Calendario
Info da proba

Rianxo

01/11/2013 11:00 - 13:00
Regulamento I Carreira Popular Toffe-concello de Rianxo
Data: Venres, 1 de novembro de 2013
Horario: Menores 11:00 h.
Adultos 12:00 h.
Organizan: Concello de Rianxo
Club Atletismo Rianxo

o proximo dia 1 de novembro vaise celebrar en Rianxo a 1ª edicion da carreira popular Toffe-concello de rianxo,convidamosvos a tod@s a participar e pasar unha boa mañan de atletismo.

1.- INSCRICIÓNS
Menores (dende xoubas ata cadetes) na web www.concelloderianxo.es/deportes
Ata o martes 28 de outubro de 2013 ás 14:00 horas no teléfono 981866381 en horario de
9:00 a 14:00 horas ou presencialmente na oficina do Servizo de Deportes no Cuartel Vello
(Praza Castelao).
Absoluta
Ata o martes 28 de outubro de 2013 ás 24:00 horas na web www.championchipnorte.com
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
O prezo da inscrición é gratuíta para o carreira menores.
O prezo da inscrición para carreira absoluta é de 5 €.
Haberá un límite de 300 inscritos en categoría absoluta.

REGULAMENTO
2.- CATEGORÍAS (masculinas e femininas).
Menores
Xoubas 2008 e posteriores
Sardiñas 2006-2007.
Benxamín 2004-2005.
Alevín 2002-2003.
Infantil 2000-2001.
Cadete 1998-1999.
Absoluta
Xuvenil 1996-1997.
Júnior 1994-1995.
Promesa 1991-1992-1993.
Sénior 1979-1990.
Veteranos A 1966-1978.
Veteranos B 1953-1965.
Veteranos C 1952 e anteriores.

3.- PERCORRIDO
Saída e chegada: Praza Castelao.
Distancias:
Xoubas: 100 m.
Sardiñas/benxamín: 500 m.
Alevín/infantil: 1.500 m.
Cadete: 6.600 m.
Xuvenil/Júnior/
Promesa/Sénior e Veteranos: 10.000 m.

4.- TROFEOS

Menores

Trofeo ó 1º clasificado de cada categoría feminina e masculina.
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).

Absoluta

Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo e premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na
proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Masculino Feminina

1º Trofeo + 150 € 1º Trofeo + 150 €
2º Trofeo + 100 € 2º Trofeo + 100 €
3º Trofeo + 50 € 3º Trofeo + 50 €

Trofeo “Xosé Neira Hermida” ó primeiro e primeira corredor/a locais.
Todos os participantes na categoría absoluta recibirán un agasallo técnico.


5.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizarase o mesmo día da proba a partires das 10:00 h. na Praza Castelao.
Control con chip: a proba absoluta estará controlada a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal. Deberá colocarse na zapatilla antes da saída. Os
propietarios de chip amarelo poderán utilizar o seu propio chip.

6.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS E INFORMACIÓN

Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba son se admitirán reclamacións.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o
importe da inscrición.
Servizo de gardarroupa: no pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas: pavillón polideportivo e piscina Municipal.
Aparcadoiros: arredores do pavillón polideportivo, aparcadoiro municipal e nas
inmediacións da zona portuaria.

Os resultados oficiais das probas poderán consultarse nas web:

www.championchipnorte.com
www.concelloderianxo.es