Calendario
Info da proba

Xinzo de Limia

30/03/2014 10:30 - 12:30
Regulamento
VII 10 Km Xinzo de Limia

Data: domingo, 30 de marzo de 2013.
Hora:
10:30 H para a carreira Infanil-Cadete (2.300 m)
10:50 H para a carreira Benxamín-Alevín (1.500 m)
11:10 H para a carreira Absoluta (10.000 m. homologados)
12:30 H para a carreira Prebenxamín (350 m)
12:40 H para a carreira Pitufos (150 m)
12:50 H para a carreira Special Olimpics.
Lugar: Xinzo de Limia.
Distancia: ata 10.000 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.
Colabora a Asociación Deportiva Limiactiva.
Inscrición: en Championchip Norte
Web: Limiactiva



:: Comenta a Carreira de XINZO DE LIMIA neste tema do foro ::

Para inscribirte preme no cartel.


VII 10 KM VILA DE XINZO DE LIMIA
30 DE MARZO DE 2014
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Os VII 10 KM VILA DE XINZO DE LIMIA están organizados pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebraranse o domingo día 30 de marzo de 2014.

REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:30 H para a carreira Infanil-Cadete (2.300 m)
b. Ás 10:50 H para a carreira Benxamín-Alevín (1.500 m)
c. Ás 11:10 H para a carreira Absoluta (10.000 m. homologados)
d. Ás 12:30 H para a carreira Prebenxamín (350 m)
e. Ás 12:40 H para a carreira Pitufos (150 m)
f. Ás 12:50 H para a carreira Special Olimpics.

2. A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.

3. A clasificación será absoluta e por categorías.

4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

5. O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.

6. O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro clasificado.

7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.

8. Non se autorizará a participación de atletas federados extranxeiros, agás os atletas de nacionalidade portuguesa.

9. Será motivo de descalificación , entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

10. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

11. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.

12. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 10 de marzo.

As incricións para as carreiras INFANTIL-CADETE, BENXAMÍN-ALEVÍN, PREBENXAMÍN E PITUFOS , (categorías A, B, C, D, E, F, G, H, R, S, T), serán gratuitas e faranse polos seguintes medios, ata as 23:59 H do día 27 de marzo.

Na web: www.championchipnorte.com (enchendo o formulario de inscrición)
Na oficina de información do Pavillón de Deportes de Xinzo.

As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q) faranse na web http://www.championchipnorte.com ata as 23:59 H do día 27 de marzo.

Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 4,00 € en concepto de cuota de inscrición.

Ademais, os atletas que non posean o chip amarelo teñen que aboar 1,00 €, en concepto de alquiler do chip, no momento de inscribirse na páxina web de championchipnorte.

Se o atleta non é usuario, debe darse de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instruccións para formalizar a inscrición.

Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.

Poderase facer a inscrición no Pavillón de Deportes de Xinzo, pagando no momento a cuota de inscrición e o alquiler do chip.

A inscrición será gratuita para os atletas empadroados en Xinzo de Limia, que realicen a inscrición presencial no Pavillón de Deportes.

IMPORTANTE: Para realizar as inscricións, é obrigatorio para tódolos participantes dar os seguintes datos: nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, número de teléfono, localidade de procedencia, clube e número de licencia federativa (sólo os atletas federados). non se admiten inscricións sen os datos obrigatorios, nin fora de prazo, nin o día da proba.

Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia e si se posúe licencia federativa.

A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.

PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 27 DE MARZO AS 23:59 H.

A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.

O corredor que non entregue o seu chip, non entrará na clasificación e non recibirá ningún premio nin trofeo.

Por cada chip extraviado abonaranse 10,00 € á organización.

CARREIRA SPECIAL OLIMPICS
Destinada a persoas con discapacidade intelectual.

Contaremos coa colaboración e participación dos membros da asociación LIMISI que contarán cun stand para espor e vender os seus traballos.

Para participar nesta carreira será necesario enviar un correo electrónico á dirección: limiactiva@gmail.com indicando o nome e apelidos, data de nacemento e localidade do participante.


:: Comenta a Carreira de XINZO DE LIMIA neste tema do foro ::