Calendario
Info da proba

Vigo +11

20/10/2013 11:15 - 12:45
Regulamento
VIII Carreira Popular Vigo +11
Trofeo El Corte Inglés

Data: domingo, 20 de outubro de 2013.
Hora: 11:15 h
Lugar: saída e Meta da Rúa Concepción Arenal – Hotel Ciudad de Vigo.
Distancia: 11.000 aproximadamente.
Organiza: Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo.
Inscrición:
Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, cubrindo o Boletín de Inscrición en El Corte Inglés de Vigo, Departamento de Deportes – Planta 6ª, de 11:00 a 21:00 h ou a través da web www.atletismogalego.org
Cuota: 5 €, Poderá abonarse ao facer a inscrición en El Corte Inglés.
Web: Federación Galega de Atletismo





:: Participa no foro de carreiras populares ::


A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, co patrocinio do Concello de Vigo, El Corte Inglés, e Faro de Vigo,organizan a VIII Carreira Popular VIGO +11 "Trofeo El Corte Inglés", baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

Avituallamiento para tódolos participantes na rúa Tomás A. Alonso, frente a Barreras, e na rúa Venezuela antes de El Corte Inglés.

Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, cubrindo o Boletín de Inscrición en El Corte Inglés de Vigo, Departamento de Deportes – Planta 6ª, de 11:00 a 21:00 h., ou a través da web www.atletismogalego.org
Cuota: 5 €, Poderá abonarse ao facer a inscrición en El Corte Inglés.

Ou en caso de facer a inscripción no sitio web www.atletismogalego.org a través da correspondente pasarela segura de pago. O que non finalice o proceso de pago, non quedará inscrito.
Poderase confirmar a correcta inscrición pola web de forma inmediata, se aparece nos listados publicados.

Prazo de inscrición: Via web ata o día 16 de outubro as 24:00. Ou en El Corte Inglés ata o 15 de outubro as 21:00 h. Non admitíndose ningunha inscrición fóra de prazo, nin o mesmo día da carreira.

Entrega de dorsales e chips: Efectuarase en El Corte Inglés de Vigo o día 19 de outubro, desde as 11:00 ás 14:00 horas e desde as 17:00 ás 21:00 horas, na Planta 6ª e o día da Carreira na liña de meta a partir das 9:00.

Premios: Recibirán trofeo, os tres primeiros clasificados, tanto masculino como feminino, de cada categoría.

PREMIOS EN METÁLICO
300 € 1º absoluto masculino 1ª absoluta femenina
200 € 2º absoluto masculino 2ª absoluta femenina
150 € 3º absoluto masculino 3ª absoluta femenin
100 € 4º absoluto masculino 4ª absoluta femenina
50 € 5º absoluto masculino 5ª absoluta femenina

A proba está incluida no circuito de carreiras populares do Concello de Vigo.

O día da carreira, os participantes deberán levar o dorsal e o chip no peito ben fixados e visibles.

Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito visible na zona do peito será automáticamente descalificado.

A participación de atletas extranxeiros regulase polo artigo 3.4. do Regulamento para as competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas da RFEA.

Dito artigo pódese consultar no seguinte enlace: http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento_competiciones.pdf

HORARIOS e CATEGORÍAS
A saída se dará as 11:15 h.

Categorías Nados
Júnior 1993-1994
Promesa 1990-1991 e 1992
Sénior 1989 ata 40 anos cumpridos
Veteranos/as 40 ata 44 anos
Veteranos/as 45 ata 49 anos
Veteranos/as 50 ata 60 anos
Veteranos/as 61 anos en diante

Os participantes, recibirán unha camiseta técnica.

Habera servizo de duchas no Real Club Náutico de Vigo a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas.

A Organización non se responsabiliza dos danos que podan sufrir os participantes.

As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento IAAF en vigor.

Colaboran: Begano S.A. Coca Cola, Autoescuelas Faro, Asamblea Local da Cruz Vermella, Policía Municipal, Protección Civil de Vigo, Oficina Municipal de Voluntariado, Real Club Náutico de Vigo, Autoridade Portuaria de Vigo.

Plano

Cartel


:: Participa no foro de carreiras populares ::