Calendario
Info da proba

Medio Maratón Pontevedra

20/10/2013 11:00 - 13:10
Regulamento Medio Maratón Serviocio Pontevedra 2013






PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: A Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, organizan o domingo 20 de outubro de 2013, a partir das 11,00 horas, o “XVIII Medio Maratón Serviocio Pontevedra 2013” nas categorías “individuais” habituais e na nova categoría de “equipo mixto de 3” participantes.
2. PARTICIPANTES. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen:
- Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.
- Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento (Ex: perdida de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesión, atropelos, agresións,...).
- Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Concello de Pontevedra.
- Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Medio Maratón así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS. Toda sas categorías faranse en www.championchipnorte.com ata as 23:59 horas do día 15 de outubro de 2013 e non se admitirán inscricións posteriores.
Para a carreira INDIVIDUAL haberá dous prazos para inscribirse:
- Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida” de 10 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.
- Dende o 01 ata o 15 de outubro e na que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 15 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de chip.
No caso de que o/a deportista se inscriban como desempregado/a devolveráselle a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o aluguer do chip); a persoa beneficiaria terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións da cota de participación excepto en caso de lesión, ou enfermidade, si se presenta un certificado médico á Organización, antes do 20 de outubro de 2013. En caso contrario, non se fará o reembolso.
As persoas individuais participantes que desexen acceder á zona reservada dianteira na saída (caixón de saída) deberán indicar a súa marca acreditativa en medio maratón na inscrición, sempre e cando sexa inferior a 1 hora, 20 minutos e 00 segundos, así como o lugar e ano de consecución. Dita marca tivo que ser obtida nos últimos 24 meses nunha carreira de medio maratón.
Para a carreira por EQUIPOS MIXTOS DE 3 terán que inscribirse de xeito INDIVIDUAL corredor a corredor e, na propia páxina web á hora de inscribirse individualmente, indicar o “nome do equipo” (que ten que ser común nas tres inscricións dos tres compoñentes COAS MESMAS LETRAS E ESPACIOS). Todos/as os corredores/as inscritos nesta categoría participarán na categoría individual e na categoría de EQUIPO MIXTO 3.
O EQUIPO MIXTO 3 terá que estar formado por, alomenos, un home e unha muller e o/a terceiro/a compoñente a discreción do equipo.
5. HOTEL OFICIAL. A Organización conta con hoteis oficiais que ofrecerán un prezo especial en aloxamento o sábado 19/X e almorzo para o día da carreira, aínda que teñen outras opcións de pensión. Para poder acceder a este servizo terán que poñerse en contacto directamente cos hoteis e dar a referencia “Medio Maratón”.
Hotel / Categoría (estrelas) / Distancia / Prezo da habitación dobre con almorzos / Contacto
Hotel Madrid / 1 / 0,3 Km / 48 € / 986 865 180
Hotel Comercio / 1 / 0,5 Km / 40 € / 986 851 217
Hotel Rías Baixas / 3 / 0,3 Km / 66 € / 986 855 100
Estes hoteis ofrecerán a saída do hotel (Late Check Out) ata as 17,00 horas do domingo (para ducharse e xantar con calma), así como a recollida, na mesma recepción do hotel (sempre e cando se rexistren co nome do deportista), da bolsa de corredor e o dorsal, sen ter que pasar pola secretaría do CGTD.
6. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar co Comedor Social de San Francisco poderán facelo entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta Institución.
7. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición.

