Calendario
Info da proba

O Corgo, Lugo

20/10/2013 10:30 - 12:30
Regulamento
V Carreira Popular Arumes do Corgo, Lugo

Data: 20 de outubro de 2013 ás 10:30 h en fronte do CEIP do Corgo
Hora: a partires das 10:30 h.
Lugar: Fronte do CEIP do Corgo.
Distancia: ata 5.300 m na proba absoluta.
Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo
Inscrición: na web da Federación Galega de Atletismo
Contacto:
Email: arumescorgo (arroba) gmail.com
Teléfono: 626 73 93 90
Web: Arumes do Corgo (máis información)





:: Participa no foro de carreiras populares ::



Colabora economicamente: Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo (Área de Deporte) e o Concello do Corgo.
Colabora tecnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
Outros colaboradores: Coca Cola-Begano, Club de Atletismo Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo, Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno...

PREMIOS
- Prebenxamín e benxamín: trofeo para o primeiro de cada categoría, medalla especial para o segundo clasificado (diferenciando homes e mulleres) e medallas para o resto de participantes. Camisetas para todos.
- Alevín, infantil, cadete e xuvenil: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para todos.
- Iúnior, promesa, senior e veteranos: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada categoría (diferenciando homes e mulleres). Camisetas para os 150 primeiros.

- Carreira absoluta (5300 m): Primeiro: 100 € / Segundo: 75 € / Terceiro: 50 €

Diferenciaranse homes e mulleres.
- Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría empadroados no concello do Corgo.
- Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade

A entrega de premios será en fronte do CEIP do Corgo e comezará, aproximadamente, ás 12:15h.

INSCRICIÓN E CONTROL DA CARREIRA
Os dereitos de inscrición para todas as categorías son gratuítos.

Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, teléfono fixo, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza.

Hai que realizar a inscrición a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo: http://www.atletismogalego.com

O control de tempos levarase a cabo dun xeito electrónico e supervisado por xuíces da FGA.

O último día para facer a inscrición será o xoves, día 17 de outubro ás 13:00 h. Ante calquera dúbida relacionada coa inscrición da proba, chamar a 626 73 93 90.

NORMAS PARA OS PARTICIPANTES
- A V Carreira Popular Arumes do Corgo é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo.
- O idioma empregado pola organización da proba deportiva, tanto a nivel oral como escrito, será o galego.
- Non se autorizará a participación de atletas estranxeiros, agás os portugueses que non foran internacionais co seu pais.
- Non se admitirán inscricións fóra de prazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.

- A recollida do dorsal para disputar a carreira, poderá facerse o día da proba no posto da organización dende as 9:00 h ata ½ hora antes do inicio da carreira correspondente.

- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
Non respectar as indicacións dadas pola organización.
Non realizar todo o circuíto da carreira.
Non levar dorsal ou manipular este.
Falsificar datos persoais.

- Os participantes que circulen fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin da proba consideraranse usuarios normais da vía, e non lles será aplicado esta normativa especial.

- Todos os participantes que obteñan premios nas diferentes categorías deberán, se for preciso, presentar o DNI ou calquera outro documento acreditativo da idade correspondente á categoría.

- A organización da proba non se fai responsábel dos danos morais e materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias o imprudencias que poidan cometer durante o transcurso da mesma.

- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.

- A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente).

- Todos os participantes teñen a obriga de cumprir as normas particulares do regulamento da proba.

- Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira (ver plano):
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Zona de lecer para nenos.
7. Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
8. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).


:: Participa no foro de carreiras populares ::