Calendario
Info da proba

Medio Maratón Pontevedra

19/10/2014 11:00 - 14:00
Regulamento
XIX Medio Maratón Pontevedra 2014
II Circuíto de Carreiras Pedestres de Pontevedra (CCCP)

Data: domingo, 19 de outubro de 2014.
Hora: 11:00 h.
Lugar: saída dende a Ponte dos Tirantes, dirección Marín.
Distancia: 21.097 m (novo percorrido).
Organiza: Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.
Inscrición: ata o 15 de outubro en Championchip Norte.
- Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida” de 15 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.
- Dende o 01 ata o 14 de outubro e na que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 20 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.
Web: Medio Maratón de Pontevedra



:: Comenta o Medio Maratón de Pontevedra neste tema do foro ::



PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, organizan o domingo 19 de outubro de 2014, a partir das 11,00 horas, o “XIX Medio Maratón Pontevedra 2014” nas categorías “individuais” habituais e na categoría de “equipo mixto de 3” participantes.

2. PARTICIPANTES. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade o día da carreira que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación daproba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Medio Maratón as como informarlle de futuras
edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo,estarase ao que dispoña a Organización.

A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS.Todas as categorías faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 14 de outubro de 2014 e non se admitirán inscricións posteriores.

Para a carreira INDIVIDUALhaberá dous prazos para inscribirse:
- Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida” de 15 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.
- Dende o 01 ata o 14 de outubro e na que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 20 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.

No caso de que o/a deportista se inscriban como desempregado/a devolveráselle a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip); a persoa beneficiaria terá que contar cun “Documento Acreditativo deRexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.

As persoas inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra 2014 xa teñen a inscrición pagada polo que non terán que formalizar a súa, e só terán que ter actualizada a súa marca en medio maratón en ChampionchipNorte.

A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións da cota de participación excepto en caso de lesión, ou enfermidade, si se presenta un certificado médico á Organización, antes do 19 de outubro. En caso contrario, non se fará o reembolso.

Para a carreira por EQUIPOS MIXTOS DE 3terán que inscribirse de xeito INDIVIDUAL corredor a corredor e, na propia páxina web á hora de inscribirse individualmente, indicar o “nome do equipo” (que ten que ser común nas tres inscricións dos tres compoñentes COAS MESMAS LETRAS E ESPACIOS e sen poder confundirse con outros equipos). Todos/as os corredores/as inscritos nesta categoría participarán na categoría individual e na categoría de EQUIPO MIXTO 3.

O EQUIPO MIXTO 3 terá que estar formado por, alomenos, un home e unha muller e o/a terceiro/a compoñente a discreción do equipo, e puntuarán coa suma dos tempos dos tres compoñentes.

5. CAIXÓN PREFERENTE. As persoas individuais participantes que desexen acceder á zona reservada dianteira na saída (caixón preferente de saída) deberán indicar a súa marca acreditativa en medio maratón na inscrición, sempre e cando sexa inferior a 1 hora, 20 minutos e
00 segundos, no caso masculino, e de 1 hora, 42 minutos e 00 segundos, no caso feminino, así como o lugar e data de consecución. Dita marca tivo que ser obtida nos últimos 24 meses nunha carreira de medio maratón.

6. HOTEL OFICIAL. A Organización conta con hoteis oficiais que ofrecerán un prezo especial en aloxamento o sábado 18/X e almorzo para o día da carreira, aínda que teñen outras opcións de pensión. Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente cos hoteis e dar a referencia “Medio Maratón”.

Hotel Categoría (estrelas) Distancia Km Prezo da habitación dobre con almorzos Contacto
Rías Bajas 3 0,4 60 € 986 855 100
Campaniola 2 5,0 55 € 986 872 711
Avenida 1 1,0 50 € 986 857 784
Madrid 1 0,6 42 € 986 865 180
Pontevedra Confort 1 1,0 40 € 986 10 94 99

Estes hoteis ofrecerán a saída do hotel (Late Check Out) ata as 17,00 horas do domingo (para ducharse e xantar con calma), así como a recollida, na mesma recepción do hotel (sempre e cando se rexistren co nome do deportista), da bolsa de corredor e o dorsal, sen ter que pasar pola secretaría do CGTD.

7. ACCIÓN SOCIAL.Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Franciscopoderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.

8. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO. A tradicional “quedada” de deportistas os días previos ao día da carreira será o luns 13 de outubro ás 20.30 horas, e de acceso libre, e sairá de diante da porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi asequible e pensado para dar a coñecer todo o percorrido. Prégase acudir con prendas exteriores de cores chamativos.


DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

9. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición.

10. TRANSPORTE OFICIAL. A Organización facilitará, previareserva e pago, un autobús dende A Coruña e Santiago aos deportistas (e aos seus acompañantes) e nese mesmo transporte entregaráselles a documentación parapoder tomar parte na carreira:
- A saída dende a Coruña será dende o estacionamento do Pavillón Municipal de Riazor ás 08.30 horas e terá un custo por praza (previa reserva) de 20 € (ida e volta).
- A saída dende Santiago será dende o estacionamento do Campo de Fútbol de San Lázaro ás 09.10 horas e terá un custo por praza (previa reserva) de 15 € (ida e volta).