DURANTE A XORNADA DA CARREIRA

8. TRANSPORTE OFICIAL. A Organización facilitará, previa reserva e pago, dous autobuses aos deportistas (e aos seus acompañantes) e nese mesmo transporte entregaráselles a documentación para poder tomar parte na carreira:
A) Un das cidades da Coruña e de Santiago:
- A saída dende a Coruña será dende o estacionamento do Pavillón Municipal de Riazor ás 08.30 horas e terá un custo por praza (previa reserva) de 20 € (ida e volta).
- A saída dende Santiago será dende o estacionamento do Campo de Fútbol de San Lazaro ás 09.10 horas e terá un custo por praza (previa reserva) de 15 € (ida e volta).
O regreso será ás 14,15 horas dende Pontevedra e chegará ás 15,00 h. a Santiago e ás 15,45 h. á Coruña.
Ojo morado Outro da cidade de Ourense:
- A saída dende a Ourense será ás 08.30 horas dende a parada de buses do Parque de San Lázaro (fronte á Subdelegación do Goberno) e terá un custo por praza (previa reserva) de 19.50 € (ida e volta). O regreso dende Pontevedra será ás 14,15 horas e chegará ás 15,30 h. a Ourense.
Para poder reserva unha ou máis prazas nestes buses terás que ingresar os cartos correspondentes en Caixa Bank (C.C. 2100-2428-56-0200102108) indicando o teu nome e apelidos, e logo mandarnos un correo-e onde indiques de novo o teu nome e apelidos, copia do ingreso (escaneado, fotografiado co móvil,...), se eres corredor/a ou acompañante, e se viaxas dende Coruña, Santiago ou Ourense, e envialo ao correo-e viajesdeza@viajesdeza.com. Se tes algunha dúbida, poderás chamar ao 986 855 339 en horarios de oficina.
Unha vez recibida a túa reserva nós confirmarémoste definitivamente a túa/s praza/s.
9. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. farase no C.G.T.D. na r/ Pai Fernando Olmedo o día venres 18/10 de 17.00 a 20.30 e o sábado 19 de outubro de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. O día da proba de 08:30 horas a 10:00 horas.
Os usuarios do transporte oficial recibirán a documentación completa no propio autobús oficial e polo tanto non terán que pasar pola secretaría do CGTD.
10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertos cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e dous médicos para a atención.
11. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude de 21.097 metros (homologado pola Real Federación Española de Atletismo), nun circuíto urbano pechado sobre asfalto ao que se lle dará dúas voltas. Cada kilómetro sinalizarase visualmente, e o tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 25 minutos.
A saída efectuarase dende a rúa Xosé Malvar e Figueroa, de Pontevedra, onde comeza a primeira volta ao circuito, posteriormente irá á avenida Bos Aires dirección Monte Porreiro, volta a altura da praia fluvial, Avenida Bos Aires, Ponte dos Tirantes, rúa Alexandre Bóveda, rúa Celso Emilio Ferreiro, Campus A Xunqueira (rodear a Facultade de Forestais – deixándoa a esquerda, continuando pola rúa que vai entre o campo de herba sintética e a Facultade de Forestais, ata o final da Escola Universitaria de Fisioterapia para voltar e xirar a dereita deixando a Facultade de Forestais a esquerda), rúa Celso Emilio Ferreiro, Avenida de Compostela, Paseo do Enxeñeiro Rafael Areses, Ponte dos Tirantes, Avenida Bos Aires, Avenida de Uruguay, Travesía Galera, rúa Arzebispo Malvar, rúa Condesa Pardo Bazán, Praza Concepción Arenal, rúa Xeneral Martitegui, rúa Doctor Enrique Marescot, rúa da Alameda, Avenida Raiña Vitoria Uxía, Avenida Augusto García Sánchez, rúa Xeneral Rubín, Paseo de Valle Inclán, rúa Iglesias Vilarelle (despois de pasar o cruce da rúa Iglesias Vilarelle coa rúa Taboada Nieto), rúa Alcalde Hevia, rúa San Pedro Alcántara, Avenida de Vigo, rúa Peregrina, rúa Andrés Mellado, Praza de Galicia, rúa Andres Muruais, rúa Peregrina, Praza da Peregrina, Paseo Antonio Odriozola, Praza da Ferrería, rúa dos Soportais, Praza de Curros Enríquez, rúa Real, Praza Celso García De La Riega, Praza Valentín García Escudero, Avenida Uruguay, Avenida de Bos Aires ata a altura da Ponte dos Tirantes onde comeza a segunda volta, ao finalizala e ao chegar a rotonda da Ponte dos Tirantes – rúa Padre Gaite, rúa Padre Fernando Olmedo, e a chegada será na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) de Pontevedra.
Na saída, en vez de xirar a dereita directamente para deixar a rúa Xosé Malvar Figueroa e entrar na Avenida Bos Aires, farase dando unha volta a rotonda deixándoa a dereita.
12. AVITUALLAMENTO. Cada 5 quilómetros disporase do líquido necesario.
13. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o Persoal de Organización, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo, que se reitere en protestas ante a Organización ou non cumpra o tempo máximo de remate.
14. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe de Chip (deberá ir suxeito aos cordóns das zapatillas) por todo o percorrido, có propósito de verificar que todos os atletas cobren a totalidade do mesmo. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais, polo que é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros serán descualificados. Sen prexuízo doutros tipos de controis que poidan montarse.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
15. REGULAMENTOS. Esta proba está incluída no calendario oficial do Circuito de Carreiras Pedestres de Pontevedra 2013 (CCCP) e desenvolverase baixo as normas do presente regulamento, do Circuito de Carreiras de Pontevedra e do Anexo II do Real Decreto 1428/2003 sobre o Regulamento Xeral de Circulación, publicado no B.O.E. do 23 de decembro de 2003. Todo o non previsto polo presente Regulamento estarase ao que indique o Comité Organizador.
16. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA

17. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán un servizo de duchas, unha bolsa de produtos alimenticios, bebidas, servizo de fisioterapia, servizo médico,...
18. PREMIOS. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados na categoría individual absoluta masculina e feminina así como aos tres primeiros clasificados de cada categoría individual; os tres primeiros Equipos Mixtos 3 recibirán medallas.
Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría:
Absoluta masculina e femina 1º 300 € / 2º 200 € / 3º 100 € / 4º 80 € / 5º 50 €
Corredores locais masculino e feminina 1º 100 € / 2º 50 € / 3º 25 €
Ningún deportista poderá acumular dous premios en metálico.
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo igual ou inferior a 1 hora 14 minutos en homes e 1 hora 30 minutos en mulleres. Requirirase o D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados.
A clasificación dos Equipos Mixtos 3 determinarase pola suma dos tempos totais dos 3 membros do equipo que entren en liña de meta.
19. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios efectuarase a partir das 13.30 horas na zona de meta (C.G.T.D. Pontevedra). Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, non podendo delegar noutra persoa. Se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.
Para mais información en Facebook https://www.facebook.com/mediomaratoncidadedepontevedra ou en www.mmpontevedra.org ou www.sgpontevedra.com