Calendario
Info da proba

Tordoia

14/09/2013 18:45 - 20:45
Regulamento
V Carreira Pedestre Popular Tordoia in Essence

Data: sábado, 14 de setembro de 2013.
Hora: a partires das 18:45 horas.
Lugar: Seixán, Cabaleiros (Tordoia).
Distancia: de 100 a 6.850 m.
Organiza: Concello de Tordoia.
Inscrición: Ver punto 3 do regulamento. Na delegación FGA Santiago


:: Comenta a Carreira de TORDOIA neste tema do foro ::


O Concello de Tordoia organiza a V Carreira Popular Pedestre de Tordoia en Seixán (Cabaleiros) o sábado 14 de setembro ás 18:45 horas e de acordo ao seguinte:

REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O Control das carreiras estará a cargo da organización.

2. Categorías dos participantes:
Categorías e horarios
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Xuvenil 1996-1997 18:45 h 6850 m
Junior-Promesa 1991-1992-1993-1994-1995 18:45 h 6850 m
Senior 1990 ata veteranos 18:45 h 6850 m
Veterano/a A Nados/as entre 1978 e 1968 18:45 h 6850 m
Veterano/a B Nados/as entre 1967 e 1958 18:45 h 6850 m
Veterano/a C Nados/as en 1957 e anteriores 18:45 h 6850 m
Pitufo Nados en 2008 e posteriores 19:40 h 100 m
Prebenxamín Nados en 2006-2007 19:45 h 300 m
Benxamín e Alevín 2004-2005 e 2002-2003 19:50 h 700 m
Infantil e Cadete 2000-2001 e 1998-1999 20:00 h 1800 m
ENTREGA DE PREMIOS AS 20:30 HORAS

3. INSCRICIONS
- A inscrición da proba absoluta (de xuvenil a veterán) poderá realizarse nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org con data límite o mércores 11 de setembro ás 22 horas*.

- A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a cadete) farase tamén a través das páxinas web www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 11 de setembro ás 22 horas).

PREZOS DA INSCRICION
- CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes incluídos): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (de xuvenil a veterán): 3 €

* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

4. PREMIOS E TROFEOS
Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados de cada categoría e sexo, e para o primeiro home e a primeira muller mellor clasificados do Concello na carreira absoluta.

Tamén outorgaranse trofeo os 3 primeiros clasificados da xeral absoluta (premios NON acumulativos)

5. A saída terá lugar no Campo da festa de Cabaleiros (Seixán). Os participantes estarán na saída 5 minutos antes do comezo da súa proba.

6. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes da proba e realzarase a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible no peito, respetándose a publicidade existente neles.

7. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a entrada ao circuíto de toda persoa allea á carreira.

8. Todos/as os/as corredores terán un Seguro de Accidentes Deportivos (MAPFRE), (no caso de non estar federados), e o correspondente R.C., polo que estará prohibido correr sen estar inscrito dentro do prazo establecido.

9. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.

10. Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de Cabaleiros.

11. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta da IAAF e da RFEA en vigor


:: Comenta a Carreira de TORDOIA neste tema do foro ::