Calendario
Info da proba

Xermade

10/11/2013 11:00 - 13:00
Regulamento
IV Carreira Popular de Xermade
II Andaina contra a violencia de xénero

Data: 10 de novembro de 2013.
Hora:
11:00 Categorías escolares
12:15 Categoría Absoluta
Lugar: Praza do Concello, Xermade.
Distancia: proba absoluta 5.000 m (mesmo percorrido).
Organiza: Concello de Xermade.
Inscrición: na we da Federación Galega de Atletismo.



:: Participa no foro de carreiras populares ::


Trofeos ós tres primeiros de cada categoria (non haberá premios económicos).

Xunto coa carreira celebraremos a II Andaina contra a violencia de xénero (3 kms).

Na zona de saída-chegada haberá unha recollida de tapóns de plastico para colaborar coa fundación SEUR.

Inscripcións da andaina faranse no propio concello a través do teléfono 982 501 008.


O Concello de Xermade, organiza o vindeiro día 10 de novembro a IV Carreira Popular Concello de Xermade xunto coa II Andaina contra a violencia de xénero. A proba contará co control técnico da FGA a través da súa delegación en Lugo.

REGULAMENTO
Art. 1. Poderán participar atletas federados e non federados, haberá una clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da FGA.

Art. 2. CATEGORÍAS
CATEGORÍA NADO
Prebenxamin 2007/08 e posteriores
Benxamin 2005/06
Alevín 2003/04
Infantil 2001/02
Cadete 1999/00
Xuvenil 1997/98
Xunior 1995/96
Promesa 1992/93/94
Senior 1991 e anteriores
Veteranos A 35 – 50 anos
Veteranos B 51 – 64 anos
Veteranos C + 65 anos

Art. 3. DISTANCIA E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11:00 Prebenxamin 150 m
11:10 Benxamin 350 m
11:20 Alevín / Infantil 900 m
11:40 Cadete / Xuvenil 2.700 m
12:15 Xunior / Promesa / Senior / Veteranos 5.500 m
12:15 Andaina 3.000 m

Os participantes na andaina colocaranse na parte posterior da saída para non entorpercer a saída dos participantes na carreira popular.

Art. 4. LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída e a chegada das probas será na praza do Concello.

Art. 5. INSCRICIÓNS
As inscricións faranse na páxina web da FGA. Na inscrición figurará nome e apelidos completo e DNI.
- Serán de balde ata a categoría Xuvenil.
- Dende xunior e maiores a inscrición custará 5 €.

A data límite da inscrición será o xoves día 7 as 13:00 horas.

A inscrición da andaina tamén será de balde e poderase facer na páxina da FGA, no enderezo manuelavromero@gmail.com ou no teléfono 982 50 10 08 ou 669 46 16 27. Na andaina poderanse inscribir independentemente da idade xa que non ten carácter competitivo.

Non se admitirán inscricións o día da proba.

Art. 6. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais farase na zona de saída ata 30 minutos antes da proba.

Art. 7. PREMIOS
Por categorías, haberá medalla para os tres primeiros participantes masculino e feminino e agasallos para todos os participantes.

Carreira absoluta: Trofeo para os tres primeiros de cada categoría masculino e feminino.

Tamén haberá trofeo para o primeiro/a clasificado do concello de Xermade.

Art. 8. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.

Art. 9. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos os participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.

Art. 10. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente o Xuíz Arbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Art. 11. Servizos.
Haberá avituallamento para todos na chegada a meta.

Tamén estarán dispoñibles as duchas do pavillón polideportivo municipal.

Art. 12. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA, RFEA e IAAF en vigor.


:: Participa no foro de carreiras populares ::