Calendario
Info da proba

Tui

07/04/2013 10:30 - 13:30
Regulamento Carreira popular de San Telmo, Tui
Data: domingo, 7 de abril de 2013.
Hora: 10:30 h (hora de comezo da carreira de adultos).
Lugar: Saída e meta no paseo da corredoira.
Distancia: case 7 Km.
Organiza: Club Atletismo Tui – Thermalia.
Inscrición: a través do seguinte Formulario de Inscrición
Web: Club Atletismo Tui - Thermalia



Información Xeral

Acreditacións e entrega de dorsais: de 9.00 a 10.30 horas no paseo da Corredoira.

Horarios das Probas.

Categoría Ano Nacemento Horario Distancia
Xuvenil 96/97 10.30h 7.000m.
Senior 77/95 10.30h 7.000m.
Veterán A entre 1967 e 1976 10.30h 7.000m.
Veterán B anterior a 1967 10.30h 7.000m.
Cadete 98/99 12.00h 2.500m.
Infantil 00/01 12.00h 2.500m.
Alevín 02/03 12.15h 900m.
Benxamín 04/05 12.30h 600m.
Prebenxamín 06/07 12.45h 400m.
Pitufos 08/09/10 13.00h 200m.

Entrega de Premios: 13.15 horas aproximadamente.
A soa inscrición nesta proba implica a total aceptación das condicións recollidas no seguinte Regulamento.

Inscricións

O prazo de inscricións estará aberto ata o mércores 3 de abril.
A inscrición deberá facerse a través do seguinte Formulario de Inscrición.
A inscrición será gratuíta estando aberto no momento de recollida do dorsal a “Operación Kilo” que consistirá na entrega de 1 kilo de alimentos non perecedoiros que serán doados.

Premios

Entregaranse trofeos aos 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín no apartado feminino e masculino. Ademáis entregarase premio ao 1º e 1ª tudense clasificados no apartado absoluto.

Colaboradores

Concellería de Deportes do Concello de Tui
Comisión de Festas de San Telmo
Agrupación Deportiva Baixo Miño
Protección Civil

:: Segue a carreira no foro de carreiras populares ::