Calendario
Info da proba

Arca - Santiago

13/04/2014 10:30 - 12:45
Regulamento
A MediaSan do Camiño

Data: domingo, 13 de abril de 2014.
Hora: a partir das 10:30 h.
Lugar: de Arca a Santiago de Compostela
Distancia: 21.097 m aprox.
Organiza: Concello de O Pino e Concello de Santiago. Federación Gallega de Atletismo.
Inscrición: Carreiras galegas
Web: Delegación en Santiago da FGA



:: Comenta a MEDIASAN neste tema do foro::


REGULAMENTO MEDIA-SAN DO CAMIÑO


ARTIGO 1: Data e horario

Os Concellos de O Pino e Santiago de Compostela organizarán o domingo 13 de Abril de 2014 o I Medio Maratón “MediaSan do Camiño” que terá unha distancia aproximada de 21.097,50 metros. A proba dará comenzo ás 10:30 horas.

ARTIGO 2: Circuito

A saída estará situada na localidade de Arca-O Pedrouzo, derradeiro punto do Camiño de Santiago. A meta estará ubicada no Estadio Multiusos de San Lázaro, rematando a proba dentro da súa Pista de Atletismo.
Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os designados pola Organización.

ARTIGO 3: Control técnico da proba

A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.

ARTIGO 4: Peche de control da carreira

O peche de control da proba realizarase ás 13:00 horas (2 horas e 30 minutos despois da súa saída). Pasado este tempo correspondente, o participante que siga en carreira deberá retirarse do circuito oficial de competición.

ARTIGO 5: Inscricións

a) Realizaranse a través da pasarela de pago presente na páxina web da Federación Gallega de Atletismo (Departamento de Carreiras Populares) www.carreirasgalegas.com. A inscrición estará aberta desde o 27/02/2014 ás 00:00 horas ata o 08/04/2014 ás 22:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora do prazo establecido.

b ) O prezo de inscrición será o seguinte:
Cota de inscrición:
CARREIRA ATLETAS POPULARES E FEDERADOS 10 euros

ARTIGO 6: Entrega de dorsal/chip e bolsa de corredor

A entrega de dorsais/chip e bolsa de corredor realizarase na planta de deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés - Hipercor) nos seguintes días e horarios:
• Venres 11 de abril de 10:00 a 22:00 horas.
• Sábado 12 de abril de 10:00 a 22:00 horas.
De xeito excepcional permitirase a recollida do dorsal/chip e bolsa de corredor o día da proba entre ás 08:30 e as 09:30 horas no Estadio Municipal Multiusos de San Lázaro.

ARTIGO 7: Categorías

CATEGORIA AÑO DE NACIMIENTO
Junior 1995-1996
Promesa 1992-1993-1994
Senior Desde 1991 e anteriores ata veteranos
Veteranos 1 De 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
Veteranos 2 De 40 a 44 anos cumpridos o día da proba
Veteranos 3 De 45 a 49 anos cumpridos o día da proba
Veteranos 4 De 50 a 54 anos cumpridos o día da proba
Veteranos 5 De 55 a 59 anos cumpridos o día da proba
Veteranos 6 De 60 a 64 anos cumpridos o día da proba
Veteranos 7 Máis de 65


ARTIGO 8: Utilización dos dorsais

Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados na parte dianteira do corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberá levarse durante toda a proba. O incumprimento deste ARTIGO será motivo de descualificación.

Non serán admitidos pola organización corredores que non estén inscritos ou corran sen dorsal/chip ou co dorsal/chip correspondentes a outra carreira.

ARTIGO 9: Sistema de cronometraxe

O cronometraxe realizarase mediante sistema de dorsal/chip. Haberá varios puntos de control ó longo do percorrido. Os participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control, serán descualificados.


ARTIGO 10: Colocación previa

Os participantes deberán situarse na liña de Saída 15 minutos antes da hora prevista pola organización para a Saída da carreira.

