Calendario
Info da proba

Corre con Nós I

24/11/2013 12:00 - 14:00
Regulamento
XIV Circuito Corre con Nós, Lugo

Data: domingo, 24 de Novembro de 2013.
Hora: 12:00 h
Lugar: Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, Lugo
Distancia: 4.900 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Lugo
Inscrición:
- Inscripción inicial ata o Martes 19 de Novembro ás 14:00 h. en www.championchipnorte.com
- Resto de inscripcións ata as 23:00 h do mércores anterior a cada proba.
Web: Corre con Nós, Concello de Lugo



:: Comenta o Corre con Nós neste tema do foro ::

CALENDARIO DE CARREIRAS
1. Domingo 24/11/2013 - 12:00 h – Pistas de Atletismo Gregorio Pérez Rivera
2. Sábado 18/1/2014 – 18:00 h – Nocturna Monumental (Saida praza maior)
3. Domingo 16/2/2014 – 12:00 h – Paseo de Ombreiro (Saida parking estadio Angel Carro)
4. Domingo 16/3/2014 – 12:00 h – Barrio Montiron San Fiz
5. Domingo 6/4/2014 – 12:00 h – Centro Comercial As Termas
6. Sábado 10/5/2014 – 17:00 h – Recinto Ferial
7. Domingo 8/6/2014 – 12:00 h – Final Adultos Parque de Frigsa

CATEGORÍAS ADULTOS 2013 – 2014
- CATEGORIA “E” : 1993 a 1998
- CATEGORIA “F” : 1988 – 1992
- CATEGORIA “G” : 1983 - 1987
- CATEGORIA “H” : 1978 – 1982
- CATEGORIA “I” : 1973 – 1977
- CATEGORIA “J” : 1968 – 1972
- CATEGORIA “K” : 1963 – 1967
- CATEGORIA “L” : 1958 – 1962
- CATEGORIA “M” : 1953 – 1957
- CATEGORIA “E” : 1952 e ANTERIORES

REGULAMENTO ADULTOS 2013 – 2014
Circuíto formado por 7 probas
Poderán participar nestas probas ás persoas nadas en 1998 e anteriores.

1.-INSCRICIÓNS
Inscricións para a PRIMEIRA proba do Xoves 7 de Novembro ás 18:00 h ó Martes 19 de Novembro ás 14:00 h . Novas Inscricións ata as 23:00 h do mércores anterior a cada unha das probas. En www.championchipnorte.com

2.- RECOLLIDA DE DORSAIS
Para a primeira proba:
O/a atleta no formulario de inscrición da páxina de Championchipnorte.com indicará na mesma cal será a sua elección para recoller o dorsal.
- Envio directo a domicilio
- Envío á localidade para recoller nunha tenda específica
- Centro Comercial As Termas SABADO 23 DE NOVEMBRO de 16:00 h a 20:00 h
- NON SE ENTREGARÁN DORSAIS O MESMO DIA DA CARREIRA

Para o resto das probas:
- Na carpa da Organización , ata media hora antes do comezo da primeira carreira de menores.

3.- RECOLLIDA DE CHIPS
Se non tes CHIP doutros anos, e o adquiriche por Internet, deberás de recollelo xunto co teu dorsal.

4.- OBRIGATORIEDADE DE PORTAR O CHIP E O DORSAL EN CADA PROBA
- Hai un ÚNICO dorsal para todo o circuíto que se recollerá unicamente na primeira proba do mesmo na que se participe.
- Para participar neste circuíto é obrigatorio portar en cada carreira o chip de Championchip para poder saír nas clasificacións ( se non o tes o poderás adquirir ou facer a túa inscrición no circuito na páxina de www.championchipnorte.com por un precio de 20 € ) e tamén portar o dorsal claramente colocado na parte frontal da camiseta.
- O atleta que non porte o chip non poderá entrar na clasificación da proba e non lle contará de ningún xeito para a clasificación final do circuíto.
- O atleta que non porte o dorsal, non terá dereito ó avituallamento final de carreira e deberá de desviarse do embudo final o rematar a súa carreira pois non poderá ser identificado pola organización como participante do circuito Larsa Corre con Nós, podendo chegar a ser descualificado se así o estima a dirección de carreira por non cumplir o regulamento.
- Os CHIPS son persoais e intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos atletas, sancionarase coa expulsión do circuíto do portador e do/a atleta que foi suplantado/a , anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición no circuíto.
- No caso de Pérdida do Chip, o/a atleta poderá mercar outro a través da páxina de Championchip o mesmo precio de 20 €.
- No caso de Pérdida ou Rotura de Dorsal, poderá solicitar un segundo dorsal na carpa de organización ata 30´antes da primeira saida. Non haberá posibilidade de solicitar un terceiro dorsal.


