Calendario
Info da proba

Santiago

31/12/2013 17:30 - 18:30
Regulamento
I San Silvestre Santiago de Compostela

Data: martes, 31 de decembro de 2013.
Hora: 17:30 h.
Lugar: Avenida Antonio R. Ibáñez.
Distancia: 4.550 m.
Organiza: Federación Galega de Atletismo.
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: Delegación en Santiago da FGA



:: Comenta a SAN SILVESTRE DE SANTIAGO neste tema do foro ::


A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu departamento de deportes, a I Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o martes 31 de decembro a partir das 17.30 horas da tarde.

Esta proba que continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, representa o culmen do II Circuito de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan II, rematado o pasado mes de outubro, aínda que non é proba puntuable.

As probas estarán suxeitas o seguinte

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices (Federación Galega de Atletismo).

2. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no ano 2002 e anteriores.

3. A organización non se fará responsable da participación de atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2002), polo que os seus titores legais deberán responsabilizarse deles en todo momento e durante o transcurso da proba.

4. CATEGORIAS E HORARIOS
Haberá unha única proba:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA

CATEGORÍA ESCOLARES
Do 1999 ó 2002 4550 m aprox 17:30 h

CATEGORÍA
ADULTOS
1998 e anteriores 4550 m aprox 17:30 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 18:30 HORAS
A SAIDA DA PROBA REALIZARA DESDE A AVENIDA ANTONIO R. IBÁÑEZ, NA PARTE INFERIOR DO MIRADOIRO DA ALAMEDA SANTIAGUESA ÁS 17:30 HORAS

5. INSCRICIONS
- A inscrición da categoría ESCOLARES (do 1999 ó 2002) poderá realizarse nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org con data límite o sábado 28 de decembro ás 22 horas.

- A inscrición da categoría ADULTOS farase tamén a través das páxinas web www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org (data límite: sábado 28 de decembro ás 22 horas).

Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).

- Habilitaranse tamén dúas plataformas presenciais nos centros deportivos Multiusos Fontes do Sar (de luns a sábados de 09:00 a 20.00 horas) e Complexo Deportivo de Santa Isabel (de luns a sábados de 09:00 a 20.00 horas).

Deberán rellenar o formulario de inscrición no lugar e presentar a copia do xustificante de ingreso da cota de inscrición na conta da Federación Galega de Atletismo de La Caixa nº 2100 1453 21 0200219859 indicando no concepto o nome e apelidos do atleta participante (o pago da cota de 5 € farase só en caso de atletas nados en 1998 e anteriores).

PREZOS DA INSCRICION

- CATEGORIA ESCOLARES (do 1999 ó 2002 incluídos): GRATUITA
- CATEGORÍA ADULTOS (1998 e anteriores): 5 €

* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org e presencialmente seguindo as instruccións desta modalidade de inscrición.

Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.

Teléfonos de información xeral da proba: 981 528 730 / 981 192 331

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

TODOS OS PARTICIPANTES ADULTOS QUE PARTICIPARON NA MODALIDADE DE CIRCUITO NO CORRESAN II TERÁN A INSCRICIÓN GRATUITA. XA ESTARÁN INSCRITOS DE ANTEMÁN. DEBERÁN SIMPLEMENTE RECOLLER O SEU DORSAL A CARÓN DA SAÍDA DAS PROBAS NO PARQUE DA ALAMEDA. NON SE PODERÁ EMPREGAR O DORSAL DO CIRCUITO.

6. PREMIOS E AGASALLOS
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (4,6 km aprox.).
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (4,6 km aprox.).

7. A recollida de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes da saída da proba e realizarase na Avda Antonio R. Ibáñez (na parte inferior do mirador da Alameda de Santiago de Compostela). Os dorsais colocaranse nun lugar visible na zona do peito, respectándose a publicidade existente neles. Na proba os atletas do ano 2002 e anteriores correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal. O dorsal deberá estar sempre visible e colocado na zona do peito (zona anterior do corpo).

8. CIRCUITO
O circuito será publicado na semana anterior á proba nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.fgatletismo.es. A Saída será desde a Avenida Antonio R. Ibáñez e a chegada será na Porta dos Leóns, na Alameda de Santiago de Compostela.

9. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.

10. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta da IAAF e da RFEA en vigor.


:: Comenta a SAN SILVESTRE DE SANTIAGO neste tema do foro ::