Calendario
Info da proba

Volta á Ría, Fene

01/12/2013 11:00 - 13:30
Regulamento
Medio Maratón Volta á Ría de Ferrol, Fene
XXVIII Memorial Adolfo Ros

Data: domingo, 1 de decembro de 2013.
Hora: 11:00 h.
Lugar: saída dende Fene. Pavillón Municipal "A Xunqueira" de San Valentín.
Distancia: 21.097 m.
Organiza: Concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda.
Inscrición: Ata o 28 de novembro. Ver punto 9 de regulamento.






:: Comenta o Memorial ADOLFO ROS neste tema do foro ::


O vindeiro día 1 de Decembro de 2013, ás 11 horas, terá lugar a saída do "XXVIII MEMORIAL ADOLFO ROS"-VOLTA Á RÍA, que se celebrará conforme co seguinte:

REGULAMENTO XERAL
1.- A saída e chegada terá lugar no Pavillón Municipal "A Xunqueira" de San Valentín.

2.- O percorrido será de Media Maratón (21.097,5 mts., aproximadamente), e discorrerá polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda.

3.- A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Garda Municipal dos catro concellos, que regularán o tránsito ao longo do percorrido.

4.- Así mesmo actuarán como colaboradores habilidados organizacións de Protección Civil dos catro concellos citados.

5.- Está prohibido o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descalificación dos atletas que a infrinxan. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio á organización, que contarán con roupa apropiada e visible

6.- O percorrido estará sinalizado cada Kilómetro.

7.- No percorrido estableceranse controles , así como postos de avituallamiento situados nos concellos de Ferrol, Narón, Neda e Fene, e estarán nos kilómetros 5, 10 ,15 e 20

8.- O control de chegada pechará unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado.

9.- As inscricións nas categorías de A ata a I, poderanse efectuar do 16 de outubro ata o 28 de novembro no seguinte enderezo: www.championchipnorte.com

As inscricións na proba de menores, tanto individuais como colexios faranse igualmente nas mesmas datas (do 16 de outubro ao 28 de novembro) www.championchipnorte.com

Para calquera dúbida ou incidencia na inscripción poderán chamar aos seguintes teléfonos:
Champion chip Norte: 982.816.884

Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene (de 8:30 a 14:30 h.) :
981.340.366
607.615.962

Aqueles que se inscriban máis dunha vez, inducindo a posible erro á Organización, quedarán descalificados e non terán dereito a premio.

10.- A Organización conta con Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recoménda aos participantes que con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.

11.- A retirada de dorsais e chips terá lugar o sábado, día 30 de novembro en Fene de 10:00 a 20:00 horas e o domingo, día 1de decembro, no mesmo lugar da proba dende as 09,00 ata as 10:30h.

Os dorsais colocaranse en lugar visible no peito, respectándose a publicidade existente neles. Caso contrario o infractor será descalificado.

O acto de recollida de dorsais e chip entenderase como confirmación de participación, debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente.

12.- Dereitos de inscrición: Os participantes deberán pagar a cantidade de 3 euros de inscrición para as categorías da A ata a I. Máis información na páxina web www.championchipnorte.com

13.- Establecense as seguintes categorías :
A.- Nacidos/as 1995 e 1996
B.- Nacidos/as 1992, 1993 e 1994
C.- Nacidos/as 1991 ata 35 anos cumpridos o día da proba
D. - De 35 a 40 anos
E. - De 41 a 49 anos
F. - De 50 a 59 anos
G. - A partir de 60 anos
H. - Minusválidos/as en cadeira de rodas
I. - Residentes dos Concellos organizadores (Fene, Ferrol, Narón e Neda) nacidos no 1996 e anteriores

14.- Premios :
Haberá trofeos para os tres clasificados de cada categoría.

Os residentes nos concellos organizadores que obteñan premio, deberán xustificar a súa residencia en calquera dos catro concellos ( Fene, Ferrol, Narón ou Neda ).

Haberá unha camiseta para tódolos participantes en categoría absoluta.