5.- CLASIFICACIÓN XERAL INDIVIDUAL
- Para puntuar neste circuíto terás que participar en 6 das 7 que compoñen o circuíto.
- Se corres 7 probas poderás descartar unha carreira, e puntuarás cos teus mellores 6 resultados para a xeral individual.
- En caso de empate entre atletas para a xeral final:
- Maior número de probas disputadas
- Mellor resultado nas carreiras disputadas
- Mellor resultado na proba final ( Frigsa )


6.- CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL POR CATEGORÍAS
- Este circuíto será puntuable en cada carreira en función da clasificación por categorías.
- Para entrar na clasificación final deberá de participar polo menos en 6 das 7 probas que compoñen o circuíto para poder optar os premios finais para os/as tres primeiros/as de cada categoría.
- A puntuación alcanzada irá en función do posto acadado en cada unha das probas: 1º-1 pto / 2º - 2 ptos / 3º - 3 ptos..... de xeito que a puntuación canto menor sexa significará mellor posición na clasificación individual.
- Se o/a atleta finaliza todas as probas descartará automaticamente os dous peores postos puntuando cos seus mellores seis resultados acadados.
- Ao rematar a derradeira proba do circuito ( Frigsa )


7.- CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS
- Os equipos serán todos Mixtos para poder participar nesta clasificación.
- Para puntuar en cada carreira deberán de facelo cun mínimo de 4 HOMES e 4 MULLERES
- O equipo deberá de puntuar nas 7 carreiras do circuíto.
- O Atleta deberá de definir o seu equipo na súa primeira inscrición, que non poderá cambiar en todo o circuíto .
- Non se poderá fichar por parte dos equipos a ningún atleta nas derradeiras 4 probas do circuíto, non habendo este corredor/a novo competido en ningunha proba do presente circuíto.
- As/os atletas na súa inscrición deberán de reflexar o mesmo nome de equipo para que se faga efectivo na clasificación.
- As atletas femininas puntuan por postos dentro da xeral feminina e os atletas masculinos o mesmo na xeral masculina.
- O/A ATLETA QUE NON PORTE DORSAL OFICIAL NA SÚA ENTRADA A META, non poderá formar parte deste clasificación por equipos, polo que pasará a puntuar o seguinte compoñente que entre en meta.
- O equipo gañador do circuíto terá como premio final o desprazamento gratuíto do mesmo en autobús a unha proba atlética calquera que sexa, dentro da comunidade galega antes do 31 de Decembro de 2014.
- Os tres primeiros clasificados por equipos terán trofeo a recibir na cerimonia final de temporada a celebrar na derradeira proba ( Frigsa )

8.- RESULTADOS DE CADA CARREIRA
- Os/as atletas poderán comprobar o seu resultado escaneando no seu dorsal o codigo QR mediante o seu teléfono móbil.
- Aparecerán o mesmo día da proba na páxina www.championchipnorte.com , e posteriormente se publicará as clasificacións xerais e por categorías.
- Todas as semanas despois das carreiras, aparecerá a clasificación individual impresa no diario El Progreso.

9.-PREMIOS Á PARTICIPACIÓN NO CIRCUÍTO
- O longo do circuíto os nosos patrocinadores sortearán entre todos/as os/as participantes adultos chegados/as á meta, diversos agasallos que serán anunciados coincidindo coa publicación dos resultados, nas páxinas do diario El Progreso.
- O finalizar o circuíto todos/as atletas que finalicen polo menos 6 probas, orbterán un Diploma Commemorativo da participación nesta 14ª Edición do CIRCUÍTO LARSA CCNOS 2013 – 2014 a recoller nas oficinas do noso colaborador MACROCOPIA.
-Os organizadores e colaboradores das probas non se farán responsables dos danos morais, materiais ou persoais que así mesmos e a outras persoas ocasionen ós participantes das carreiras.
- Dado o carácter estrictamente deportivo e popular destas probas, non se admitirán reclamacións sobre os resultados das carreiras. A participación leva implícita a aceptación do Regulamento do circuíto CCNOS.
- A partir da segunda proba poderán inscribirse todos/as os novos/as atletas que queiran segundo as condicións anteriormente expostas no regulamento, e sempre e cando haxa disponibilidade de dorsais e chips.

:: Comenta o Corre con Nós neste tema do foro ::