Calendario
Info da proba

Chantada

26/04/2014 17:00 - 19:00
Regulamento
V Carreira Popular de Chantada 8 km no Corazón

Data: sábado, 26 de abril de 2014.
Hora:
Escolares 17:00h
Adultos 18:15h
Lugar: Chantada.
Distancia: de 100 a 8.000 m.
Organiza:
Clube Deportivo Atletismo Chantada
Concello de Chantada
Championchipnorte
Inscrición: na web Championchip Norte
Web: 8 Km no Corazón



:: Comenta a Carreira de Chantada neste tema do foro ::

REGULAMENTO
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación no mesmo.

Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que deben utilizar o seu.

Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.

A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento

En caso de cancelación do evento por causas alleas a organizción, non se devolverá o importe da inscrición.

CARREIRA ABSOLUTA
Categorías:

Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femeninas:
Xuvenil ... 1997 e 1998
Junior ... 1995 e 1996
Promesa ... 1992,1993 e 1994
Senior ... 1991 ata veteráns
Veteráns/as A ... 35 a 39 anos
Veteráns/as B ... 40 a 44 anos
Veteráns/as C ... 45 a 49 anos
Veteráns/as D ... 50 a 54 anos
Veteráns/as E ... 55 a 59 anos
Veteráns/as F ... 60 a 64 anos
Veteráns/as G ... M-65 anos e posteriores

INSCRICIÓNS
A través da Web www.8nocorazon.com e www.championchipnorte.com

Custo da inscrición na carreira absoluta: 5€ de dereitos de inscrición máis 2€ de aluguer de chip para non propietarios de chip amarelo Championchip.

Peche de inscricións o mércores 23 de abril ás 20:00h

Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse on-line serán obrigatorios os seguintes datos:
- DNI con letra
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (no caso de telo)
- Localidade
- Teléfono móbil
- Se é atleta nado/a en Galicia
- Se é atleta empadroado/a en Chantada

A organización reservase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP

Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (26 de abril) na Prz. do Mercado de 11:00 a 16:30h.

PREMIOS
1º/1ª Clasificad@ ... Trofeo e agasallo
2º/2ª Clasificad@ ... Trofeo e agasallo
3º/3ª Clasificad@ ... Trofeo e agasallo

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA
1º/1ª Clasificad@ local ... Trofeo e agasallo
2º/2ª Clasificad@ local ... Trofeo e agasallo
3º/3ª Clasificad@ local ... Trofeo e agasallo

Considerarase como local o atleta empadroado en Chantada.

Trofeo especial para o corredor ou corredora de mais idade.

Os premios non son acumulables.

Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Aparcadoiros: os atletas disporán dunhas zonas de aparcadoiro señalizadas na rúa Taboada e no Pavillón Polideportivo.

-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas nas instalacións do Pavillón Polideportivo.

- Mesa do atleta: estará situada na Praza do Mercado e nela poderase consultar calquer dúbida, recoller información sobre os trazados das distintas probas, etc

INFORMACIÓN E RESULTADOS
Na páxina da proba: www.8nocorazon.com e www.championchipnorte.com


CARREIRAS MENORES
Todas as carreiras de menores son participativas e non se tomarán tempos.

INSCRICIÓNS
A través da Web www.8nocorazon.com e www.championchipnorte.com (gratuita)

Inscricións presenciais a partir do 1 de abril na Concellería de deportes do Concello de Chantada.

Peche de inscricións o mércores 23 de abril ás 20:00h

Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax

Para poder inscribirse tanto por correo electrónico como presencialmente serán obrigatorios os seguintes datos:
- DNI con letra se ten
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Clube (no caso de telo)
- Localidade

A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

PERCORRIDOS:
Pitufos: 17:00h ... (nados entre 2007 e 2009) ... 100m. aprox.
Benxamín e Alevín 17:10h ... (nados entre o 2003 e 2006) ... 500m. aprox.
Infantil e Cadete 17:20h ... (nados entre 1999 e 2002) ... 2500m. aprox.

ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (26 de abril) na Praza do Mercado de 11:00 a 16:30.

PREMIOS
Tod@s @s nen@s que participen nas carreiras menores recibiran unha medalla conmemorativa e avituallamento ao remate de cada proba.

Trofeo especial para o corredor ou corredora de menor idade que se dará a coñecer ao principio da entrega de premios da carreira absoluta.


:: Comenta a Carreira de Chantada neste tema do foro ::