Calendario
Info da proba

Lariño - Carnota

19/10/2013 15:00 - 17:00
Regulamento
I Cross de Lariño, Carnota

Data: sábado, 19 de outubro de 2013.
Hora: a partires das 15:00 h.
Lugar: Casa da Cultura. Lariño (Carnota)
Distancia: de 100 a 11.000 m.
Organiza: AA.VV. INSUA
Inscrición: ata o mércores 16 de outubro as 14h. Ver punto 4 do regulamento.





:: Participa no foro de carreiras populares ::


REGULAMENTO
1º. A proba de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA DA CASA DA CULTURA. As probas de infantís-cadetes e xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e superveteráns farase no circuíto sinalado pola organización (o circuito é mixto: terra-asfalto).

2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.

3º. A clasificación será por categorías.

4°. As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico AAVVINSUA@gmail.com, ate ás 14:00 horas do mércores día 6 de outbro do 2013. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento(en ningún caso se inscribirá ningún corredor que omita este dato), sexo, localidade, clube (se procede) e teléfono de contacto. Aínda que se admitirán inscricións ata media hora antes de cada carreira para aqueles participantes que non poideran facelo antes, prégase que as mesmas se realicen antes para evitar apuros de última hora.

5º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

6°- Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización. Os corredores que cheguen á meta sen o seu dorsal serán automaticamente descalificados.

7°- A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O non recollido nel resolverase segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.

8°- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu desenvolvemento.

9°- Aínda que a proba sexa de carácter estrictamente deportivo e popular admitiranse reclamacións, pero espérase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todas e todos os participantes.

10°. En cada proba cerrarase o control así que transcorra o dobre do tempo empregado polo vencedor.

11° Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.

12°. A organización poderá agrupar categorías e anticipar a hora de saída dalgunhas carreiras en función dos corredores inscritos en cada unha das categorías.

13º. A entrega de trofeos farase ao rematar a proba.

14º. E de obrigado cumprimento acudir o protocolo da entrega de medallas na categoría individual por parte do atleta premiado. En caso contrario o atleta non recibirá as medallas ou trofeos.

RETIRADA DE DORSAIS
- Na mesa de control da organización situada na CASA DA CULTURA ata media hora antes de cada carreira.

CATEGORÍAS E HORARIOS
Pitufos 2009 e seguintes 16:40 h 100 metros
Prebenxamíns 2006-2008 16:45 h. 300 metros
Benxamíns 2004-2005 15:15 h. 1.000 metros
Alevíns 2002-2003 15:30 h. 1.000 metros
Infantís 2000-2001 16:00 h. 3.000 metros
Cadetes 1998-1999 16:00 h. 3.000 metros
Xuvenil/Xunior 1994-1997 16:30 h. 11.000 metros
Promesa/Senior 1979-1993 16:30 h. 11.000 metros
Veteranos 1968 ao 1978 16:30 h. 11.000 metros
Superveteranos 1967 e anteriores 16:30 h. 11.000 metros



:: Participa no foro de carreiras populares ::