Calendario
Info da proba

Sigüeiro-Oroso

26/04/2014 17:30 - 21:00
Regulamento
II Carreira Pedestre Popular Concello de Oroso

Data: 26 de abril de 2014.
Hora: De 17.45 a 21.00 horas. Ver no regulamento.
Lugar: Sigüeiro, Oroso.
Distancia: de 200 a 9500 m.
Inscrición: ata o mércores 23 de abril ás 22 horas.
Web: Delegación en Santiago da FGA



:: Participa no foro de carreiras populares ::

REGULAMENTO

1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.

2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

3.- A inscrición da proba absoluta (de junior-promesa a veteráns) poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite: mércores 23 de abril ás 22 horas.

A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 23 de abril ás 22 horas).

PREZOS DA INSCRICION
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 4 € por participante

* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.

4.- Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada no Centro Cultural a carón da SAIDA das probas e fronte a Casa do Concello o sábado 26 de abril de 10:30 a 14:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo en xornada de mañán). En xornada de tarde haberá prazo límite de 30 minutos antes do inicio de cada proba.

5.- PREMIOS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femeninos.
Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas todos os participantes, non haberá trofeos para esta categoría.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase aproximadamente as 20.30 horas.

6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, podera ser descalificado.

7.- Os participantes deberán achegarse á zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.

8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.

9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro ou na secretaría de competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio da organización da proba, en función do número de participantes de cada categoría.

11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da FGA, e RFEA para probas en ruta en vigor.

Categorías e horarios
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Junior-Promesa 1992-1993-1994-1995-1996 17:30 h 9500 m
Senior 1991 ata veteranos 17:30 h 9500 m
Veterano A masculino Nados entre 1979 e 1969 17:30 h 9500 m
Veterano B masculino Nados entre 1968 e 1959 17:30 h 9500 m
Veterano C masculino Nados no 1958 e anteriores 17:30 h 9500 m
Veterana D feminino Nados entre 1979 e 1964 17:30 h 9500 m
Veterana E feminino Nados no 1963 e anteriores 17:30 h 9500 m
Pitufo Nados en 2009 e posteriores 18:30 h 300 m
Prebenxamín Nados en 2007-2008 18:40 h 300 m
Benxamín 2005-2006 18:50 h 1000 m
Alevín 2003-2004 19:00 h 2000 m
Infantil 2001-2002 19:15 h 2000 m
Cadete 1999-2000 19:30 h 3000 m
Xuvenil 1997-1998 19:45 h 3000 m
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:30


:: Participa no foro de carreiras populares ::