Calendario
Info da proba

Lugo Monumental

22/12/2013 12:00 - 14:00
Regulamento
XI Lugo Monumental
Gran Premio E-On

Data: domingo, 22 de decembro de 2013
Hora: 12:00 h.
Lugar: Saída fronte á Mosquera na Ronda da Muralla.
Distancia: 10.000 m.
Organiza: Concellería de Deportes, Concello de Lugo.
Inscrición: Ata 1.800 inscritos en Championchip Norte



:: Comenta a LUGO MONUMENTAL neste tema do foro ::


REGULAMENTO OFICIAL

A saída terá lugar as 12:00 h na Ronda da Muralla na zona da Mosquera e fronte o monumento da conmemoración da designación da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, e discorrerá polo seguinte percorrido cunha distancia aproximada de 10 km:

Saída fronte á Mosquera na Ronda da Muralla na dirección da circulación discurrindo pola Ronda ata chegar á altura da Rua do Teatro xiro a esquerda e subida - Santo Domingo-xiro a esquerda rua da raiña-paso fronte a LIÑA DE META-xiro a dereita baixando pola rua da Praza Maior-xiro a esquerda por Bispo Aguirre a carón do Círculo das Artes . xiro á dereita cara a rua Villalba enfilando recto ata a Avda Ramón Ferreiro ata a altura da rua Pintor Corredoira . cambio de sentido de novo pola Avda Ramón Ferreiro – xiro á dereita en dirección a Anxo López Pérez a en dirección á ronda da Muralla discorrendo por ela ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores desviaranse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeral Tella, Praza de Avilés, xiro a dereita Dtor Portela ida e volta seguindo recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira, para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, praza da Constitución, ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde os corredores subirán ao adarve da Muralla pola rampa fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampa, onde os corredores baixarán cara á praza Pío XII, rúa Bo Xesús, praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos (praza Maior), e chegada á Meta situada á altura da Casa do Concello.

Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a inmediata descalificación dos atletas acompañados.

Estableceranse controis de cronometraxe de chip por todo o percorrido co fin de verificar que todos/as ós/ás atletas percorren a totalidade do circuíto. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais. POR TANTO, É OBRIGATORIO PASAR POR ENRIBA DAS ALFOMBRAS DE CRONOMETRAXE DISPOSTAS Ó LONGO DO PERCORRIDO . Os atletas que non reúnan todos os rexistros serán descalificad@s.

O control da carreira pecharase 1h despois da chegada do primeiro clasificado.

Ao rematar a proba os/as corredores/as, unha vez entregado o CHIP de cronometraxe ( os que non o teñan en propiedade e o alugaran )poderán acceder á zona reservada para eles onde recollerán o seu avituallamento.

CATEGORIAS ABSOLUTAS
Masculinas e Femininas:
Categoria E ---------------------------------------Nadas/os entre 1992 e 1997
Categoría F ----------------------------------------Nadas/os entre 1978 e 1991
Categoria G ---------------------------------------Nadas/os entre 1968 e 1977
Categoria H ---------------------------------------Nadas/os entre 1958 e 1967
Categoria I ----------------------------------------Nadas/os entre 1948 e 1957
Categoria J --------------------------------Nadas/os entre 1947 e anteriores

INSCRICIÓNS LIMITADAS A 1800 ATLETAS En www.championchipnorte.com
Dende a apertura das inscricións haberá distintos tramos de precios en función da data de inscrición:
- Do 4 de Decembro ó 8 de Decembro
o Pago de 3 € +2€ Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo

- Do 09 de Decembro ó 15 de Decembro
o Pago de 5 € +2€ Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo

- 16 de Decembro e 17 de Decembro
o Pago de 10 € +2€ Aluguer Chip Non Propietarios Chip Amarelo

HABILITARANSE 3 CAIXÓNS DE SAÍDA EN FUNCION DA COR DO DORSAL ASIGNADO POLA ORGANIZACIÓN.
- Dorsal Elite:
o Homes: Marca acreditada igual ou inferior a 00:36:00 en 10 km
o Mulleres: Marca acreditada igual ou inferior a 00:40:00 en 10 km

- Dorsal Amateur
o Homes: Marca acreditada entre 00:36:01 e 00:40:00 en 10 km
o Mulleres: Marca acreditada entre a 00:41:00 e 00:45:00 en 10 km

- Dorsal Popular
o Homes: Marca superior a 00:41:00 en 10 km
o Mulleres: Marca superior a 00:46:00 en 10 km

A ORGANIZACION RESERVARASE O DEREITO DE REVISAR OS TEMPOS MARCADOS E RECOLOCAR A AQUELES/AS ATLETAS QUE NON SE CONSIDERE QUE REALMENTE MERECEN O DORSAL QUE SOLICITAN UBICANDOOS NO CAIXON QUE LLES PERTENCE.

