Calendario
Info da proba

A Rúa

22/12/2013 12:00 - 14:00
Regulamento
II Carreira e Andaina Popular do Nadal, A Rúa
1 Kg Solidario

Data: domingo, 22 de decembro de 2013.
Hora: 12:00 h.
Lugar: A Rúa.
Distancia: 8.000 m.
Organiza: Concello de A Rúa de Valdeorras
Inscrición: na web da proba.
Web: Delegación Valdeorresa de Atletismo



:: Comenta a proba de A RÚA neste tema do foro ::


O Concello de A Rúa de Valdeorras coa colaboración da Asociación Deportiva Amigos do Deporte Ourensá, a Delegación da F.G.A en Valdeorras, e o Clube ADAS-Proinor, organiza a IIª CARREIRA E ANDAINA POPULAR DO NADAL, que se desenrolará o vindeiro 22 de DECEMBRO do 2013. Proba oficial da F.G.A

CIRCUITO

As distancias son orientativas e non homologadas, o circuíto urbano consta de unha volta de 8.000 mts. Aproximadamente.

INSCRICIÓNS

1º.- As inscricións para a carreira e a andaina se realizará a través dun formulario de inscrición na páxina web da Delegación Valdeorresa de Atletismo (http://www.fgatletismo.es/valdeorras/).

Tamén se poderá inscribir para a carreira e a andaina nas tendas de deportes de A Rúa e nas tendas de
Tri-sport en O Barco, A Rúa e Monforte.
2º.- As INSCRICIONS deberán estar en poder da Organización antes das 20.00 h.do martes 17 de decembro.
3º.- As inscricións para a carreira como para a andaina terán un costo de 6€.
4º.- Poderase inscribir no mesmo dia ata 1 hora antes do comezo da proba tendo un custo de 3€ o cal non terán dereito a bolsa do corredor
5º.- O pago farase mediante transferencia bancaria o ingreso no seguinte número de conta:
0081 0507 5300 0109 7513-BANCO SABADELL
E obrigatorio poñer no concepto da transferencia/ingreso o seguinte texto:“NADAL” Indicando o seu Nome, Apelidos e número de D.N.I.
6º.- As inscricións dos cativos Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, faranse ata 30 minutos antes do inicio das probas, na propia secretaría da proba, sendo esta inscrición gratuíta.
7º.- .-A retirada de dorsais realizarase na secretaría habilitada para tal fin, na estación de autobuses de A Rúa, de 10 a 11.30 h.


No momento da retirada do dorsal da carreira absoluta os participantes e acompañantes poderán facer entrega dun 1kg. SOLIDARIO, DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS PARA SER DONADOS A CARITAS


PREMIOS

- Haberá trofeo os 3 primeiros clasificados da Carreira Popular masculina e feminina.
- Haberá trofeo para o primeiro e medalla para o segundo e o terceiro clasificado nas seguintes categorías: Xuvenil/Xunior, Veteranos A-B-C-D e Veteranas A-B-C masculino e feminino.
- Haberá trofeo para o primeiro atleta local masculino e feminino.
- Nas carreiras de Cadete, Infantil, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns entregaranse medallas para tódolos participantes ata chegar os 20 primeiros de cada categoría.
- Os trofeos non serán acumulativos.
- Obsequiarase cunha bolsa do corredor a os atletas da carreira absoluta.

HORARIOS

11.30H ANDAINA POPULAR 8.000 M
12.00H CARREIRA POPULAR ABSOLUTO MASC. e FEM.8.000 M
XUVENIL/XUNIOR MASC. e FEM 1995,96,97 e 98
VETERANS MASC.“A” e FEM.“A” 35 A 44 ANOS
VETERANS MASC.“B”e FEM.“B” 45 A 54 ANOS
VETERANS MASC. “C”e FEM.“C” 55 A 64 ANOS
VETERANS MASC. “D” + DE 64 ANOS
13.00H ENTREGA DE TROFEOS

13:15H CADETE MASC. e FEM. 1999 e 2000 1.500 M
13.15H INFANTIL MASC. e FEM. 2001 e 2002 1.000 M
13.25H ALEVINS MASC. e FEM. 2003 e 2004 500 M
13.30H BENXAMIN MASC. e FEM. 2005 e 2006 300 M
13.35H PREBENXAMÍNS MASC.e FEM. 2007 e anteriores 150 M


:: Comenta a proba de A RÚA neste tema do foro ::