Calendario
Info da proba

Salceda de Caselas

04/05/2014 10:30 - 12:30
Regulamento
II Carreira Popular Salceda de Caselas

Data: domingo, 4 de maio de 2014.
Hora: 10:30 h.
Lugar: Praza do Concello, Salceda de Caselas.
Distancia: de 150 a 10.000 m.
Organiza: Concello de Salceda de Caselas
Inscrición: na web de Championchip Norte
Web: Concello de Salceda de Caselas



:: Comenta a Carreira de SALCEDA DE CASELAS neste tema do foro ::


REGULAMENTOS II CARREIRA 10K SALCEDA

A II Carreira 10 KM, organizada polo Concello de Salceda de Caselas , celebrarase o domingo día 4 de Maio de 2014.

Carreira con póliza de responsabilidade civil número 0960970000793 e seguro de accidentes número 36258222 (AXA) para tódolos/as participantes debidamente inscritos na proba. (en breve se publicarán os números correspondentes as pólizas contratadas)

CARREIRA PUNTUABLE (RUTA), PARA O CIRCUÍTO GALEGO DE CARREIRAS POPULARES (COEFICIENTE 1,50) CIRCUÍTO 2013-2014.

Regulamento xeral
1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Praza do Concello ás 10:30 horas, quedando a liña de meta situada no mesmo punto.

O tempo máximo de duración da proba 10km será de 1 hora 30 min.

2.- O percorrido será de 10.000 metros e discorrerá polo seguinte circuíto (enlace a circuíto)

3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis . Existirá 1 posto de avituallamento líquido, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.

4.- O prazo de inscrición finalizará o Martes día 29 de Abril as 22 h.
CATEGORÍAS MENORES (ANO 1999 E POSTERIORES): 1KG DE COMIDA NON PERECEDOIRA, ENTREGA NA RECOLLIDA DO DORSAL.

CARREIRA ABSOLUTA (ANO 1998 E ANTERIORES): (5 EUROS INSCRICIÓN con alugamento de chip) (3 EUROS INSCRICIÓN propietarios de chip). As persoas que se inscriban pola Web, non quedarán correctamente inscritas si non finalizan o proceso de pago.

As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.championchipnorte.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web. A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue. As persoas que se inscriban, non quedarán correctamente inscritas si non finalizan o proceso de pago.

5.- A recollida de chips e dorsais será o sábado día 3 de 10 a 12 e de 16 a 20 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda.

Tamén se poderán recoller o mesmo día da carreira de 8 a 10 horas nun lugar habilitado na Praza do Concello de Salceda de Caselas.

6.- O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto trala súa participación.

Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

7.- Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:

CATEGORÍAS HOMES E MULLERES (haberá diplomas para os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría).
Categoría A 1995-1996-1997-1998 (10.000 metros)
Sénior 1994 ata veteranos (10.000 metros)
Veteranos/as A 36 – 45 (10.000 metros)
Veteranos/as B 46 – 55 (10.000 metros)
Veteranos/as C +56 (10.000 metros)

8.- Premios: Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as (absolutos) e (salcedense); camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

Clasificación (absoluta)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
3º posto: trofeo e (obsequio a determinar)

Clasificación (salcedendes)
1º posto: trofeo e (obsequio a determinar)
2º posto: medalla e (obsequio a determinar)
3º posto: medalla e (obsequio a determinar)

Para optar aos premios de Salcedenses, os atletas serán nados ou empadroados no Concello de Salceda de Caselas.

Os premios non son acumulables.

9.- A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na Praza do Concello de Salceda de Caselas.

10.- Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

11.- Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 10 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da organización.

12.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda.

13.- O percorrido estará sinalizado en cada quilómetro.

14.- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

15.- Será motivo de descualificación , entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

16.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

17.- Dado o carácter deportivo e Popular non se admitirán reclamacións. A organización reservase o dereito a modificar este regulamento si as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente),sendo as súas decisións,inapelables.

18.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización. No caso de dúbida ou de surtir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador.

19.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

20.- Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) debera facelo constar no reverso de dorsal da proba.

21.- Outros servizos a disposición dos participantes:
1. Duchas: no Pavillón Municipal dos Deportes de Salceda de Caselas
2. Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar a meta.
3. Entrega de Premios: A partir das 13.00 horas na Praza do Concello de Salceda de Caselas.
4. Bolsa Regalo: Para cada participante que remate a súa proba.

Regulamento escolares/menores
1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados en 1999 e seguintes.

2.- A inscrición farase de xeito individual en [www.championchipnorte.com]

3- As probas darán comezo ás 12:00 horas, con saída e meta na Praza do Concello.

4.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Categoría A: Nados en 1999, 2000 e 2001 (2.500 metros)
Categoría B: Nados en 2002, 2003 e 2004 (1.000 metros)
Categoría C: Nados en 2005, 2006 e 2007 (500 metros)
Pitufos: Nados en 2008,2009,2010,2011,2012 (150 metros)


5.- Estableceranse clasificacións individuais.
- Clasificación individual:

Trofeo aos primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina, diplomas aos segundos e terceiros por categoría e sexo.

- Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias, as tallas das mesmas serán aproximadas podendo sufrir pequenas variacións.

6.- No momento de retirar os dorsáis, necesariamente un adulto, recibirá as indicacións precisas para o mellor desenvolvemento da proba, debendo recoller e devolver os chips dos seus participantes. Todos os inscritos que participan con chip de aluguer teñen a obriga de devolvelo ao remate da proba.

7.- A proba pedestre para menores, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polo regulamento xeral da I 10 KM Concello de Salceda.

8.- Os adultos que acompañen ós nenos e nenas no percorrido escolar non entrarán na clasificación.


:: Comenta a Carreira de SALCEDA DE CASELAS neste tema do foro ::