Calendario
Info da proba

San Roque, Ribeira

24/11/2013 10:30 - 14:00
Regulamento II Cross-Trail "Parque de San Roque" - Unicef

Data: domingo, 24 de novembro de 2013.
Hora: a partir das 10:30 h.
Lugar: Parque de San Roque (Ribeira)
Distancia: hasta 6.000 m.
Organiza: Atletismo Virxe da Guía e Asociación de Veciños de Carreira.
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: www.carreira.info
www.riveira.es

Carreira benéfica cuios beneficios irán íntegramente para a UNICEF, a celebrar no fin de semana posterior ó Día Internacional da Infancia (20 de novembro).
Trátase dunha carreira coa estructura dun cross (en forma de circuito), pero con terrenos máis propios dun pequeno trail (fortes subidas e baixadas técnicas, terreno variable con herba, terra, pedra…). Os circuitos dos pequenos evitan as zonas delicadas do recorrido.

Asimismo, celebrarase un proba de cross, cun tipo de terreno menos esixente, así como unha proba de iniciación ó cross-trail, que se correrá en grupo, de xeito neutralizado, e deixando os derradeiros 500 metros para correr de xeito libre.


REGULAMENTO

CATEGORÍAS, ANO DE NACEMENTO, HORARIOS, DISTANCIAS

CROSS
Senior (H/M) Nacidos en 1978 y posteriores 10:30 5.000 m.
Veteranos A (H/M) Nacidos en 1977 e anteriores 10:30 5.000 m.

Infantil (H/M) 2000-2001 11:10 1800 m
Cadete (H/M) 1998-1999 11:30 2.500 m
Xuvenil (H/M) 1996-1997 11:30 2.500 m


CROSS TRAIL INICIACION (H/M) Sin categorías. 11:50 3000 m.

CROSS
Prebenxamín (H/M) 2006-2009. 12:20 h 320 m
Benxamín (H/M) 2004-2005 12:30 h 700 m.
Alevín (H/M) 2002-2003 12:40 1300 m
Chupetes (H/M) 2010-2013 12:55 100 m

CROSS TRAIL:
Senior (H/M) Nacidos en 1978 y posteriores 13:00 h 6.000 m
Veteranos (H/M) Nacidos en 1977 e anteriores 13:00 6.000 m

PREMIOS
Medallas para os tres primeiros de cada categoría.


INSCRICIÓN E CONTROL DA CARREIRA
As inscricións para todas as categorías son gratuítas. Ó tratarse dunha proba benéfica a favor de UNICEF, ca recollida do dorsal poderá facerse unha donación para dito organismo.

O dorsal da dereito a correr hasta 3 probas (cross, cross-trail iniciación e cross-trail).

A inscrición pódese realizar nas web:
http://www.carreira.info
http://www.riveira.es

As inscricións abriranse o luns, 4 de novembro.
O último día para facer a inscrición será o sábado, día 23 de novembro ás 13:00 h., ou antes si se acada o número máximo de inscritos: 300 participantes.

Organiza: Asociación de Veciños de Carreira (Atletismo Virxe da Guía)
Colabora: Concello de Riveira, www.carreira.info; Unicef.