Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2014 10:55 - 13:25
Regulamento
VII Carreira Pedestre do Concello de Outes

Data: sábado, 17 de maio de 2014.
Hora: Ver punto 9 do regulamento.
Lugar: saída da Praza de Galicia.
Distancia: de 50 a 10.000 m.
Organiza: Departamento de Deportes do Concello de Outes.
Patrocina: Concello de Outes.
Inscrición: ata o 14 de maio en Championchip Norte.
Contacto:
e-mail: deportes@outes.es
Persoa de contacto: Lorena
Teléfono do pavillón: 981 850 748



:: Comenta a Carreira de Outes neste tema do foro ::


COLABORA
Protección Civil de Outes, Policía Local, Garda Civil, Club atletismo Outes e demais voluntarios.

CATEGORÍAS
- Chupetes (2012 e posteriores): 50 m
- Pitufos (2010 e 2011): 100 m
- Prebenxamin (2007-2008-2009): 225 m
- Benxamín (2005-2006): 450 m
- Alevín (2003-2004): 1 km
- Infantil (2001-2002): 1 km
- Cadete (1999-2000): 3 km
- Xuvenil (1997-1998): 3 km
- Promesa (1991-1996)): 10 km
- Senior (1980-1990): 10 km
- Veteranos A (1970-1979): 10 km
- Veteranos B (1969- 1959): 10 km
- Veteranos C (1958 y anteriores): 10km
- Veteranas A(1970-1979): 10 km
- Veteranas B (1969 y anteriores ): 10 km

HORA DE COMEZO
O comezo da carreira de chupetes de 50 m será ás 10:55h; a carreira de 100 m de pitufos será as 11:00 h; prebenxamins 225 m as 11:05; benxamins 450 m ás 11:10 h. O comezo da carreira de alevíns e infantís de 1 km será ás 11:20 h; cadetes e xuvenís 3km ás 11:30 h e o comezo da de 10 km sobre as 12:00 h. As carreiras de chupetes, pituf@s, prebenxamín e benxamín terán lugar dentro do campo de fútbol e si o tempo non acompaña e chove moito estas catro carreiras terán lugar dentro do pavillón.

INSCRICIÓNS
Ata as 24:00 h do mércores 14 de maio a través da web de championchip (www.championchipnorte.com). As categorías chupetes,pituf@s, prebenxamíns e benxamíns, ata as 24:00 h do mércores 14 de maio a través do correo do departamento de deportes do concello (deportes@outes.es). Para as categorías participantes na carreira de 10 km a inscrición terá un custo de 4 euros para os non propietarios de chip (2 euros alquiler + 2 euros de inscrición), e de 2 euros para os propietarios de chip amarelo; para o resto de categorías a inscrición é gratuíta e débese marcar o desconto correspondente na inscrición. As persoas da carreira absoluta (10 Km) que marquen o desconto que non lles corresponde, serán eliminados da inscrición.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición, na web de championchip, podédesvos dirixir ao teléfono 982816884 ou ao enderezo electrónico info@championchipnorte.com

DATOS OBRIGATORIOS PARA AS INSCRICIÓNS: NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade, Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), Mail de contacto (se o ten), Nome do Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten). Deberá indicar tamén se pertence ao Concello de Outes para puntuar nos premios locais.
As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de 10 Km como as carreiras curtas, non serán admitidas.

RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo da Serra, dentro do campo de fútbol, poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor vaia participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo.

Os participantes das carreiras de pequenos, as que se realizarán dentro do campo de fútbol (chupetes, pitufos, prebenxamin e benxamín) tamén poderán recoller os dorsais o xoves dia 15 no pavillón de Outes dende as 19:00 as 20:00 horas.
Na praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas carreiras, agás a de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e 450 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.

