Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Cacheiras, Teo
23/03/2014
10:45 - 13:45
Voltar
Regulamento
Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras, Teo
Data:
domingo, 23 de marzo de 2014.
Hora:
a partir das 10:45 h.
Lugar:
A saída das carreiras será desde o CEIP A Ramallosa, Cacheiras - Teo.
Distancia:
de 200 a 11.000 m (ver plano ao final do regulamento).
Organiza:
Concellaría de Deportes do Concello de Teo.
Inscrición:
Ver no regulamento.
Web: www.atletismogalego.org, www.emesports.es
[b]
:: Participa no foro de carreiras populares ::
A Concellaría de Deportes do Concello de Teo organiza o domingo 23 de marzo de 2014 a partir das 10:45 horas a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2014 - Concello de Teo baixo control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) e segundo o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.
2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES:
PITUFOS: atletas nadas/os nos anos 2009 e posteriores
PREBENXAMIN: atletas nadas/os nos anos 2007 e 2008
BENXAMIN: atletas nadas/os nos anos 2005 e 2006
ALEVIN: atletas nadas/os nos anos 2003 e 2004
INFANTIL: atletas nadas/os nos anos 2001 e 2002
CADETE: atletas nadas/os nos anos 1999 e 2000
XUVENIL: atletas nadas/os entre 1997 e 1998
JUNIOR/PROMESA: atletas nadas/os entre 1992 e 1996
SENIOR: atletas nadas/os en 1991 e ata veteranos
VETERANA/O A: atletas nadas/os entre 1969 e 1979
VETERANA/O B: atletas nadas/os entre 1959 e 1968
VETERANA/O C: atletas nadas/os en 1958 e anteriores
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
A saída das carreiras será desde o CEIP A Ramallosa. O percorrido da carreira absoluta seguirá un circuíto de 11 km aprox. a partir da categoría júnior/promesa. O horario e distancias das probas serán os seguintes:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10.45 h PITUFOS 200 m aprox.
10.55 h PREBENXAMÍN 500 m aprox.
(1 volta ó circuíto prebenxamín)
11.05 h BENXAMÍN 1000 m aprox.
(2 voltas ó circuíto prebenxamín)
11.15 h ALEVÍN 1000 m aprox.
(2 voltas ó circuíto prebenxamín)
11.45 h ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍAS PITUFOS, PREBENXAMÍN, BENXAMÍN, ALEVÍN
12.10 h. JÚNIOR/PROMESA/
SÉNIOR e VETERANO 11000 m aprox.
12.20 h INFANTIL – CADETE – XUVENIL 3500 m aprox.
13.30 h ENTREGA DE PREMIOS RESTO DE CATEGORÍAS
4. INSCRICIONS
ADULTOS: (júnior/promesa, sénior e veterans) ata o xoves 20 de marzo ás 14:00 horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Deberán rellenar os campos no formulario da inscrición da proba.
Todos os participantes que disputen a proba absoluta deberán correr cun CHIP colocado na súa zapatilla que deberán entregar unha vez crucen a liña de meta.
ESCOLARES (de pitufo a xuvenil) ata o xoves 20 de marzo ás 14:00 horas no formulario de inscrición online presente nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org.
Os dorsais recolleranse a partir das 09.30 horas e ata as 10.30 h na secretaría da competición sita no Polideportivo Municipal Ezequiel Mosquera, a carón do Colexio Público da Ramallosa.
Non se entregarán dorsais despois da hora límite (10.30 h).
Non se aceptarán as inscricións fóra de prazo, con datos incompletos ou sen todos os datos obrigatorios. As inscricións de escolares deberán facer constar os seguintes datos na inscrición: nome e apelidos, data de nacemento completa, localidade de procedencia, club e nº. de licenza federativa ou seguro escolar (se o ten), teléfono de contacto ou correo electrónico.
> O prezo da inscrición (a proba absoluta estará controlada a través dun chip) será o seguinte:
- CATEGORIAS ESCOLARES (de benxamín a xuvenil): GRATUITA
- CATEGORÍA ADULTOS (de junior/promesa a veteráns): 4,00 €
A pre-inscrición non se completará se non se fai o pago no momento de inscribirse na web www.emesports.es.
Para calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono: 981 815 700 (Departamento de Deportes).
O PRAZO DE INSCRICION REMATARA O XOVES 20 DE MARZO AS 14 HORAS. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
Para optar ó premio ó mellor club federado da proba absoluta deberán anotarse os atletas individualmente na web www.emesports.es e remitir un correo á dirección FGAsantiago@gmail.com indicando os datos do club e a listaxe de atletas inscritos.
Para o premio ó centro escolar que achegue máis participantes ás probas, deberán realizar a inscrición do mesmo xeito, inscribindo os atletas individualmente nas webs www.fgatletismo.es/santiago ou www.atletismogalego.org e remitindo un correo electrónico á dirección indicada (FGAsantiago@gmail.com).
5. PREMIOS E AGASALLOS
Haberá premios para:
› Os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).
› As 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR/ PROMESA, SENIOR e VETERANOS/AS A/B/C).
› O participante máis novo e o máis veterano que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
› O primeiro equipo federado clasificado na clasificación final.
› O centro escolar que achegue máis participantes que logren concluír a proba.
› O primeiro clasificado de Teo en cada categoría (deberán reflexar a localidade na inscrición).
› Agasallos para todos os participantes escolares (de prebenxamíns a xuvenís).
› Bebida para todos os participantes.
Os premios non serán acumulativos, excepto os premios ós e ás atletas locais.
A clasificación por clubes da proba absoluta será establecida a través dos 6 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º compoñente (imprescindible facer a inscrición como clube).
6. Todo atleta que entre á liña de meta sen o seu dorsal ou sen este debidamente colocado na zona do peito e en toda a súa extensión será automáticamente descalificado.
7. As reclamacións sobre os resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación destes. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA en vigor para probas en ruta.
8. Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Polideportivo Municipal Ezequiel Mosquera e na Piscina Municipal (A Ramallosa)
Mais información nas webs:
› www.concellodeteo.com
› www.fgatletismo.es/santiago
› www.atletismogalego.org
› www.emesports.es
› www.correrengalicia.org
:: Participa no foro de carreiras populares ::
Voltar