Calendario
Info da proba

Pozo do Demo 4 [Verín]

23/03/2014 11:30 - 13:30
Regulamento POZO DO DEMO 4 (Mini-Trail de Verín)


Data: domingo, 23 de marzo de 2014.
Hora: 11:30 h.
Lugar de Saída: Balneario de Cabreiroá, Verín.
Distancia: 12.150 m.
Recollida de dorsais, duchas e chegada: Pavillón Municipal Central de Verín.
Track e Perfil oficial do Mini-Trail:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6214009
Organiza: Concello de Verín e Asociación Senderismo "Ruta das Augas".
Inscrición: Ata o 19 de marzo.
- Para Carreira de Monte: 2 €uros (pagar ao recoller o dorsal).
- Para Carreiras Escolares: Gratuito.

Medios de Inscrición:
- Por correo electrónico: pozododemo.verin@hotmail.com / buzon@multisport.es
- Por teléfono: Pavillón de Deportes (988.41.11.40), Multisport (988.41.44.23)
ou Asociación de Sendeirismo "Ruta das Augas" (600.41.00.18)

Requisitos para inscribirse:
Presentar a seguinte información>
- Prova na que participa: Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete ou Mini-Trail.
- Nome completo e Apelidos.
- Data de Nacemento.
- D.N.I.
- Categoría.
- Enderezo completo.
- Teléfono de Contacto.
- Clube, Asociación de Pertenencia ou Independente.

Se enviará confirmación das inscricións.

[Incluida no Circuito 2013-14 de montaña]

Recollida de Dorsais:
- Venres, 21 e Sábado, 22 de marzo - Multisport (R/ Irmáns Moreno) mañán e tarde.
- Domingo 23 de marzo - Pavillón de Deportes (08,00 a 11,00 horas).
- COIDADO: Os dorsais se recollen no Pavillón, non na saída do Balneario.


CARREIRAS ESCOLARES [Horarios]:

* 10,00 - Carreira Benxamín (nacidos en 2005-2006) - 700 m.
* 10,10 - Carreira Alevín (nacidos en 2003-2004) - 1.200 m.
* 10,20 - Carreira Infantil (nacidos en 2001-2002) - 2.000 m.
* 10,30 - Carreira Cadete (nacidos en 1999-2000) - 2.000 m.
- Saídas e Chegadas no Pavillón Municipal.
- A Entrega de Trofeos das Carreiras Escolares farase ás 10.45 h. no Pavillón.


POZO DO DEMO 4 [MINI-TRAIL]

Circuito Correr en Galicia de Montaña 2013-2014: Coeficiente 3.60
Saída da Carreira de Monte: 11,30 horas dende o Balneario de Cabreiroá (a 2 Km do Pavillón Municipal de Verín).
Chegada: Pavillón de Deportes.
Entrega de Premios e Sorteo de Agasallos aos participantes: 13,15 horas.

Categorías:
* Xuvenil (1997-1998).
* Xunior (1995-1996).
* Promesa (1992-1993-1994).
* Senior (1991 e anteriores ata chegar a Veterano).
* Veterano (dende o día que se cumpre 35 anos).
* SuperVeterano (dende o día que se cumpre 46 anos en adiante).

Trazado:
- Lonxitude: 12,150 Km.
- Dificultade: Media-Alta.
- Para consultar a ubicación e o perfil do trazado (track): http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6214009
- Características Técnicas:
* Altitude - Mínima (386 m.) - Máxima (640 m.).
* Desniveis Acumulados - Subindo (393 m.) - Baixando (454 Km).
* % Máximo de Subida: +34,4 % (Km 4,46 durante 410 m.).
* % Máximo de Baixada: -17,9 % (Km 6,40 durante 285 m.).
* Avituaiamento líquido: Km 5,04 a 576 m de altitude.
* Tipo de Terreno: Pistas, Bosque e un pequeno tramo final de asfalto.


- Descrición:
Tras a Saída dende o incomparable marco do Balneario de Cabreiroá, a ruta se adentra nuns primeiros quilómetros de tobogáns "de sube-baixa" por pistas de terra, nos cales hai que atravesar un riachuelo (Km 1).
Despois de pasar por baixo da autovía e afrontar outro pequeno riachuelo, comenza a subida ao monte Montemaior (Km 4). Tras coronar a esixente rampa final de 400 m ao 34%, a carreira toma un pequeno respiro de pista chan, dende onde se pode observar todo o val de Verín e no que estará asentado un avituaiamento líquido (Km 5).
Comenza unha veloz baixada de 400 metros, con bo firme e pouco técnica, por pistas cun desnivel máis moderado que antes, para adentrarnos en trazados técnicos de rodeiras e bosque (Km 6) ata volver a pasar por debaixo da autovía. Dende alí, a carreira gozará dun divertido e esixente traxecto por bosque técnico que acercará aínda máis aos corredores ao contacto coa natureza.
A falla de 1,5 Km para a meta, o percorrido métese en asfalto para alcanzar o seu final no Pavillón de Deportes.
En resumo, a organización dispuxo un percorrido mixto no cal se modificaron algunhas partes de pista e se trocaron por tramos técnicos de bosque para que os amantes do Trail teñan un bo e ameno adestramento.

