Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Taboada "Entre pazos e carballos"
13/10/2013
11:00 - 13:00
Voltar
Regulamento
II Carreira Popular de Taboada
Data: domingo, 13 de outubro de 2013.
Hora: a partires das 11:00 horas
Lugar: Alameda de Taboada, Lugo
Distancia:
Carreira adultos: 6.500 m
Haberá carreiras para as categorías menores
Organiza: Asociación Cultural O Carballo
Colaboran: Concello de Taboada, Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo (Deportes), Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, Caixa Rural Galega, Casa Romualdo, Escola de Equitación “A Cruz”, Tartas Ancano, Queixería Macán, Queixería Insua, Restaurante Urdi, Panadería Carlos, Panadería Darío e Panadería Mar.
Web: https://www.facebook.com/acocarballo
Email: ac.ocarballo@gmail.com
Ven á II Carreira Popular de Taboada e goza dun percorrido entre as extraordinarias panorámicas de cor que agasalla o outono, fermosas construcións do románico, a beleza das pendentes da Ribeira Sacra, e a grandeza de pazos e casonas. Situada a medio camiño entre Lugo e Ourense agárdate un tesouro único, para descubrilo achégate a correr por Taboada o 13 de outubro. Non faltes!
REGULAMENTO DA PROBA:
-Poderán participar na proba todos aqueles que o desexen.
-Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
-O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
-Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizalo seu
-Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
-A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
-A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente
-A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
-Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
-A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 12:00 da mañá nos arredores da Alameda de Taboada.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas) coas distancias correspondentes:
Categoría Chupete: nad@s en 2009 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2008 e 2006 – 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2005 e 2002 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2001 e 1998 - 1.000 metros
CARREIRA ABSOLUTA
Disputaranse a partires das 11:00 da mañá con saída da Alameda de Taboada e un percorrido de 6,5 Km.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 1997 e 1988.
Categoría E: nad@s entre 1987 e 1978.
Categoría F: nad@s entre 1977 e 1968.
Categoría G: nad@s entre 1967 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Tódalas inscricións (categorías de menores e absoluta) serán GRATUITAS.
-CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén poden realizarse por correo electrónico enviando os datos ó enderezo ac.ocarballo@gmail.com, de xeito presencial en Chorima (Taboada) ou no número de teléfono 646 372 511.
O prazo de inscrición remata o mércores 9 de outubro ás 24:00 horas.
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
.Nome
.Apelidos
.Data de nacemento
.Sexo
.Clube (se pertence a algún)
.Localidade
.Teléfono de contacto
.Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
-CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
A inscripción da carreira será gratuita para os propietarios do chip amarelo e de 2 € de aluguer do chip para os non propietarios.
O prazo de inscrición remata o mércores 9 de outubro ás 24:00 horas.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
PERCORRIDO
A saída e a meta estarán na Avenida de Lugo (ó carón da Alameda) e discurrirá por varias rúas da vila, para logo dirixirnos á aldea do Alto, dende onde continuaremos ata a Medela, pasaremos por Relás e novamente volta a Taboada despois dun percorrido ó redor de 6,5 Km.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (13 de outubro) na carpa da organización sita na Alameda de Taboada a partires das 9:30 e ata as 10:30
PREMIOS DAS CARREIRAS
-CATEGORÍAS DE MENORES: Tódolos participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Haberá agasallos para os tres primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada categoría (paseos a cabalo, libros, trofeos,…)
-CATEGORÍA ABSOLUTA: Tódolos participantes recibirán un agasallo e os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) da clasificación absoluta levarán:
1º/1ª Clasificad@: estancia de turismo rural en “Casa Romualdo”.
2º/2ª Clasificad@: ruta a cabalo coa Escola de Equitación “A Cruz”
3º/3ª Clasificad@: lote de productos típicos da comarca.
Tamén, haberá agasallos para os 3 primeir@s clasificados de cada categoría e premios especiales para o primeir@ corredor@ local.
Considerase como local @ atleta empadroad@ en Taboada.
Os premios non son acumulables.
Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos da zona ó rematar a entrega de premios.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento no Pavillón Deportivo Municipal.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores as duchas nas instalacions do Pavillón Deportivo Municipal.
-Menú do corredor: en restaurantes locais previa reserva ó precio de 9 € (adultos) e 6 € (nenos). Restaurantes colaboradores:
.Restaurante Mencía: 982 465 129
.Restaurante Adán: 982 465 760 / 636 561 546
.Restaurante A Baiuca: 982 465 546
.Casa Descalzo: 982 465 343
.Pizzería O Rincón: 645 653 829
-CAMIÑADA: Á partires das 16:00 h completaremos a xornada cunha camiñada, axeitada para tódalas idades, polos arredores pasando por diversos pazos, casonas, construcións do románico, castro celta, carballeiras e soutos...
INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com e na páxina da A.C. O Carballo: https://www.facebook.com/acocarballo
[align=justify][align=center]
Voltar