Calendario
Info da proba

San Telmo, Tui

27/04/2014 10:30 - 13:30
Regulamento Carreira popular de San Telmo, Tui

Data: domingo, 27 de abril de 2014.
Hora: Absoluta ás 10:30
Lugar: Saída e meta no paseo da corredoira.
Distancia: case 7 Km.
Organiza: Club Atletismo Tui – Thermalia.
Inscrición: Gratuita con kilo solidario. Formulario de inscrición. Ata o mércores 23 de abril.
Web: Club Atletismo Tui - Thermalia



O vindeiro Domingo 27 de Abril o Club Atletismo Tui – Thermalia organiza a Carreira Popular de San Telmo en Colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Tui e a Comisión de Festas de San Telmo 2014.

Horarios das Probas e categorías

Categoría Ano Nacemento Horario Distancia
Xuvenil 97/98 10.30h 7.000m.
Senior 78/96 10.30h 7.000m.
Veterán A de 1968 a 1977 10.30h 7.000m.
Veterán B anterior a 1968 10.30h 7.000m.
Cadete 99/00 12.00h 2.500m.
Infantil 01/02 12.00h 2.500m.
Alevín 03/04 12.15h 900m.
Benxamín 05/06 12.30h 600m.
Prebenxamín 07/08 12.45h 400m.
Pitufos 09/10/11 13.00h 200m.

Inscricións

O prazo de inscricións estará aberto ata o mércores 23 de abril, non se admitirán incricións fora deste prazo, nin no mesmo día da proba.
A inscrición deberá facerse a través do seguinte Formulario de Inscrición (Nota: non se admitirán inscricións con datos obrigatorios sen cubrir).
A inscrición será gratuíta estando aberto no momento de recollida do dorsal a “Operación Kilo” que consistirá na entrega de 1 kilo de alimentos non perecedoiros que serán doados.
A soa inscrición nesta proba implica a total aceptación das condicións recollidas no seguinte Regulamento.

Premios

Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín no apartado feminino e masculino. Ademáis entregarase premio ao 1º e 1ª tudense clasificados no apartado absoluto.
Sortearase entre todos os participantes das categoría inferiores unha bicicleta en colaboración ca empresa VerdeAzul.
Entrega de Premios: 13.15 horas aproximadamente.

Colaboradores
Concellería de Deportes do Concello de Tui
Comisión de Festas de San Telmo
Agrupación Deportiva Baixo Miño
Protección Civil

:: Segue a carreira no foro de carreiras populares ::