Sinalización: O percorrido estará marcado por cinta branca-vermella e pintadas de cor vermello no chan.

Recomendacións para a Carreira de Monte:
- Emprego de zapatilla de Trail (tramos con barro e auga que poden producir esbarramentos).
- Axudar a manter o medio ambiente limpo (non tirar botellas nin lixo).
- Buscar aparcadoiro nos aledaños do Pavillón de Deportes (para recoller o dorsal), sobre todo na rúa Canella Cega que está paralela a rúa do pavillón e trasladarse ata a saída no Balneario facendo trote, aproveitando para quentar. Está a 2 Km.
- Non hai taquillas no Pavillón de Deportes pero sí na Piscina Climatizada.


Servizos:
- Control de Policía Local, Protección Civil e de Cruz Vermella.
- Vestiarios e Duchas en Pavillón de Deportes e Piscina Climatizada (anexa).
- Guardería Infantil Gratuita (para fillos/as dos participantes).
- Gardarroupa: déixanse os enseres na saída (Balneario de Cabreiroá) e recóllense no pavillón de deportes ensinando o dorsal.
- Avituaiamento líquido na Carreira, avituaiamento sólido en Meta e Pincho durante a entrega de premios e agasallos.

Premios:
- Trofeo aos 3 primeiros clasificados por categoría e sexo.
- Obsequio de botella de viño da Denominación de Orixe Monterrei e de botella de auga Magma de Cabreiroá aos primeiros clasificados absolutos.


Regulamento:

1.- A seguridade e control das provas, correrá a cargo da Policia Municipal do Concello de Verín, Protección Civil, Cruz Vermella e o voluntariado que dirixirá e controlará o tráfico rodado. A organización dispondrá, ó longo do percorrido, dos mecanismos de control suficientes para asegurar a correcta e deportiva disputa das provas.

2.- Os únicos vehículos autorizados a seguir as provas serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quads particulares, etc, por todo o circuito.

3.- As provas contarán con persoal sanitario, situado ó inicio e fin das carreiras, así como durante o percorrido en lugares estratéxicos.

4.- Todo corredor/a (de calquera prova) que non respete o percorrido oficial, que non leve visible o dorsal (no peito) para a súa identificación, cometa algunha irregularidade, porte un dorsal distinto ó que se lle entregou ó formalizar a inscrición, mostre un comportamento anti-deportivo e/ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado.

5.- O servizo médico e os xuíces que formen parte da organización están facultados para retirar durante as provas a calquera atleta que manifeste un mal estado físico. Calquera corredor/a con problemas médicos (alerxia, etc..) deberá facelo constar no reverso do dorsal da prova.

6.- A organización declina toda responsabilidade sobre danos físicos ou morais que, durante a participación nas provas, un participante poda causarse a sí mesmo ou a terceiros, así como das neglixencias ou imprudencias que podan cometer durante o seu transcurso. Se ben, a organización disporá dun Seguro de Resposabilidade Civil por parte do Concello de Verín (coorganizador das provas).

7.- Estarán excluidos dos seguros mencionados anteriormente, os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a/ou desde o lugar no que se desenrolan as provas.

8.- Non se admitirán inscricións no "Pozo do Demo 4" despois das 24 horas do 19 de marzo. Por tal efecto non se lle repartirá dorsal ningún.

9.- Toda persona que corra sen estar inscrita (que non leve dorsal), o fará baixo a súa responsabilidade, non será recoñecido como participante lexítimo e non poderá participar dos trofeos nin dos agasallos sorteados. Tampoco estará amparado/a polos seguros correspondentes das provas.

10.- As provas soamente podrán ser suspendidas polas inclemencias do tempo ou causas de forza maior. En casos extremos seá a organización quen tome a última decisión. A organización resérvase o dereito a modificar aspectos organizativos do presente regulamento no caso de que o estime conveniente.

11.- Dado o carácter deportivo e popular das provas non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivos de TODOS os participantes. A organización resérvase o dereito e modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellen (informando oportunamente en tempo e forma), e o non recollido no mesmo se resolverá segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables.

12.- A participación conleva a total aceptación deste Regulamento. Todo corredor/a, polo feito de tomar a saída, acepta tanto o presente regulamento, como as decisións que tome a organización en caso de dúbidas que poideran suscitarse para manter a seguridade dos atletas por mor de comportamentos incívicos ou irresponsables dos participantes.


Colaboradores:
- Saudeter.
- Cruz Vermella.
- Protección Civil de Verín e Vilardevós.
- BTT Verín.
- Cadena COPE.
- Os Trotamoteiros.
- Asociación Cultural O Cigarrón.
- Inorde.

Patrocinadores:
- Augas de Cabreiroá.
- AEVER.
- Denominacion de Orixe Vinos de Monterrei.
- GADISA.
- HortoVerín S.L.
- Multisport Verín
- Hi-Tec.
- Coca-Cola.