O regreso será ás 14,15 horas dende Pontevedra e chegará ás 15,00 h. a Santiago e ás 15,45 h. á Coruña.

Para poder reservar, unha ou máis prazas, nestes buses terás que faceloxunto a túa inscrición deportiva convencional en www.championchipnorte.com. Se tes algunha dúbida, poderás chamar ao 986 855 339 en horarios de oficina.

11. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.farase no Pavillón Universitario (Maxisterio) na r/Padre Gaite o día venres 17/10 de 17.00 a 20.30 e o sábado 18 de outubro de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. O día daproba de 08:30 horas a 10:00 horas.

Os usuarios do transporte oficial recibirán a documentación completa no propio autobús oficial e polo tanto non terán que pasar pola secretaría do Medio Maratón.

12. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES.Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e dous médicos para a atención.

13. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude de 21.097 metros, nun circuíto urbano pechado sobre asfalto ao que se lle dará dúas voltas. Cada kilómetro sinalizarase visualmente, e o tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 25 minutos. A chegada será na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) de Pontevedra.

A saída será dende a ponte dos Tirantes e de seguido avd. de Bos Aires, Valentín García Escudero, Real, praza de Curros Enríquez, Rúa dos Soportais, Odriozola, praza da Peregrina, rúa Peregrina, Andrés Muruáis, Andres Mellado, Peregrina, San Pedro Alcántara, Alcalde Hevia, Iglesias Vilarelle, Paseo do Gafos, Rúa Xeneral Rubín, Augusto García Sánchez, Praza de Galicia, Rúa Augusto González Besada, Marques de Riestra, Praza de España, Rúa Arzebispo Malvar, Travesía de Galera, Avda. de Uruguai, Rotonda Sur da Ponte das Correntes, Avda. de Uruguai, Rotonda de San Roque, Avda. de Uruguai, Rotonda Sur da Ponte das Correntes, Avda. de Bos Aires, Ponte de Santiago, Rúa Fernández Cochón, Alexandre Bóveda, Ponte dos Tirantes, Avda. de Bos Aires, Praia de Monte Porreiro, Avda. de Bos Aires, Rotonda
Sur da Ponte dos Tirantes e comezo da segunda volta.

No segundo xiro entramos en liña de meta dende o último paso pola Rotonda Sur daPonte dos Tirantes cara a Rúa Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo e acceso ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (onde daremos case unha volta completa).

14. AVITUALLAMENTO.Cada 5 quilómetros disporase do líquido necesario.

15. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición,ou o Persoal de Organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo, que se reitere en protestas ante a Organización ou non cumpra o tempo máximo de remate.

16. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe “alfombras” de Chip por todo o percorrido co propósito de verificar que todos os/as atletas cobren a totalidade do percorrido no mesmo sentido da carreira. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros no orden axeitado serán descualificados.

Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

17. REGULAMENTOS.Esta proba está incluída no calendario oficial do Circuito de Carreiras Pedestres de Pontevedra 2014 (CCCP) e desenvolverase baixo as normas do seu regulamento e do Anexo II do Real Decreto 1428/2003 sobre o Regulamento Xeral de Circulación, publicado no B.O.E. do 23 de decembro de 2003. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.

18. PERSOAS NON INSCRITAS.Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estarán cubertas pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.


POSTERIOR Á CARREIRA
19. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán un servizo de duchas, unha bolsa de produtos alimenticios, bebidas, servizo de fisioterapia, servizo médico,...

20. PREMIOS. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados na categoría individual absoluta masculina e feminina así como aos tres primeiros clasificados de cada categoría individual; os tres primeiros Equipos Mixtos 3 recibirán medallas.

Establécense os seguintes premios enmetálico para a categoría absoluta:
1º 2º 3º 4º 5º MASCULINA /ABSOLUTA /FEMININA
300 € 200 € 100 € 80 € 50 €

Premios aos corredores locais:
1º 2º 3º MASCULINA / LOCAL / FEMININA
100 € 50 € 25 €

Será considerado deportista local calquera inscrito que esté nalgún dos seguintes casos:
- Nado en Pontevedra (segundo o seu DNI)
- Empadroado/a en Pontevedra (segundo o DNI ou certificado de empadroamento)
- Pertenza a clubs federados de atletismo no municipio de Pontevedra.

Ningún deportista poderá acumular dous premios en metálico.

Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo igual ou inferior a 1 hora 14 minutos en homes e 1 hora 30 minutos en mulleres. Requirirase o D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados.

A clasificación dos Equipos Mixtos 3 determinarase pola suma dos tempos totais dos 3 membros do equipo que entren en liña de meta.

21. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de meta (C.G.T.D. Pontevedra). Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.

Para mais información en Facebook www.facebook.com/mediomaratoncidadedepontevedraou en www.mmpontevedra.org ou www.sgpontevedra.com



:: Comenta o Medio Maratón de Pontevedra neste tema do foro ::