Calendario
Info da proba

San Xiao, Ferrol

12/01/2014 11:00 - 13:00
Regulamento
XXXI Carreira Popular San Xiao, Ferrol

Data: domingo, 12 de xaneiro de 2014.
Hora:
11:00 h. Categorías benxamín e alevín - 900 m. aproximadamente.
11:10 h. Categorías infantil e cadete - 2.700 m. aproximadamente.
11:30 h. Resto das categorías - 10.000 m. aproximadamente.
Lugar: Pavillón Municipal de Esteiro.
Distancia: ata 10.000 m.
Organiza: Patronato Municipal de Deportes do Concello de Ferrol.
Inscrición: Ver punto 7 do regulamento.



:: Comenta a Carreira de SAN XIAO neste tema do foro ::

A XXXI CARREIRA POPULAR "SAN XIAO" organizada polo Servizo de deporte do Concello de Ferrol e co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, celebrarase o domingo día 12 de xaneiro de 2013, a partir das 11:00 horas da mañá.

A PROBA ESTÁ SUXEITA ÁS SEGUINTES NORMAS:
1.- A saída e a chegada serán nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro.

2.- A proba discorrerá por un circuíto pechado de acordo co plano deseñado.

3.- A organización contará coa axuda dos organismos municipais (Policía, Protección Civil, persoal do servizo de deportes e voluntarios), que cortarán totalmente o tráfico
no circuíto e o regularán nas súas inmediacións.

4.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuízes que establecerá os correspondentes controis ó longo do circuito.

5.- O control de chegada pechará 30 minutos despois de que entre en meta o primeiro clasificado. Unha vez pechado o control, os participantes que non chegaran a meta, serán superados polo vehículo con bandera verde, que indica o final da zona de competición, polo que deberá abandonar a proba co fin de non entorpecer o tráfico automovilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar deberña cumplir as normas e sinais, e será considerado como un usuario máis da vía.

6.- Todo participante que chegue á meta sen o seu correspondente dorsal, ou elimine do mesmo a publicidade, será descualificado.

7.- CATEGORÍA ABSOLUTA: Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
- Xuvenís mulleres e homes - Nados/as nos anos 1998 e 1997
- Junior mulleres e homes - Nados/as nos anos 1995 e 1996
- Promesa mulleres e homes - Nados/as nos anos 1992, 1993 e 1994
- Senior Nados/as 1991 ata 35 anos cumplidos o día da proba.
- De 35 a 44 anos
- De 45 a 54 anos
- De 55 a 64 anos
- A partires de 64 anos

- Cadeira de rodas: categoría especial; han de acreditarse al retirar dorsal.

Si no lo hacen, no saldrán en clasificación especial

7.1.- INSCRICIÓNS.-As inscricións das categorías absolutas poderánse
efectuar a partir do día 2 de Xaneiro ata al 22'00 horas do xoves día 9 de xaneiro na
seguinte dirección: www.championchipnorte.com

Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente. Os dorsais entregaranse dúas horas antes do comenzo de cada proba.

A organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.

8.- CATEGORÍA ESCOLAR. Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas
- Benxamín - Nados/as nos anos 2006 e 2005
- Alevín - Nados/as nos anos 2004 e 2003
- Infantil - Nados/as nos anos 2002 e 2001
- Cadete - Nados/as nos anos 1999, e 2000

Na categoría escolar, son de aplicación as Bases do XIV Circuito Ferrolán de Carreiras Populares e de Campo a través (esta proba está incluida dentro do circuito).

8.1.-INSCRICIÓNS. Para participar nesta xornada, deberase inscribir os participantes a través da seguinte direccion no formulario da páxina Web da delegación www.fgatletismo.es/ferrol, o máis tarde, o mércores anterior á carreira.

Lembramos que a carreira popular San Xiao é tamén unha proba do XIII Circuito Ferrolán de Campo a Través, evento que forma parte do Programa Xogade, polo que será requisito indispensable de cara a participación e puntuación no citado circuito, inscribir os nenos no programa www.deporteescolargalego.com

Asimesmo lembramos que no caso dos colexios, tal e como describe o art. 4 do presente regramento do XII circuito Ferrolán de Campo a Través, ademais de efectuar a inscripción de cada un dos participantes, deberase remitir un listado por categoría e sexo de todos os participantes de cada centro, que deberá estar asinado polo Director/a de cada centro; as oficinas do Patronato Municipal de deportes o máis tarde, o mércores anterior á xornada

9.- Para ambas categorías (absoluta e escolar), a organización premiará os tres primeiros clasificados de cada categoría. A entrega de trofeos realizarase ás 13'00 horas.

10.- As distancias e horario de saída serán os seguintes:
- 11:00 h. Categorías benxamín e alevín - 900 m., aproximadamente.
- 11:10 h. Categorías infantil e cadete - 2.700 m., aproximadamente.
- 11:30 h. Resto das categorías - 10.000 m., aproximadamente.

11.- Dado o espírito estrictamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións.

12.- O Servizo de deprotes do Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes nesta proba.

13.- A organización poderá modificar o presente regulamento ou o circuito polo que discurre a carrera sen previo aviso. Así mesmo resérvase a facultade de decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto non contemplado neste regulamento.

14.- Todos os corredores/as o realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscripción o corredor consinte expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacions acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Ley de Protección da datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico nas oficinas do Servizo de deportes do Concello de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402 Ferrol.

15.- Mediante a inscripción na proba considerarase aceptadas as normas e os aspectos reflexados neste regramento.


:: Comenta a Carreira de SAN XIAO neste tema do foro ::