Calendario
Info da proba

O Porriño

22/06/2008 10:00 - 12:30
Regulamento
III Carreira Federada As Agüiñas, O Porriño

Data: 22 de Xuño de 2008
Lugar: Polígono Industrial de A Granxa, O Porriño (Pontevedra)
Hora: a partires das 10:00 h
Distancia: dende 150 ata 5.610 m
Inscrición: ata o 18 de Xuño

Regulamento xeral
1- O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Excmo. Concello de O Porriño, organiza a “III CARREIRA AS AGÜIÑAS”, que se celebrará o día 22 de xuño de 2008, a partires das 10:00 horas, no Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño.

2-Poderán participar tódolos atletas que teñan Licencia Federativa en vigor ou ben seguro deportivo, os atletas non federados están cubertos polo seguro que dispón a organización.

3-As inscricións deberán enviarse ó correo electrónico atletismopor (arroba) terra (punto) es, ata o día 18 de xuño como máximo, facendo constar o nome, apelidos, data de nacemento, nº de Licencia e Club ou Colexio. As inscricións son de balde, no admitíndose inscricións fora de prazo nin no mesmo día da proba.

4-A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na participación da proba.

5-Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o reflexado neste regulamento.

6-Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo de cada proba na secretaría, que estará ubicada nas instalacións de atletismo sitas no mesmo Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño.

7- Entregaranse como mínimo trofeos ós 5 primeiros na categoría de menores, e ós tres primeiros a partir de xuvenís incluídos estes, en ambos sexos. A entrega de trofeos realizarase unha vez finalizadas tódalas carreiras.

8-PREMIOS: Ós gañadores da carreira absoluta, home e muller, recibirán un lacón. Unha vez finalizada a entrega de trofeos, sortearanse DÚAS BICICLETAS entre os atletas das categorías menores. Para poder recolle-lo premio, será condición sine qua non a presencia física do atleta en cuestión, sorteándose de novo o agasallo caso de non estar presente.

9-A proba estará controlada por xuíces da Federación Galega de Atletismo da delegación de Vigo.

10.- Orde de saída (Na publicidade hai un erro, non van xuntas ningunha carreira)

CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIA HORA
CADETE HOMES 93-94 2.610 m 10:00
CADETE MULLERES 93-94 2.270 m

INFANTIL HOMES 95-96 2.270 m 10:25
INFANTIL MULLERES 95-96 1.760 m
ALEVIN HOMES 97-98 1.760 m 10:50
ALEVIN MULLERES 97-98 1.210 m
BENXAMÍN MULLERES 99//00 870 m 11:10
BENXAMÍN HOMES 99//00 870 m
ABSOLUTA: * XUVENIL 91//92
* XUNIOR 89//90 5.610 m 11:25
* PROMESA 86//87//88
* SENIOR 85//ATA OS 35
* VETERÁN A, 35-39 anos
* VETERÁN B, 40-44 anos
* VETERÁN C, 45-49 anos
* VETERÁN D De 50 en adiante
PREBENXAMÍN MULLERES 01//02 400 m 12:15
PREBENXAMÍN HOMES 01//02 400 m
PITUFOS MULLERES 03//04//05 150 m
PITUFOS HOMES 03//04//05 150 m