Calendario
Info da proba

Carreira do Demo, Riveira

08/09/2013 10:00 - 12:00
Regulamento
VI Carreira do Demo, Artes
Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira

Data: domingo, 8 de setembro de 2013.
Hora: 10:00 h.
Lugar: Parroquia de San Xián de Artes, Riveira.
Distancia: ata 6.666 m.
Organiza: Museo Etnográfico de Artes.
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: Museo de Artes


:: Participa no foro de carreiras populares ::


VI CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE RIVEIRA

REGULAMENTO XERAL
1. CARREIRAS
As carreiras que compoñen o circuíto 2013 son:
VII CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO (Lugar de Teira – Corrubedo). Sábado, 27 de abril (9.700 metros - monte a través)
X CARREIRA POPULAR VIRXE DA GUÍA (San Paio de Carreira). Venres 17 de maio (nova distancia 10.000 metros – asfalto)
I CARREIRA NOCTURNA CASTIÑEIRAS Sábado 29 de xuño (8.000 metros, mixta: asfalto - monte)
VI CARREIRA DO DEMO (Artes). Domingo 8 de setembro (6.666 metros – asfalto).
XVI CARREIRA POPULAR STA UXÍA (RIVEIRA) Domingo 29 de setembro (10.000 metros – asfalto) circuíto homologado

2. CATEGORÍAS
Só existirán dúas clasificacións: xeral masculina e xeral feminina. Independentemente das categorías particulares que poida establecer cada proba.

3. CUSTO DAS INSCRICIÓNS
O prezo da inscrición no circuíto será de 15 € para o total das 5 carreiras, e 5€ si se prefire facer o pago de cada carreira por separado. O pago xestionarase a través de Championchip.

4. IDADE MÍNIMA
Independentemente das categorías que poda establecer cada carreira, só puntuarán para o circuíto os atletas nados en 1996 e anos anteriores.

5. SISTEMA DE CLASIFICACIÓN
Para elaborar a clasificación xeral do circuíto, tanto en categoría masculina coma feminina, terase en conta a puntuación acadada polos atletas en cada unha das carreiras; de maneira que sumarán os mesmos puntos que a súa clasificación na proba que participa. (exemplo: 4º clasificado no Corgo = 4 puntos). A clasificación xeral do circuíto elaborarase sumando as
puntuacións de todas as carreiras, gañando a xeral, o atleta que menos puntos acade.

Para poder optar á clasificación xeral do circuíto haberá que cumprir:
Participar, coma mínimo, en 4 das 5 probas das que consta o circuíto
É obrigatorio participar na última proba que pecha o circuíto (Sta Uxía–29 de setembro)
A xente que participe nas 5 probas, eliminaráselle o peor resultado de cara á clasificación xeral.
Na carreira do Corgo, a xente que participe na categoría de parellas, teráselle en conta a súa clasificación na mesma e non na xeral masculina ou feminina.
En caso de empate, terase en conta a clasificación na última proba (Sta Uxía-29 de setembro. Carreira obrigatoria para todos os que queiran optar ao circuíto).

6. DESCALIFICACIÓNS
A descalificación dun atleta do VI CIRCUÍTO DE CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE RIVEIRA supón, a pérdida de todos os puntos acadados nas carreiras nas que participara dito atleta, non optando aos premios existentes.

Será motivo de descalificación:
Correr co dorsal ou chip doutra persoa. Serán descalificados ambos.
Participar con máis dun chip. Serán descalificados ambos.
Non estar inscrito na proba e participar na mesma con chip.
Realizar a inscrición alterando os datos.
Non atender as indicacións da organización.
Manifestarse con conducta antideportiva.

7. PREMIOS
Independentemente dos premios que poida establecer cada proba, os premios do circuíto son os seguintes:
Posto (masculina e feminina)
1º Trofeo + material deportivo valorado en 200 €
2º Trofeo + material deportivo valorado en 150 €
3º Trofeo + material deportivo valorado en 100 €

Todos os participantes que rematen o circuíto (coma mínimo 4 das 5 probas) recibirán un agasallo conmemorativo da proba ( prenda técnica), e terán a oportunidade de participar no sorteo de dous packs de material deportivo, valorado en 50€ cada un.

8. INSCRICIÓNS
As cinco probas serán cronometradas por CHAMPIONCHIP, así que as inscricións formularanse a través da súa páxina, a excepción das probas que teñan categorías base, que se farán na web correspondente a cada carreira.

9. INFORMACIÓN
A información do circuíto e das carreiras que o forman estará publicada nas seguintes páxinas web:
www.riveira.es (información do circuíto e das carreiras populares de Sta Uxía e Castiñeiras).
www.arousa.com (información carreira do Corgo).
www.virxedaguia.org (información carreira da Guía).
www.museoetnograficodeartes.com (información carreira de Artes).
www.championchipnorte.com (información e inscricións de todas as carreiras do Circuíto).


:: Participa no foro de carreiras populares ::