ARTIGO 11: Utilización de medios físicos naturais

Os participantes deberán competir cos seus propios medios físicos, sen ningún material de apoio. Calquera dúbida sobre iso poderán consultala á organización no momento de formalizar a inscrición. Non se admitirá o acompañamento por calquera vehículo alleo á organización. As bicicletas, patíns ou persoas non inscritas non poderán seguir a carreira, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Así mesmo non se permitirá a participación con coches, sillas de bebés, animais nin correr acompañados de éstos en ningún momento.

ARTIGO 12: Avituallamentos

Estableceranse puntos de avituallamento durante o percorrido nos puntos kilométricos 5, 10, 15 e na liña de Meta para favorecer a hidratación dos participantes.

ARTIGO 13: Servicios médicos

A proba dispondrá dos servicios médicos regulamentarios así como de ambulancias.

ARTIGO 14: Outros servicios

A organización porá a disposición dos participantes avituallamento de meta, guardarroupa na zona de saída que trasladará á zona de meta todo o depositado nel, servicio de duchas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas desde o punto de meta á zona de SAIDA.

OS AUTOBUSES SAIRÁN DESDE O ESTADIO MULTIUSOS DE SAN LÁZARO CUNHA FRECUENCIA DE 15 MINUTOS A PARTIR DAS 09.00 HORAS DA MAÑÁ EN DIRECCIÓN A ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAIDA SERÁ AS 10.00 HORAS.

ARTIGO 15: Clasificación

Realizaranse ás seguintes clasificacións:
- Clasificación Xeral Absoluta
- Clasificación por Categorías Masculina e Femenina

ARTIGO 16: Premios individuais

Categoría Posto Trofeo Premio
Absoluta homes/mulleres 1º Si 300 €
Absoluta homes/mulleres 2º Si 200 €
Absoluta homes/mulleres 3º Si 150 €
Absoluta homes/mulleres 4º Non 100 €
Absoluta homes/mulleres 5º Non 75 €
Absoluta homes/mulleres 6º Non 50 €

Premios a clubes federados

Establecerase pola suma dos postos dos 4 primeiros clasificados do clube. Deberán rellenar a opción de “Participa na clasificación de clubes” no formulario de inscrición individual de cada un dos compoñentes do clube.

Categoría Posto Trofeo Premio
Clubes Absoluta (mixtos) 1º Si 300 €
Clubes Absoluta (mixtos) 2º Si 200 €
Clubes Absoluta (mixtos) 3º Si 100 €


Os premios en metálico estarán suxetos ás retenciónes legais vixentes.

Así mesmo entregaránse trofeos aos tres primeros/as clasificados/as da xeral individual, os tres primeiros clubes e os tres primeiros/as de cada unha das categorías establecidas no artigo 6 deste regulamento.

ARTIGO 17: Entrega de premios

A entrega de premios realizarase no Estadio Multiusos de San Lázaro a partir das 13 horas sendo obrigatoria a presenza do corredor/a para recibir o premio.

ARTIGO 18: Reclamacións

Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro da competición, ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións dos resultados oficiais que serán colocados nun taboleiro oficial da organización.

ARTIGO 19: Descalificacións

Os xuices da proba e membros da organización reservaranse a facultade de descualificar ao infractor que, comprobada calquer irregularidade: non leve visible o seu dorsal, o manipule ou ceda a outro, altere os datos facilitados á organización ou o xuiz árbitro con respecto aos que figuran no seu DNI ou ficha federativa, non completar o percorrido completo, manifeste un mal estado físico, non facilite á organización a documentación que se lle requira, ou incumpra calquer outra norma contemplada nas normas de competición da FGA, RFEA ou IAAF.

Serán descualificados os corredores/as que non respeten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xurado, Servicios Médicos ou membros da Organización debidamente identificados.

Os corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio ou trofeo.

ARTIGO 20: Responsabilidade

A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade.

A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.

ARTIGO 21: LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.


CONSIDERACIÓN FINAL

Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da FGA, RFEA e IAAF.


:: Comenta a MEDIASAN neste tema do foro::