Calendario
Info da proba

Cuntis

06/07/2014 9:00 - 14:00
Regulamento
II Trail de Montaña Vila de Cuntis


:: Comenta o Trail de Cuntis neste tema do foro ::

Regulamento

1. A carreira celebrárase o día 6de xullo de 2014 con saída e chegada na Praza das Árbores do Concello de Cuntis, e rexérase polo presente regulamento. A saída será ás 9:00 horas.

2. A proba terá un recorrido aproximado de 29 Km e discurrirá por parte dos montes de Cuntis: Castro Sevil, Alto de Mesego, Vilar, Monte de Arcos, Castrolandín e o Pazo, acumulando un desnivel (positivo e negativo) de 2750 metros aproximadamente.

3. CATEGORÍAS: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, hasta un máximo de 300 participantes, repartidos nas seguintes categorías (anos cumpridos o día da proba):

- Absoluta (masculino e feminina)
- Veteranos 45 ou máis.
- Veteranas 40 ou máis.

4. INSCRICIÓNS: Desde o 19 de maio ata o 3 de xullo segundo os métodos indicados no apartado de inscricións.

5. PREZO: O importe da inscrición é de 14 € para todos os corredores federados ou non federados ata ás 00.00 horas o día 3 de xullo. Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, aloxamento no pabellón municipal de Cuntis, comida postcarreira, servizo de gardería con animadores socio-culturais e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.

6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O recorrido estará sinalizado con cinta de plástico de cor vermello e branco, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos. Existirán referencias kilométricas en todos os puntos posibles.

7. TEMPOS DE PASO: Os/as participantes que sobrepasen as 3 horas 30 minutos no paso polo Alto de Mesego (km 15), deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os "Corredores Escoba" ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a si o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella. O/A corredor/a que se retire deberá avisar ao control máis próximo e facer entrega do dorsal.

8. AVITUALLAMENTOS: Existirán 4 avituallamentos líquidos, máis ou menos cada 6 km e 2 avituallamentos sólidos, km. 12 e 24, máis o final de meta que será líquido e sólido. Se o día é de moita calor, a partir do km. 12 porase avituallamento líquido (só auga) cada 3 km.

9. PREMIOS: Entregarase un trofeo aos tres primeiros de cada categoría.

10. Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpran o presente regulamento, non complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.

11. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

12. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de carretera.

13. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en moto, bicicleta, quad por todo o circuito.

14. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basarase nos regulamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).


ANDAINA

1. A andaina celebrárase o día 6de xullo de 2014 con saída ás 9:05 horas na Praza das Árbores en Cuntis, e rexérase polo presente regulamento.

2. A proba celebrarase sobre un recorrido aproximado de 14 Km polos montes cercanos ao Concello de Cuntis.

3. INSCRICIÓNS: Ata un máximo de 200 andaríns, desde o 19 de maio ata o 3 de xullo segundo os métodos indicados no apartado de inscricións. Os menores de 16 anos só poderán participar se van acompañados por un adulto.

4. PREZO: O importe da inscrición é de 3 € para todos os participantes ata ás 00.00 horas o día 3 de xullo. Dita inscrición da dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, avituallamentos, duchas, aloxamento no pabellón municipal de Cuntis, comida postcarreira, servizo de gardería e cantos obsequios ou regalos consiga a organización.

5. SINALIZACIÓN: O recorrido estará sinalizado con cinta de plástico de color vermello e branco.

6. AVITUALLAMENTOS: Haberá 1 avituallamento sólido/líquido na metade do recorrido e o de meta.

7. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

8. Os/as participantes están obrigados a auxiliar aos accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de carretera.

9. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos andaríns en moto, bicicleta, quad por todo o circuito.

10. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.

11. O tempo máximo para a realización do recorrido será de 5 horas.



PROTECCIÓN DE DATOS

Todo participante, ao formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, xa sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información relativa ao evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.

Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable CdM Xesteiras. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.


:: Comenta o Trail de Cuntis neste tema do foro ::