Calendario
Info da proba

II Carreira Viquinga Carnota

20/04/2014 11:00 - 13:30
Regulamento II Carreira Vikinga, Carnota

REGULAMENTO DA II CARREIRA VIQUINGA CARNOTA

1.A carreira non estará controlada mediante cronometraxe electrónica.

2.A proba terá unha distancia de 16.000 metros.

3.A saída estará situada na Casa do Concello.

O comezo da carreira será ás 11:00 h, aproximadamente.
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación se se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que para o día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa, a proba será suspendida automaticamente

4.Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario que hai na páxina web do concello. www.concellodecarnota.com

5.Termos e prezos das inscricións:
-Establécese un máximo de 250 participantes.
-As inscricións efectuaranse na páxina www.concellodecarnota.com e poderanse facer ata o luns 14 de abril, ou ata alcanzar os 250 participantes.
-A inscrición para os/as atletas de menores de idade será gratuíta.
-A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización. Dito modelo poderase descargar da páxina web do Concello de Carnota, deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller o dorsal.
-O prezo de cada inscrición será de 3€, que se aboarán no seguinte número de conta:
ES84-2080-0334-87-3110000035
-No pago débese facer constar o nome e apelidos do/da corredor/a, así como o nome da proba: “II Carreira Viquinga”.
-As inscricións fóra de prazo só se poderán facer no punto de recollida de dorsais (sempre e cando non se acadara o número máximo de participantes) e o custo será de 5€.
-A inscrición non se dará por válida ata que se complete o pago.
-No caso de facer un pago para varios participantes, enviar un correo electrónico (maria.silva@carnota.es) especificando cunha relación donde apareza nome e apelidos de cada participante..
-En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.

6.O tempo máximo de duración da proba de 16 km será de 1 hora a partir da entrada en meta do primeiro corredor.

7.Cada participante toma parte na carreira baixo a súa responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde suficiente para afrontala.

8.A organización porá a disposición das persoas participantes un servizo de ambulancia para os/as atletas que presenten algún síntoma de lesión.

9.A organización non se fai responsable dos accidentes ou lesións que os/as corredores/as poidan sufrir durante o transcurso da carreira.

10.A entrega de dorsais abrirase ás 9:30 h na Casa do Concello e permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio da proba. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

11.Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios.

12.Establécense as seguintes categorías:

CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
Pitufos 2007-2010 300 m.
Cativos I 2003-2006 1.000 m.
Cativos II 1999-2002 2.000 m.
Absoluta 1998 e anteriores 16.000 m.


13.Establécense os seguintes premios :

-Trofeo aos 3 primeiros clasificados e clasificadas da categoría absoluta.
-Trofeo ao mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no concello de Carnota.
-Medalla para todos os participantes de categorias base.
-Camiseta para todas as persoas participantes na carreira.

14.Existirá un posto de avituallamento intermedio, aproximadamente no quilómetro 7.

15.Ofrécese un servizo de gardaroupa para todo aquel corredor ou corredora que o precise.

16.As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web www.concellodecarnota.com.

17.As inscricións realizaranse nos lugares que se indican nas bases xerais e dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a estas indicacións non poderá participar na proba.

18.Os corredores e as corredoras poderán utilizar o pavillón, situado a escasos metros da chegada, para asearse despois da carreira.

19.O Concello de Carnota, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas lles ocasionen os/as participantes nesta proba deportiva.

20.Os/as participantes autorizan aos organizadores a rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión ou calquera outro medio de difusión.

21.Todas as persoas participantes, polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e descargan á organización de calquera responsabilidade en canto á saúde do participante se refire. No caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida neste regulamento, decidirá o comité organizador.

22.O descoñecemento do regulamento non exime do seu cumprimento.



[u][b]