Calendario
Info da proba

Carballo

28/12/2013 15:30 - 18:30
Regulamento PEDESTRE DO ANLLÓNS –TROFEO DE NADAL.
EN CARBALLO, O 28 DE DECEMBRO DE 2013.



ANTECEDENTES E FILOSOFÍA DA PROBA
O club deportivo OS MUDITOS organiza en Carballo a Pedestre do Anllóns-Trofeo de Nadal. Os Muditos é un club de atletismo de nova creación que pretende promocionar este deporte en Carballo; ante o auxe desta práctica deportiva entre os veciños e veciñas do noso concello organizamos esta carreira no Anllóns pois é sen ninguna dúbida o millor lugar en Carballo para realizar unha carreira pedestre, onde se fomenta a práctica de actividade física saudable nun marco incomparable escapando do bullicio de coches do centro e tamén case sen tocar o asfalto, desenvolvéndose a proba por camiños de zahorra, herba e terra ao largo do río e rodeado de árbores e tranquilidade.
Esta proba ten un carácter popular, non profesional, na que pode participar todo o que desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S, maiores e pequen@s.
COLABORADORES E PATROCINADORES
Colaboran na proba: Concello de Carballo, Policia Local Carballo, PC Carballo, Patronato Deportivo Municipal de Carballo, Coca-cola, Decathlon Marineda, Deputación da Coruña, Federación Galega Atletismo…
Patrocinan a proba as seguintes empresas: Cebey Metal, Agrobótica, Lotería Alexandra, Viraxes sl, Efa Fonteboa, Centro Deportivo Corporal Xpression, Bocatería Okey,Asesoría Cervantes, Zocas, Abertal, centro pscioloxía Orixe…

LUGAR DE SAÍDA:
Pavillón Vila de Noia.

CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO 2007 E POSTERIORES
BENXAMÍN NADO/AS 2005 E 2006
ALEVÍN NADOS/AS 2003 E 2004
INFANTIL NADOS/AS 2001 E 2002
CADETE NADOS/AS 1999 E 2000
XUVENIL-XUNIOR NADOS/AS ENTRE 1995 E 1998
PROMESA-SENIOR NADOS/AS 1994 ATA 35
VETERANO A DESDE QUE CUMPREN 35 ATA 50 ANOS
VETERANO B DESDE QUE CUMPREN 50

HORARIOS
HORARIO CATEGORÍAS DISTANCIA
16:30 H Xuvenil-Xunior, Promesa-Senior, Vet A e Vet B 6,62 km
17:20 H Cadete e Infantil 2,1 km
17:40 H Alevín e benxamin 460 m
17.50 H Pitufos 100 m
18:00 H ENTREGA DE PREMIOS E SORTEO

INSCRICIÓNS
As inscricións tanto na categoría de maiores como nas probas dos/as pequenos/as é gratuita.
Na categoría de maiores o límite de participantes é de 300 participantes.
A data límite de inscrición para a proba de maiores é o martes, 24 de decembro ás 20:00, xa que esta proba será controlada por chip.
Para inscribirse na carreira de maiores pode realizarse no Decathlon de Marineda en horario laboral ou por email osmuditos@gmail.com e na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.orgsendo necesario en todos os casos aportar os seguintes datos: Nome e apelidos, data de nacemento, NIF con letra, localidade, federado ou non email de contacto e teléfono.
As inscricións das probas de nen@s permanecerán abertas hasta o día 24 de decembro ás 20:00. Non levan chip. Os datos necesarios para a inscriciónd@spequen@s serán os seguintes: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, autorización pai/nai.
Na categoría de pequen@s non hai límite de participantes.
A inscriciónpara as categorías de pequen@s pódese facer no Decathlon de Marineda en horario laboral, por email osmuditos@gmail.come na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.org.

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
O venres, 27 de decembro poderanse retirar os dorsais e os chips na tenda de Decathon Marineda en horario laboral (de 09: a 22:00 hs) e tamén o mesmo día da pedestre, atá media hora antes do comezo de cada proba.

CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Arbitro, non mais tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
A o largo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos.
Os puntos kilométricos estarán señalizados na carreira dos maiores.
As clasificacións de todas as probas poñeranse no tablón de resultados o remate de cada proba.

AVITUALLAMENTO O FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
O final de cada proba entregarase @s deportistas bebida, froita…
Tamén se dispondrá no pavillón Vila de Noia de duchas con auga quente.

PREMIOS E SORTEO DE PRODUTOS DE NADAL
Recibirán trofeo/medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada categoría, menos os pitufos que levarán tod@s @s participantes medalla.
Tamén se entregará un premio ao deportista máis veterano/a.
Recibirán un premio especial o primeiro e primeira clasificado/a do concello de Carballo.
A entrega de premios será ás 18:00 hs no pavillón municipal da Vila de Noia.
Debido o carácter festivo da proba realizarase un sorteo de produtos de Nadal donados por diferentes casas comerciais de Carballo o final da entrega de premios.

SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil concertada por o club deportivo Os Muditos. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,… Tamén quedarán excluidos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexisare polas normas da FGA, RFEA e IAAF.