Calendario
Info da proba

Quiroga

18/04/2014 17:00 - 19:00
Regulamento
X Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga

Data: venres, 18 de abril de 2014.
Hora:
Absoluta 17:00 h
Menores 16:15 h.
Lugar: Quiroga, Lugo.
Distancia: de 100 a 9.400 m.
Organiza: Concello de Quiroga.
Inscrición: Límite na proba absoluta 500 atletas. Ver no regulamento.
Web: Carreira de Quiroga



:: Comenta a proba de QUIROGA neste tema do foro ::


INSCRICIÓNS
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos obrigatorios.

- ADULTOS participantes na PROBA ABSOLUTA: ata o MARTES 15 de Abril ás 24:00 horas na web Championchip norte (única forma de inscrición). Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.www.CHAMPIONCHIPNORTE.com

- No resto de probas e categorias que van dende pitufos ata cadete poderan inscribirse en CHAMPIONCHIPNORTE ou 30 minutos antes da proba diante do concello de maneira totalmente gratuita.

REGLAMENTO DA PROBA
Art. 1 - Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

Art. 2 - O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.

Art. 3 - Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións . A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

Art. 4 - A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

Art. 5 - A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Art. 6 - A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.

Art. 7 - Toda inscripción deberá incluir os datos seguintes: Nome e apelidos, data completa de nacemento, sexo, e clube.

Art.8 - A data límite de inscripción será o día ata o MARTES 15 de Abril ás 24:00 horas na web Champion chip norte (única forma de inscrición na proba absoluta). Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que desexes.championchipnorte

Os participantes que participan nas carreiras das categorias dende pitufos ata cadete tamen se inscriben por medio de championchipnorte e ademais contan coa posibilidade de inscribirse o mesmo día da proba de 15:00 a 16:00 horas diante da Casa do Concello.

- Non se inscribirá a ningún participante despois desa hora.
- Non se admitirá ningunha inscripción na que falten datos.

Art. 9 - A entrega de trofeos e medallas terá lugar diante do concello ás 18:30 horas aproximadamente. Ademais todos os participantes recibirán unha camiseta e os primeiros clasificados serán obsequiados cunha botella de viño por cortesía de Bodegas Mondelo.

Art. 10 - Ó remate da proba, no pavillón municipal,os participantes co desexen poderán ducharse e asearse.

Art. 11 -. A carreira popular feira do viño puntua para o :III Circuito Leader Ribeira Sacra 2014

PREMIOS
OS 3 PRIMEIROS DA CATEGORIA ABSOLUTA TANTO MASCULINO COMA FEMENINO RECIBIRAN TROFEO E OBSEQUIOTrofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais(trofeos non acumulables coa absoluta) Tódolos participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa da proba ata esgotar existencias. Os tres primeiros de cada categoría da carreira de adultos recibirán como obsequio botellas de viño da nosa comarca.

CATEGORIA DOS PARTICIPANTES POR ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2010 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados nos anos 2007, 2008 e 2009
BENXAMIN atletas nados no 2005 e 2006
ALEVIN atletas nados no 2003 e 2004
INFANTIL atletas nados no 2001 e 2002
CADETE atletas nados no 1999 e 2000
XUVENIL atletas nados entre 1992 e 1998
SENIOR atletas nados entre 1980 E 1991
VETERANOS A atletas nados entre 1969 e 1979
VETERANOS B atletas nados entre 1959 e 1968
VETERANOS C atletas nados en 1958 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1969 e 1979
VETERANAS B atletas nadas en 1968 e anteriores

HORARIOS CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES
16.15 h
PITUFO Atletas nados no 2010 e posteriores - 100 metros (ata o bar cine).

16:20 h
PREBENXAMÍN* |2007-2008-2009| - 500 metros
BENXAMÍN |2005-2006| - 500 metros -1 volta a Praza de España

16:25 h
ALEVÍN |2003-2004| - 1.000 metros – 1 volta ó bar Zorro.

16:30 h
INFANTIL |2001-2002| - 2.000 metros
CADETE |1999-2000| - 2.000 metros - ata as piscinas municipais e volta a meta.

17:00 h PROBA ABSOLUTA
XUVENIL |nados entre 1992-1998|- 9.400 metros
SENIOR |nados entre 1980 e 1991| - 9400 metros
VETERANOS A |nados entre 1969 e 1979| - 9.400 metros
VETERANOS B |nados entre 1959 e 1968| - 9.400 metros
VETERANOS C |nados entre 1958 e anteriores| - 9.400 metros
VETERANAS A FEMENINO atletas nadas entre 1968 e 1978.
VETERANAS B FEMENINO atletas nadas en 1968 e anteriores.- 9.400m

18:30 h ENTREGA DE PREMIOS (diante do concello)

RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba no Concello, en horario de 12 a 13 h (recomendable); tamén poderán recollerse dende as 15:00 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.

TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.

DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición referentes a probas en ruta, será descalificado


:: Comenta a proba de QUIROGA neste tema do foro ::