Calendario
Info da proba

Riveira

29/09/2013 10:00 - 12:30
Regulamento
XVI Carreira Popular de Santa Uxía
Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira

Data: domingo, 29 de setembro de 2013.
Hora: 10:00 h.
Lugar: Malecón de Riveira, Paseo Marítimo.
Distancia: ata 10.000 m.
Organiza: Concello de Riveira.
Inscrición: Ver no regulamento.
Web: Concello de Riveira.





:: Participa no foro de carreiras populares ::


O Concello de Riveira a través da súa Concellería de Deportes organiza o domingo 29 de setembro de 2013 a partir das 11:00 horas, a XVI edición da Carreira Popular de Santa Uxía proba que formará parte do Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A proba absoluta disputarase sobre unha distancia de 10 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA). As probas levaranse a cabo na localidade de Riveira e estarán baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) . As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega e Atletismo, Delegación en Santiago de Compostela.

2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Para a XVI Carreira Popular de Santa Uxía as categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2009 e posteriores*
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2006, 2007 e 2008*
BENXAMIN atletas nados no 2004 e 2005
ALEVIN atletas nados no 2002 e 2003
INFANTIL atletas nados no 2000 e 2001
CADETE atletas nados no 1998 e 1999
XUVENIL atletas nados no 1996 e 1997
ABSOLUTA Atletas nados no ano 1995 ata veterán
VETERANOS 1 De 35 a 40 anos cumplidos ata o día da proba
VETERANOS 2 De 41 a 49 anos cumplidos ata o día da proba
VETERANOS 3 De 50 a 59 anos cumplidos ata o día da proba
VETERANOS 4 A partir de 60 anos cumplidos ata o día da proba

* As categorías Pitufo e Prebenxamín non son categorías federadas

O regulamento do Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña poderán consultalo no seguinte enlace web:
http://www.atletismogalego.com/CircuitoDiputacionCoruna/regulamentocircuitocoruna2013.pdf

3. DISTANCIAS E HORARIOS
O percorrido da proba absoluta estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas entrarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia de 10 km en ruta. A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIVEIRA (Paseo marítimo).

Na proba absoluta haberá caixóns de saída dependendo das marcas realizadas na distancia (só en circuitos homologados de 10 km) que deberán marcar no momento da inscrición.

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
11:00 h Absoluta e Veteranos 10 km homologados pola RFEA
12:00 h Infantil, cadete e xuvenil 3000 m aprox
12:40 h Benxamín e alevín 1500 m aprox
12:50 h Prebenxamín 500 m aprox
13:00 h Pitufo 300 m aprox
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS (AUDITORIO MUNICIPAL)

4. A XVI Carreira Popular de Santa Uxía estará integrada dentro do VI Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira e contará coa colaboración de GADIS, COCA-COLA, A.C.D. "As Miñoteiras", Club Atletismo Sta Uxía, Centro Recreativo de Artes, Asociación de Veciños de Carreira, Arousa Natureza e Ocio, e Asociación Veciñal A Redonda Vella. PROTECCIÓN CIVIL E POLICÍA LOCAL DO CONCELLO DE RIVEIRA

5. INSCRICIONS
Os participantes na proba absoluta da XVI Carreira Popular de Santa Uxía poderán realizar a súa inscrición na web www.championchipnorte.com, con data límite o mércores 26 de setembro ás 22 horas.
Os participantes nas probas do resto de categorías (de pitufo a xuvenil) poderán realizar a súa inscrición na web www.riveira.es con data límite o mércores 26 setembro ás 22 horas.

PREZOS DA INSCRICION
- CATEGORIAS ESCOLARES (ata xuvenil incluido): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (Absoluta e veteranos): 5,00 €
O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina www.championchipnorte.com.

6. PREMIOS
Na XVI Carreira Popular de Santa Uxía outorgaranse os seguintes premios:
- Medalla ós tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no regulamento da proba agás nas categorías pitufo e prebenxamín que non haberá nin premiación nin se farán clasificacións das carreiras.
- Trofeo ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
- Medallas para todos os participantes das categorías pitufo e prebenxamín.
- Medalla ós tres primeiros/as clasificados/as da clasificación xeral.
- Trofeos o clube e centro escolar do Concello de Riveira que aporte máis participantes á proba (deberán indicar na inscrición o clube ou centro escolar polo que participa o atleta).

OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGAS OS PREMIOS OS ATLETAS LOCAIS

HABERÁ DUAS ENTREGAS DE PREMIOS:
1º) PREMIOS CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES
2º) PREMIOS DO VI CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIVEIRA

UNHA VEZ REMATADA A ENTREGA DE TROFEOS DESTA PROBA, PROCEDERASE A DAR OS PREMIOS E TROFEOS DO "VI CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CONCELLO DE RIVEIRA”.

7. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde ata media hora antes do inicio de cada proba.O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona próxima ó peito e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.

CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba. TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo).

8. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio do Xuiz Árbitro. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.

O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando autorizados para descalificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a proba.

9. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
A participación de atletas extranxeiros resgularase segundo o artigo 3.4. do Regulamento para as competicións de Campo a Través, Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista cuberta e aire libre para competicións autonómicas.

Dito artigo pódese consultar no seguinte enlace: http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento_competiciones.pdf

10. Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no Complexo Municipal a Fieiteira.

11. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

MAIS INFORMACION
www.riveira.es
www.atletismogalego.org
www.fgatletismo.es/santiago
www.championchipnorte.com

Concello de Riveira (Concellería de Deportes)
Complexo Deportivo A Fieiteira
Teléfono: 981 87 36 46
email: deportes@riveira.com


:: Participa no foro de carreiras populares ::