Calendario
Info da proba

San Martiño, Ourense

17/11/2013 11:00 - 13:00
Regulamento
XXXVII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, Ourense

Data: domingo, 17 de novembro de 2013.
Hora e distancias:
- Carreira Absoluta, ás 11:00 h, 10 km: nados no ano 1996 e anteriores.
- Carreira Escolar, ás 12:30 h, 4’7 km: nados entre os anos 1997 e 2004. Os adultos non poderán acompañar ós participantes, nin acceder ós avituallamentos nin entrarán nas clasificacións.
- Carreira de Cativos, ás 13:00 h, 1’4km: nados no ano 2005 e posteriores. Poden ir acompañados dun adulto responsable que a ningún efecto se considerará participante.
Lugar: saída da Ponte do Milenio, Ourense.
Organiza: Consello Municipal de Deportes de Ourense
Inscrición: na web da proba.
Web: Concello de Ourense




:: Participa na PREVIA á San Martiño o martes día 12 ::

:: O teu obxectivo para a proba ::

:: Comentarios sobre a SAN MARTIÑO neste tema do foro ::


REGULAMENTOS CARREIRA SAN MARTIÑO

A XXXVII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 17 de novembro de 2013.

REGULAMENTO XERAL E DA CARREIRA ABSOLUTA - 10KM
1. Esta carreira pedrestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.

2. Esta carreira pedestre está reservada para todas as persoas nadas no ano 1996 e anteriores.

3. A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.

4. O percorrido será de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, e discorrerá polas seguintes rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda. Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

5. Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis quedan establecidos do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.

6. Os avituallamentos estarán situados no Km 5 e no Pavillón Municipal dos Remedios.

7. O prazo de inscrición é desde o 15 de outubro ata o 10 de novembro. As inscricións realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

O corredor que desexe adquirir o chip en propiedade poderá facelo por un importe de 15€, precio especial San Martiño.

A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web e, despois de pechar o prazo de inscrición, o sábado previo á carreira na entrega e comprobación de chip, entre as 10 e as 20h.

A Organización non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.

O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do atleta de cumplir estes requisitos, aínda que se obtén un premio, deberá presentar a documentación que permita acreditar estes supostos nun prazo máximo de 5 días.

8. É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes que correran a cargo da Federación Galega de Atletismo, que atenderá as incidencias que se rexistren e derivará os accidentados os centros concertados si fora preciso. A Organización contará con servizos médicos a disposición dos corredores, non obstante, recoméndalles ós participantes someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.

A organización contara cun local debidamente sinalizado, atendido por unha persoa responsable, nomeada pola Federación Galega de Atletismo, para facilitar os partes de accidentes os interesados, formalizar a súa presentación e resolver as posibles incidencias dos accidentados.

9. A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade), dorsais e camisetas é o venres día 15 de novembro de 16h a 20h e o sábado día 16 de novembro de 9h a 20h na Cancha Central do Pavillón dos Remedios.

Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de chips, dorsais e camisetas será do mesmo xeito, nunca de maneira individual.

10. O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

11. A organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza dos efectos depositados no interior das bolsas.

12. Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
Júnior 1995 e 1996
Promesa 1992, 1993, 1994
Sénior 1991 ata veteranos
Veteranos/as A M–35 W–35
Veteranos/as B M-40 W-40
Veteranos/as C M-45 W-45
Veteranos/as D M-50 W-50
Veteranos/as E M-55 W-55
Veteranos/as F M-60 W-60
Veteranos/as G M-65 e posteriores W-65 e posteriores

13. Premios: Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as “absolutos” e “locais”;
trofeo ó/á primeiro/a clasificado/a de cada categoría e camisetas para todos os participantes ata esgotar existencias.

Clasificación “absoluta” Clasificación “locais”
1º posto: trofeo e 1.000 €
2º posto: trofeo e 700 €
3º posto: trofeo e 500 €
4º posto: 300 €
5º posto: 200 €
1º posto: trofeo e 200 €
2º posto: trofeo e 150 €
3º posto: trofeo e 100 €

Para optar ao premio de “locais”, o atleta con nacionalidade española, será nado e empadroado no Concello de Ourense.

Premio especial: 500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes: 28’49’’ ano 2010, Mulleres: 32’45’’ ano 2010).

Os premios non son acumulables agás o premio especial polo récord.

14. A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar. Sendo de obligado cumplimento a asistencia a Ceremonia de Premiacións para percibir os trofeos e os premios económicos.

15. Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

16. Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 15 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da Organización.

Reservaranse 200 postos para os/as atletas que teñan unha marca inferior a 36 minutos na carreira do San Martiño do ano anterior.

