Calendario
Info da proba

A Guarda

09/02/2014 10:00 - 13:00
Regulamento
II Campo a Través pola Integración, A Guarda

Data: domingo, 9 de febreiro de 2014.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: Camping de Santa Tecla, A Guarda.
Distancia: de 500 a 10.000 m.
Organiza: Club Polideportivo San Xerome e S.A.Trega.
Inscrición: Ver punto 6 do regulamento.
Web: Centro San Xerome Emiliani

Non puntuable: homes e mulleres compiten sobre distancias diferentes


:: Participa no foro de carreiras populares ::


Regulamento.
1º - O Club Polideportivo San Xerome, e S.A.Trega coa colaboura do Concello de A Guarda, Concello de O Rosal,e Deputación de Pontevedra, organizan no cámping Santa Tecla en A Guarda o 2º Campo A Través Pola Integración San Xerome, o próximo día 9 de febreiro 2014.

2º - O horario de saída das carreiras (distancia aproximada) será á seguinte:
10:00 – Prebenxamíns mulleres e homes (Nados anos: 2.008 y 2.007) 500 m
10:10 – Benxamíns mulleres e homes (Nados anos: 2.006 y 2.005) 500 m
10:20 – Alevíns mulleres e homes (Nados anos: 2.004 e 2.003) 1.000 m.
10:30 – Infantiles mulleres e homes (Nados anos: 2.002 e 2.001) 2.000 m.
10:40 – Cadetes mulleres e homes (Nados anos: 2.000e 1.999) 2.500 m.
10:55 - Xuvenil mulleres e homes, (Nados anos: 1.998-97-96-95) 4.000 m.
11:45 - Sénior feminina, (Nados anos: 1.994-93-92-91 ou antes) 6.000 m.
12:15 – Sénior homes, (Nados anos:1.994-93-92-91 ou antes) 10.000 m.

3º - O campo a través será popular e federado. Os atletas con discapacidade mulleres correrán na categoría cadete, e os homes na categoría Xuvenil/Júnior.

4º - Oprazo de inscricións péchase o día antes da celebración da proba.

5º- O control e dirección das carreiras estará a cargo dos voluntarios do San Xerome e S.A.Trega.

6º - As inscricións , serán ilimitadas e deberán efectuarse por correo electrónico correo@sanxerome.com, teléfono 692 100 182 a partir das 16 horas. Enviaranse na prantilla que aportamos. (LETRA MAIÚSCULAS LEXIBLES), cubrindo tódolos campos (Nome, Apelidos, DNI,nº Ficha so federados, Club, Data nacemento, teléfono)

7º - En todas as carreiras haberá unha clasificación por categoríasde ambos los dous sexos.Enviaranse por correo electrónico ou no día da proba se aportan un pendrive. Os premios serán trofeos aos tres primeiros clasificados de cada carreira.

8º - Serán gañadores do 2º Campo a Través Pola Integración a primeira atleta clasificada da carreira sénior feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira sénior masculina

9º - Os participantes correrán cos gastos de desprazamento.

10º - Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa.

11º - Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.

12º - Dado o carácter popular non se admiten reclamacións.Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por escrito.

13º - O Atletismo San Xerome e S.A.Trega e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que co motivo da competición poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.

14º - O feito de inscribirse neste campo a través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.


:: Participa no foro de carreiras populares ::