O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel de ningún tipo.

- DADO O ESPÍRITO ESTRITAMENTE DEPORTIVO E POPULAR DESTA PROBA NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS. A PARTICIPACIÓN LEVA IMPLÍCITA A ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO DA PROBA

- A comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada no presente regulamento.

ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
- Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día anterior da proba (21 de decembro de 2013) na CARPA DA ORGANIZACIÓN situada na parte traseira da Casa do Concello na Praza Maior en horario das 16:30 h ás 20:30 h

NON SE ENTREGAN DORSAIS NIN CHIPS O DÍA DA PROBA.

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

- APARCADOIROS: os atletas que se despracen en grupo e veñan en autobús disporán dunha zona de estacionamento ubicada na explanada do Pavillón Municipal (rúa Santiago).
- GARDARROUPA: Os atletas que queiran poderán dispoñer do servicio de gardarroupa.
- DUCHAS: os atletas unha vez rematada a carreira terán á súa disposición ás duchas das Pistas de Atletismo da Cidade Cultural (Parque Rosalía de Castro)

INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Publicacion no diario ELPROGRESO e na sua paxina web www.elprogreso.es
Na paxina web oficial da carreira www.championchipnorte.com

TROFEOS DA CARREIRA ABSOLUTA MASCULINA
- 1º/1ª Clasificad@
o Trofeo
o Lacón Galego denominación de Orixe
o Mada de Grelos

- 2º/2ª Clasificad@
o Trofeo
o Lacón Galego denominación de Orixe
o Mada de Grelos

- 3º/3ª Clasificad@
o Trofeo
o Lacón Galego denominación de Orixe
o Mada de Grelos

PREMIOS POR CATEGORÍAS ADULT@S
- Primeir@ clasificad@ de cada categoría:......................Trofeo
- Segund@ clasificad@ de cada categoría: .....................Medalla
- Terceir@ clasificad@ de cada categoría: ......................Medalla

PREMIOS ESPECIAIS DA CARREIRA ABSOLUTA
- Primeir@ Clasificado Local ... Trofeo
- Segund@ Clasificado Local ... Trofeo
- Terceir@ Clasificado Local ... Trofeo

- Primeir@ - Segund@ - Terceir@ CLASIFICAD@s nado en Galicia no paso pola Meta Voante GRAN PREMIO DIARIO ELPROGRESO fronte á sede do diario na Rúa Ribadeo BONO FIN DE SEMANA BALNEARIO AUGAS SANTAS (Según Bases do diario El Progreso)

- Mellora da marca volta á muralla categoría masculina ... TROFEO (Gustavo Platas, 11 de decembro de 2005 ... 06:34 )
- Mellora da marca volta á muralla categoría feminina ... TROFEO (Nancy Kiprop, 11 de decembro de 2005 ... 07:44)

TROFEO DIVINA PASTORA SEGUROS
ó atleta máis veteran masculino e a máis veterana feminina da carreira Absoluta
AGASALLO OFICIAL DA CARREIRA E AVITUALLAMENTO PARA TODOS/AS ÓS/ÁS ATLETAS CHEGAD@S Á META, NO LUGAR HABILITADO POLA ORGANIZACIÓN.

Jimbarán colaborará coa Lugo Monumental REGALANDO a todos os participantes inscritos e con dorsal un saldo de 30€ para canxear por servicios de Depilación e Fotodepilación hasta el 31/03/2014.

Para poder disfrutaro, terán que presentar o dorsal da carreira e o DNI para verificar que son os titulares do mesmo.
O premio e persoal e intransferible.

Se disfrutará baixo as condicions que poña Jimbarán, que pode verse modificadas en función de calquera erro na comunicación


:: Comenta a LUGO MONUMENTAL neste tema do foro ::