15.- A entrega de premios terá lugar ás 13:30 horas no "Pavillón polideportivo da Xunqueira" de San Valentín.

16.- A proba será controlada polo Comité Territorial de Xuices de Atletismo e rexerase polas normas do Regulamento da IAAF.

17.- A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que poidan sufrir los atletas antes, durante ou como consecuencia da súa participación nesta proba.

18.- Os participantes deberán correr en todo momento pola dereita da calzada , sendo motivo de descalificación calquera infracción deste punto.

19.- A Organización poderá modificar o presente Regulamento, sen previo aviso naqueles apartados contemplados na Cláusula 5ª do Convenio (Cada Concello adaptará cada ano os apartados do Regulamento que afecta á edición, percorrido, colaboradores habilitados e idade dos atletas participantes, así como as modificacións que puideran xurdir con motivo de normas federativas ou do Ministerio do Interior que afectaran ao desenvolvemento da proba ) . Asemade, resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste Regulamento.

20.- A inscrición na proba suporá a total aceptación deste Regulamento por tódolos atletas participantes.

21.- A proba terá o seguinte percorrido :
Saída : FENE
San Valentín Avda. do Mar
Rúa Tellerias
Rúa Cruceiro
Rúa Hortela
Rúa da Xunqueira
Avda. Marques de Figueroa
Av. As Pías -

Entrada en FERROL
Avda. das Pías
Rúa Venezuela
Rúa Chile
Rúa Nova de Caranza
Rúa República Argentina
Rúa Adolfo Ros
Rúa Mejico
Rúa Nova de Caranza
Estrada de Castela

Entrada en NARÓN
Ponte das Cabras
Carretera de Castilla
Rotonda Freixeiro
Estrada de Castela -

Entrada en NEDA
Ponte de Xubia
Av. de Xubia
Cruce Av. Xubia con Toeleira
Toeleira - Coto - Santa María - Av. Algeciras
Medico Cebreiro
Puntal

Entrada en FENE
Avda. de Conces
Cruce Iglexia
Avda. Pías
San Valentín Avda. do Mar

CARREIRA DE MENORES
A continuación da saída do XXVIII CARREIRA POPULAR "MEMORIAL ADOLFO ROS", terá lugar a carreira das categorías de menores, cun percorrido de aproximadamente 2 Km. para as categorías Benxamin, Alevín e Infantil masculino e feminino, e de 4Km (aprox) para as categorías, Cadete e Xuvenis masculino e femenino, e discorrerá polo Concello de Fene cos mesmos puntos de saída e chegada que a carreira principal na Avenida do Mar de San Valentín.

As idades das categorías tanto para nenas como para nenos, serán as seguintes:
BIBERÓN: Nacidos nos anos 2007/2008
BENXAMIN:: Nacidos/as nos anos 2005/2006
ALEVÍNS: Nacidos/as nos anos 2003/2004
INFANTÍS: Nacidos/as nos anos 2001/2002
CADETES: Nacidos/as nos anos 1999/2000
XUVENÍS: Nacidos/as no ano 1997/1998

Na categoría Biberón, premiarase cunha medalla a tódolos participantes.

Nas categorías restantes de menores, premiaranse con trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en nenos como en nenas. Para poder acceder aos premios haberá que xustificar documentalmente a idade dos participantes.

A proba rexerase polo Regulamento do XXVIII Memorial Adolfo Ros e o da IAAF.

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
A proba rexerase polo Regulamento Xeral da XXVIII CARREIRA POPULAR " MEMORIAL ADOLFO ROS" e do Regulamento da IAAF.

Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control ( unha hora dende que entre o primeiro clasificado ), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba co fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da vía , quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que pudiese acontecer (Regulamento Xeral de Circulación R.D 1428/2003).

O concello contará con avituallamento final tanto sólido como líquido tanto en categorías absolutas como en menores.
Haberá servicio de duchas e gardarroupa.


:: Participa no foro de carreiras populares ::