PREMIOS
- Medallas para os participantes nas categorias chupetes, pituf@s, prebenxamins e benxamins.(ata 200 medallas).
- Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías.
- Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral (10 Km).
- Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral (10 Km)
- Trofeo para o primeir@ de Outes nas categorías: chupetes, pitufos, prebenxamín, benxamín, alevin, infantil, cadete e xuvenil.
- Non haberá premios económicos.
- Os trofeos non serán acumulativos.

PERCORRIDO
- Carreiras de 50m, 100m, 225m e 450 metros: terán lugar arredor do campo de fútbol. (As distancias destas catro carreiras son aproximadas).
- Carreira de 1 Km (1.000 metros): saída da praza de Galicia, dirección rúa Doutor Esperante, rúa de Compostela, rúa do Conchido ata a praza de Galicia.
- Carreira de 3 Km (3.000 metros): terán que dar 3 voltas ao circuíto de 1 Km.
- Carreira de 10 Km: saída e meta na praza de Galicia, o percorrido levarase a cabo polas rúas e pistas do concello.

REGULAMENTO
1.- O departamento de Deportes do Concello de Outes será o organizador da VII Carreira Pedestre de Outes.

2.- O Concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.

3.- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.

4.- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu cumprimento.

5.- Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe quedar en todo momento ben visible.

6.- Nas carreiras de 1 Km, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de cronometraxe electrónica, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais ou a chegada na linea de meta onde se colocarán unhas caixas para a súa recollida).

¡É OBRIGATORIO DEVOLVER O CHIP!

7.- Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sen dorsal ou a xuízo da organización cometa algunha irregularidade, será descualificado.

8.- A saída da 1ª carreira será ás 10:55 h e discorrerá arredor do campo de fútbol de Outes. As demais carreiras pasarán polas diferentes rúas e pistas do concello. A carreira de 10 Km está previsto que teña a saída ás 12:00 h.

9.- Os participantes deberán situarse na saída 10 minutos antes do comezo da proba. Os horarios son os seguintes:

9.1.- carreira de chupetes: 10:55 horas.
9.2.- carreira de pituf@s: 11:00 horas.
9.3.- prebenxamíns: 11:05 horas.
9.4.- benxamíns: 11:10 horas.
9.5.- Alevins e infantís: 11:20 horas.
9.6.- Cadetes e xuvenís:11:30 horas.
9.7.- categorías restantes (carreira de 10km): 12:00 horas.

Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación si se presenta algún imprevisto de última hora.

10.- A organización establece as seguintes categorías :
- Chupetes (2012 e posteriores): 50 m
- Pitufos (2010 e 2011): 100 m
- Prebenxamin (2007-2008-2009): 225 m
- Benxamín (2005-2006): 450 m
- Alevín (2003-2004): 1 km
- Infantil (2001-2002): 1 km
- Cadete (1999-2000): 3 km
- Xuvenil (1997-1998): 3 km
- Promesa (1991-1996)): 10 km
- Senior (1980-1990): 10 km
- Veteranos A (1970-1979): 10 km
- Veteranos B (1969- 1959): 10 km
- Veteranos C (1958 y anteriores): 10km
- Veteranas A(1970-1979): 10 km
- Veteranas B (1969 y anteriores ): 10 km

11.- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na metade do percorrido.

12.- A organización contará coa axuda dos organismos oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.

13.- Un coche irá pechando a carreira, facendo funcións de "coche escoba" .

14.- O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por vehículos non autorizados será motivo de descualificación.

15.- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 1 hora e 15 minutos despois de que se dea a saída.

16.- As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados. Todo aquel que non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.

17.- Os trofeos non serán acumulativos.

18.- A entrega de trofeos está prevista para as 13:15 h dentro do pavillón polideportivo de Outes.

19.- Os corredores poderán utilizar o pavillón e os vestiarios do campo de fútbol para asearse despois da carreira.

20.- Ante calquera circunstancia non comentada nestas bases e regulamento, a organización tomará as decisións oportunas.

21.- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público, organización e a proba en xeral.

22.- Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.


:: Comenta a Carreira de Outes neste tema do foro ::