camiseta para todos os participantes ata esgotar existencias.
- Trofeos os tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías.
7. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla.
- Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.