Calendario
Info da proba

Pontevedra - Campañó

21/09/2013 17:10 - 18:40
Regulamento
VI Carreira Pedestre de Campañó 2013, Pontevedra
Gran Premio Hotel Campaniola - Circuíto de Carreiras de Pontevedra

Data: sábado, 21 de setembro de 2013.
Hora: a partires das 17:10 h.
Lugar:
COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía (PO531) e aos 3 kilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección Campañó / Poio. Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda, á dereita, ali haberá un punto de información. Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada será ás 17:45.
Distancia: de 150 a 9.650 m.
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra.
Inscrición: Ver punto 4 do regulamento.
Web: Facebook da carreira





:: Comenta a Carreira de CAMPAÑÓ neste tema do foro ::

Regulamento

1. DATA: A Asociación Cultural e Deportiva de Campañó e o Concello de Pontevedra, organizan o sábado 21 de setembro de 2013, a partir das 17,10 horas, a "VI Carreira Pedestre de Campañó – Gran Premio Hotel Campaniola 2013".

2. PARTICIPANTES E CATEGORIAS. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e acepten e cumpran as condicións de participación.

3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.

A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Asociación Cultural e Deportiva de Campañó.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación Cultural e Deportiva de Campañó. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira Pedestre de Campañó así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.

A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflexada no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.

A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.

4. INSCRICIÓNS. Faranse ata as 20:00 horas do día 18 de setembro de 2013 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mismo día da proba.

Se o/a participante é veciño/a de Campañó poderá inscribirse na propia sede da Asociación Cultural Deportiva Campañó e a inscrición será de balde.

Haberá tres tipos de inscricións:
- Para as categorías junior, seniors e veteranos/as na que o/a deportista pagará a cota de 5 € máis, e de ser o caso, 1 € de aluguer de chip (é obrigatorio o seu uso). Se algunha persoa destas categorías, sin motivo, marca "desconto de categorías menores", será eliminado dos listados e non poderá tomar a saída.

- As categorías Chupete e Pitufo son de balde e se inscriben por correo-e a elias.dominguez.cabral@gmail.com antes das 20.00 horas do día 18/09/2013; para as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil a inscrición é de balde, e deben de inscribirse en www.championchipnorte.com e marcar "desconto de categorías menores", aínda que só para a categoría Xuvenil é obrigatorio o uso do chip (que si non o teñen terán que alugalo coa inscrición por 1 €).

- Para todas as persoas que estiveran inscritas no Circuíto de Carreiras de Pontevedra (CCCP) 2013, será de balde.
No caso de que o/a deportista das categorías junior, promesas, seniors e veteranos que se inscriba estivera en situación de desemprego o día da Carreira, marcando a casilla axeitada na inscrición poderá participar de balde, agás o chip que terá que pagar 1 € do aluguer. A persoa beneficiaria en situación de desemprego terá que contar cun "Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego" (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal); en caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de inscrición. A inscrición da carreira é persoal e intransferible.

5. HOTEL OFICIAL. A Organización conta cun hotel oficial que ofrecerá un prezo especial en aloxamento o sábado, xantar o día da carreira e almorzo o domingo. Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente co hotel e dar a referencia "Carreira de Campañó".

Hotel Categoría (estrelas) Distancia Prezo da habitación dobre con almorzos Contacto
Campaniola 2 Na propia saída 60 € 986 872 711

6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Francisco poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.

7. OUTROS. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

8. COMO CHEGAR EN COCHE AO LUGAR DA SAÍDA. Coller a estrada que une Pontevedra con Vilagarcía (PO531) e aos 3 kilómetros de Pontevedra, desviarse á esquerda póla VRG 4.8 dirección Campañó / Poio. Unha vez nesta estrada, coller a saída Fragamoreira – Campañó e ao chegar á rotonda, á dereita, ali haberá un punto de información. Para acceder aos aparcadoiros, a hora limite de chegada será ás 17,45.

9. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Teleclube de Campañó dende as 10:00 ata as 18:00 do día 21 de setembro e alí mesmo farase entrega da bolsa de corredor cun saco deportivo e un par de calcetíns de New Balance, unha lata de conservas PESCAMAR e outros agasallos.

10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de "Seguro de Responsabilidade Civil" e dun "Seguro de Accidentes". Haberá unha ambulancia e un médico para a atención.

11. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude variable en función da categoría nun circuíto pechado sobre asfalto e haberá diversos controis de paso obrigatorios. A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).

12. AVITUALLAMENTO. En cada volta do percorrido haberá avituallamento líquido e ao remate facilitarase o avituallamento sólido e líquido axeitado.

13. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o Xuíz Árbitro, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas ante a Organización.

14. CHIP. Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.

15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA

16. OUTROS. Na liña de meta os/as participantes terán produtos alimenticios, bebidas, servizo médico,...

17. PREMIOS. A clasificación será por categorías e absoluta:
Premiarase como vencedores absolutos aos tres primeiros homes e mulleres en rematar. Os/as vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o premio da súa categoría particular, ao seguinte clasificado na súa categoría.

1º 2º 3º
Absoluta Masculina 300 € e trofeo 200 € e trofeo 100 € e trofeo
Feminina 300 € e trofeo 200 € e trofeo 100 € e trofeo
Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.

1º 2º 3º
Junior, Senior e Veteranos/as Masculina Trofeo Trofeo Trofeo
Feminina Trofeo Trofeo Trofeo

Nas categorías Chupetes, Pitufos/as, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil recibirán unha medalla todos os que rematen a súa carreira.

Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estiveran comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado en Campañó dende xaneiro do ano en curso.

1º Campañó Masculina Trofeo
Feminina Trofeo

18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 19.15 horas na zona de meta. Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.

19. TERCEIRO TEMPO. Ao remate da carreira haberá:
- Un pincho para todos/as os participantes e acompañantes.
- Sorteo de dúas estancias para 2 persoas no HOTEL RURAL CAMPANIOLA (unha noite de aloxamento en media pensión).
- Sorteo de agasallos e material deportivo entre todos/as os participantes de NEW BALANCE.

20. PARA MAIS INFORMACIÓN. Máis información no correo-e elias.dominguez.cabral@gmail.com ou en https://www.facebook.com/carreiradecampano





:: Comenta a Carreira de CAMPAÑÓ neste tema do foro ::