Calendario
Info da proba

O Pino

04/05/2014 10:00 - 12:45
Regulamento
XI Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino

Data: domingo, 4 de maio de 2014.
Hora: a partir das 10:00 h.
Lugar: Arca - Pedrouzo, Concello de O Pino.
Distancia: de 300 a 8.100 m.
Organiza: Concellería de Deportes de O Pino.
Inscrición: ata o mércores, 30 de abril ás 22:00 h.



:: Participa no foro de carreiras populares ::

XI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO

O Concello de O Pino celebra a décimo primeira edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 4 de maio de 2014 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do II CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán suxeitas ó seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

PITUFO: atletas nados en 2010 e posteriores
PREBENXAMIN: atletas nados en 2007, 2008 e 2009
BENXAMIN: atletas nados en 2005 e 2006
ALEVIN: atletas nados en 2003 e 2004
INFANTIL: atletas nados en 2001 e 2002
CADETE: atletas nados en 1999 e 2000
XUVENIL: atletas nados en 1997 e 1998
JUNIOR: atletas nados en 1995 e 1996
PROMESA: atletas nados en 1992, 1993, 1994
SENIOR: atletas nados entre 1980 e 1991
VETERANOS A: atletas nados entre 1969 e 1979
VETERANOS B: atletas nados entre 1959 e 1968
VETERANOS C: atletas nados en 1958 e anteriores
VETERANAS A: atletas nadas entre 1969 e 1979
VETERANAS B: atletas nadas entre 1959 e 1968
VETERANAS C: atletas nadas en 1958 e anteriores

TODA A INFORMATIVA AO CANICROSS POPULAR PÓDERASE
CONSULTAR NA WEB www.asociacionacade.com

3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m
(1 volta ó circuito alternativo)
10:45 h JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERÁNS 8100 m
(1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
11:35 h CADETE MASCULINO e XUVENIL (M/F) 3186 m
(1 Volta Grande)
12:00 h INFANTIL (M/F) e CADETE FEMENINO 1928 m
(1 Volta Mediana)
12:15 h BENXAMIN e ALEVIN 850 m
(1 Volta Pequena)
12:25 h PREBENXAMIN 500 m
(1 Volta Prebenxamín)
12:30 h PITUFO 300 m
(1 volta ó circuito pitufo)
13:00 h ENTREGA DE TROFEOS CASA DA CULTURA

PLANO DAS PROBAS


4. INSCRICIONS
› PROBAS ESCOLARES (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil).
Poderán realizalas a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com, www.fgatletismo.es/santiago, e www.atletismogalego.org rellenando os datos solicitados nos campos dos formularios de inscrición.
Teléfono de información: 981 511002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.

› CATEGORIAS DE ADULTOS (junior, promesa, senior e veteráns).
As inscricións realizaranse a través da web www.carreirasgalegas.com. O prezo da inscrición será de 5 € que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal efecto.
Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 511 002 en horario: 10:00 - 14:00 horas.

› INSCRICION POR CLUBES
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.carreirasgalegas.com e remitir un correo electrónico a dirección deportes@concellodeopino.com cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes poderán entrar os atletas das categorías JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS.

Admitiranse inscricións ata o o mércores 30 de abril de 2014 ás 22 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA. Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.

5. PREMIOS
› Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes).
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANOS/AS A/B/C).
› Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
› Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.
› Trofeo para os 3 primeiros equipos clasificados na clasificación final.
› Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
› Agasallo e bebida para todos os participantes.
› Medallas para tódolos participantes escolares (de prebenxamíns a xuveniles).

Os trofeos non serán acumulativos agás os correspondentes ós atletas locais.

PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a Carreira JUNIOR, PROMESA, SENIOR e VETERANS)

PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 €
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a: 75 €
5º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES
1º Equipo Clasificado: 200 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 75 €

A clasificación por clubes será establecida a través dos 8 primeiros corredores en cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 8º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.

6. A participación de atletas extranxeiros rexirase polo regulamento de probas en ruta da Real Federación Española de Atletismo, o cal dispón o seguinte:
“Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas españoles con ayuda económica de la RFEA ni atletas extranjeros que hubiesen realizado una marca igual o mejor que la que se indica en el siguiente cuadro durante la presente temporada o las 2 anteriores:
Hombres Mujeres
800 m 1'48"50 2'05"0
1500 m 3'42"00 4'17"00
3000 m 8'10"00 9'30"00
5000 m 13'45"00 15'55"00
10000 m 28'50"00 33'50"00
3000 m obst 8'50"00 10'25”00
10 km ruta 29'10" 33'50"
Medio Maratón 1h03'00" 1h13'30"
Maratón 2h12'00" 2h34"00

En ambos casos, esta prohibición no afectará a las pruebas del Calendario Autonomico por la que el atleta tenga licencia. La RFEA, atendiendo a especiales circunstancias deportivas, podrá autorizar, previa solicitud y de manera excepcional, la participación de atletas extranjeros (o españoles con ayuda económica) en pruebas de los respectivos Calendarios Autonómicos.
Las pruebas que tengan una participación de atletas extranjeros no residentes superior al 5% del total de inscritos deberán obligatoriamente estar incluidas en el Calendario Nacional.
En las competiciones de ruta será obligatorio que los circuitos de las distancias milla, 5km, 10km, 15km, 20km, 1⁄2 Maratón, 25km, 30km, Maratón, 100km y Maratón por Relevos estén homologados por la RFEA.
En todos estos casos el atleta deberá poseer el permiso de la Federación de su país de acuerdo con la normativa IAAF”.

7. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da F.G.A., R.F.E.A. e I.A.A.F. en vigor.
8. Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal (fronte a SECRETARIA DE COMPETICIÓN), e no Campo de Fútbol sito a carón da SAIDA das probas.

Máis información nas webs:

 www.fgatletismo.es/santiago
 www.carreirasgalegas.com
 www.atletismogalego.org
 www.emesports.es
 www.correrengalicia.org