En caso de que o corredor non participara nesa edición a Organización tomará a decisión que estime máis oportuna previa recepción da solicitude onde o atleta faga constar os seus datos persoais, o nome e a data da competición.

17. Só poderán permanecer no percorrido os vehículos de axuda que a Organización estime oportuno, prohibíndose explicitamente o uso de bicicletas, patíns, carriños de bebé e/ou similares para evitar accidentes.

18. O percorrido, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro.

19. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados. Gravarase a chegada para solventar calquera reclamación.

20. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

21. O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e autoriza á Organización para poder facer uso das imaxes do evento.

22. Segundo as normas de competición da FGA, a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas, regiráse de acordo co disposto no artigo 3.4 do regulamento para as competicións de carreiras en carretera da RFEA. Máis
información desta norma en http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento_competiciones.pdf.

Aqueles atletas que a sabiendas da súa imposibilidade para participar nesta proba, proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descalificados.

A organización reservase o dereito a rechazar a inscrición dos corredores federados de outras federacións autonómicas que excedan os límites fixados pola RFEA para competicións de ámbito autonómico.

23. Esta proba pertence ó calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

24. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

25. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

REGULAMENTO DA CARREIRA ESCOLAR- 4,7 KM
1.- Esta carreira pedestre está reservada para todos os nenos/as nados entre os anos 2004 e 1997 que participen de forma individual e/ou a través dos centros escolares, tanto públicos coma privados.

2.- Os adultos non poderán participar nin acompañar ós participantes no percorrido escolar, non poderán acceder ás zonas de avituallamento nin entrarán na clasificación.

3.- A inscrición será gratuita e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores con DNI inscribiranse a través de [www.deportesourense.com]e os corredores sen DNI nas oficinas do Pavillón dos Remedios, C/ Pardo de Cela número 2.

4.- Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.700m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Av. de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Ribeira de Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.

5.- Os avituallamentos estarán situados na Av. De Pontevedra e no Pavillón Municipal dos Remedios.

6.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Alevín: Nados en 2003 e 2004
Infantil: Nados en 2001 e 2002
Cadete: Nados en 1999 e 2000
Xuvenil: Nados en 1997 e 1998

7.- Estableceranse clasificacións individuais e por colexios
- Clasificación individual:
Trofeo aos tres primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina.
- Clasificación por colexios:
Premio de 120 € en material deportivo para todos os colexios que alcancen un mínimo de 25 deportistas clasificados.

Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e os 6 primeiros colexios clasificados de Secundaria e Bacharelato recibirán premios en material deportivo:
1º 300€, 2º 250€, 3º 200€, 4º 150€, 5º 120€ e 6º 100€.

- Camisetas para todos os participantes que crucen a liña de meta e que entreguen o chip alugado, ata esgotar existencias.

8.- No momento de retirar os dorsais, o delegado do colexio, necesariamente un adulto, deberá recoller e devolver os chips dos seus participantes. Todos os inscritos que participan con chip de aluguer teñen a obriga de devolvelo ao remate da proba.

9.- A proba pedestre para escolares, salvo no especificado neste regulamento, rexerase polo Regulamento Xeral da XXXVII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

REGULAMENTO DA CARREIRA DE CATIVOS – 1,4KM
1.- Esta carreira está reservada para todos os nenos/as nados nos anos 2005 e posteriores, podendo ir acompañados dun adulto responsable que a ningún efecto se considerará participante.

2- Esta proba dará comezo ás 13h horas, con saída na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 1.400m, e discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.
3.- A inscrición será gratuita e farase preferentemente a través dos colexios en [www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores con DNI inscribiranse a través de [www.deportesourense.com]e os corredores sen DNI nas oficinas do Pavillón dos Remedios, C/ Pardo de Cela número 2.

4.- Todos os participantes que crucen a liña de meta e que entreguen o chip alugado, recibirán unha camiseta conmemorativa do evento, ata esgotar existencias.

Todos os corredores que cursen Infantil e Primaria, cuxa inscrición sexa tramitada polo colexio, puntuarán na Clasificación por Colexios.

5.- A Carreira de Cativos, salvo no especificado neste apartado, rexerase polo Regulamento Xeral da XXXVII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.

Centro de Información da proba:
Consello Municipal de Deportes
Oficinas do Pavillón dos Remedios
C/ Pardo de Cela número 2, 32003 Ourense
Teléfono: 988 370 539
info [arr] deportesourense.com
www.deportesourense.com


:: Comentarios sobre a SAN MARTIÑO neste tema do foro ::