Calendario
Info da proba

Eurocidade 10 (Tui)

08/06/2014 11:00 - 12:30
Regulamento
III Eurocidade 10, Tui - Valença - Tui

Data: domingo, 8 de xuño de 2014, pola mañá.
Hora: próximamente.
Lugar: saída e chegada na corredoira de Tui
Distancia: 10.000 m.
Organiza: CLUB ATLETISMO TUI-THERMALIA en colaboración co Concello de TUI e a CÁMARA MUNICIPAL DE VALENÇA DO MINHO.
Inscrición: En championchipnorte
Web: Club Atletismo Tui: Eurocidade 10


:: Comenta o Eurocidade 10 neste tema do foro ::

REGULAMENTO
Art.1.- A III EUROCIDADE10 está organizada polo CLUB ATLETISMO TUI-THERMALIA en colaboración coa CÁMARA MUNICIPAL DE VALENÇA e co CONCELLO DE TUI. Os anos impares a saída e chegada será en VALENÇA e os anos pares en TUI.
Art.2.- O circuíto constará de 10 qm. Nesta 3a edición a saída será de TUI pasando pola PONTE
INTERNACIONAL e polas rúas de VALENÇA e volvendo a TUI.
Art.3.- A saída darase o Domingo 8 de xuño ás 11 a.m. (ES) / 10.00 a.m. (PT) dende o PASEO DA
CORREDOIRA, quedando a meta instalada no mesmo punto. O tempo máximo de duración da proba será de 1 hora 30min.
Art.4.- A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación actual. Todos os participantes non federados dispoñerán dun seguro de accidentes, que non cobre lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización. Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc. Tamén quedarán excluídos os producidos por desprazamentos a/o desde o lugar no que se desenvolva a proba.
Art.5.- Tense previsto efectuar CATRO clasificacións independentes de acordo coas seguintes categorías:
JÚNIOR/PROMESAS Nacidos/as en 1992-1996
SENIOR Nacidos/as en 1991, anteriores e ata veteranos
VETERANOS/AS A Desde o día que cumpran 35 años
VETERANOS/AS B Desde 50 en adiante
Art.6.- Proba incluída no “Tour Running Rias Baixas Diputación de Pontevedra”
Art.7.- Poderán participar calquera persoa que o desexe sen importar condición, sexo ou nacionalidade e de acordo cas normas RFEA e/ou IAAF.
Art.8.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá recibir trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparado polos seguros da proba.
Art.9.- O percorrido estará debidamente sinalizado pola organización. Existirá un posto de avituallamento, aproximadamente no quilómetro 5, máis o especial de meta.
Art.10.- Os servizos sanitarios e as ambulancias, estarán situados na zona de Saída/Meta, e pechando a carreira xunto ao coche escoba. Calquera corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
Art.11.- Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización e estarán debidamente sinalizados.
Art.12.- Durante a proba levarase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sen dobrar. A non
observancia deste artigo será causa de descualificación.
Art.13.- Os dorsais e o chip entregaranse o día da proba a partir das 09:00h. (ES) – 08:00 (PT) ata as 10:30 (ES) - 9:30h (PT), é dicir, 30 min. antes do comezo da mesma. Para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio presentar o D.N.I. ou pasaporte.
IMPORTANTE: Ao finalizar cada unha das probas é obrigatorio a entrega do chip nunha zona habilitada tras cruzar a liña de meta.
· A carreira estará cronometrada cun sistema CHAMPIONCHIP.
· Existirán controis do tempo ao longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación aqueles
participantes que realicen a carreira co chip que facilita a organización.
· O chip entregado pola organización tense que devolver obrigatoriamente á mesma ao finalizar a
carreira, así como no caso de retirada ou non participación na proba. No caso de que non se
devolva, o organizador cobrará 10 euros ao participante pola súa perda ou non devolución.
Propietarios de chip amarelo ChampionChip, deberán participar có seu chip.
Art.14.- Descualificacións:
a. O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
b. Todo atleta que non realice o percorrido completo.
c. Todo atleta que non leve visible o dorsal ou que dobre o mesmo.
d. O atleta que manifeste un comportamento non deportivo .
Art.15.- Dado o carácter deportivo e Popular non se admitirán reclamacións. A organización reservase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables.
Art.16.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e no caso de dúbida ou de aparecer algunha situación non reflectida no mesmo, se estará ao que dispoña o Comité Organizador.
Art.17.- Outórganse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
Art.18.- Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da RFEA e IAAF para a presente temporada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Art.19.- Outros servizos a disposición dos participantes:
1. Duchas: Pavillóns Municipais
2. Avituallamento: Habilitado nunha zona concreta ao pasar meta.
3. GARDARROUPA.
4. APARCAMENTO CEIP No2 de Tui
5. Entrega de Premios: A partir de la 13.00 horas (ES) – 12.00 horas (PT) na zona da saída/meta
6. Bolsa Regalo: Para cada participante que acabe a proba.
Art.20.- Inscricións
As inscricións poderanse realizar ata o mércores 4 de xuño, ás 23.59 horas (ES) - 22.59 horas (PT).
PREZO
· 3€ INSCRICIÓN + 1€ ALUGUER DO CHIP EN CASO DE NON SER PROPIETARIO DO CHIP
“AMARELO”.
· A INSCRICIÓN FARASE EXCLUSIVAMENTE A TRAVÉS DE www.championchipnorte.com
As persoas que se inscriban pola Web, non quedarán correctamente inscritas se non finalizan o
proceso de pago.
A carreira, será cronometrada por ChampionChip e o chip ten que ser colocado atado nos cordóns
das zapatillas e ten que ser devolto ao finalizar a proba. @s propietari@s de chip ChampionChip, teñen que competir con o seu chip.


Circuito e perfil