Calendario
Info da proba

O Carballiño

29/12/2013 10:00 - 12:30
Regulamento
V Carreira Solidaria do Arenteiro

Data: domingo, 29 de decembro de 2013.
Hora: a partires das 10:00 h.
Lugar: O Carballiño.
Distancia: de 280 a 9.000 m.
Organiza: Concello de O Carballiño.
Inscrición: Ver no regulamento. En Cronotec



:: Comenta a Carreira Solidaria do ARENTEIRO neste tema do foro ::


CATEGORÍAS
CATEGORÍA NOME ANO NACEMENTO
A PITUFOS 2009, 2010, 2011
B PREBENXAMÍN 2007, 08
C BENXAMÍN 2004, 2005, 2006
D ALEVÍN 2001, 2002, 2003
E INFANTIL - CADETE de 1997 a 2000
F XUNIOR 1994, 1995, 1996
G SENIOR de 1979 a 1993
H VETERANOS "A" de 1958 a 1978
I VETERANOS "B" Anteriores a 1957 incluido

PERCORRIDO
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1º 10:00 A 280 m
2º 10:10 B 450 m
3º 10:25 C 450 m
4º 10:40 ESPECIAL OLYMPICS 450 m
5º 11:10 D, E 1,4 km
6º 11:30 F,G,H,I 9,0 km

Abastecemento líquido no km 5 e líquido e sólido na meta.

Os kms estarán perfectamente sinalados na Proba Absoluta.

INSCRICIÓNS

CATEGORÍAS INFANTILES

CAT PREZO PRAZO
A, B, C GRATIS 10:30h do 29 de Decembro
D, E 3€ 26 de Decembro, ás 14:00h.

CATEGORÍAS ABSOLUTAS
CAT PREZO PRAZO
F, G, H, I, J, K 6 € Mércores, 26 de Decembro, ás 14:00h.

A inscrición é totalmente gratuíta para as categorías A, B, C. e Special Olympics, e farase na área de deportes do Concello do Carballiño (Claudio), no número de telefono 988 530 007 ext 348 ou o mesmo día da carreira ata as 10:30h.

O prezo de inscrición das categorías D, E. é de 3 €

O prezo de inscrición das categorías F,G,H,I. é de 6 €

A inscripción se fará a través de : www.cronotec.es

Unha vez feita a preinscrición, ingresaranse no número de conta de LA CAIXA 2100 4831 93 2200006880 indicando coma concepto o código de preinscripción adxudicado pala web

Para calqueira dúbida, chamar o teléfono 600 88 98 09 en horario de oficina.

Os pagos que se reciban a partir do xoves 26 de Decembro o prezo e de 10 €

"AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBRIGATORIOS"

PREMIOS
Trofeos para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías B, C, D, E, F,G, H, I
Trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos.
Trofeo ó primeiro carballiñés. (o trofeo é acumulativo)
Trofeo á primeira carballiñesa.(o trofeo é acumulativo)
Trofeo o/a de maior idade que remate a proba.
Os trofeos non son acumulativos, salvo os indicados.

PREMIOS ÓS ATLETAS QUE REMATEN A SÚA PROBA:
- Medallas para para os participantes das categorías A, B, C e Special Olympics.

REGULAMENTO XERAL
1º) PROBAS: Celebraranse seis probas con percorridos e horarios diferentes segundo as categorías.

2º) As inscricións das categorías D, E, F, G, H, I pecharanse sin excepción ás 14:00 horas do 26 de Decembro e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.

3º) Ós participantes das categorías D,E,F,G,H,I facilitaráselles o dorsal e chip correspondente á súa categoría, debendo colocalo para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.

4º) Ós participantes das categorías A,B,C e SPECIAL OLYMPICS facilitaráselles o dorsal correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.

5º) Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.

6º) O control de chegada da Proba Absoluta pecharase 40 min despois de que chegue o primeiro clasificado.

7º) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios e fisioterapeuta.

8º) A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

9º) Duchas: habilitarase o estadio municipal de fútbol ESPIÑEDO, (para homes e mulleres).

10º) RESULTADOS: en www.correrengalicia.org e www.cronotec.es

11º) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.

12º) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

A Organización


:: Comenta a Carreira Solidaria do ARENTEIRO neste tema do foro ::