Calendario
Info da proba

Allariz

31/12/2012 16:30 - 18:00
Regulamento
A Derradeira Solidaria, Allariz
Un dorsal por un kilo de comida

Data: luns, 31 de decembro de 2012.
Hora:
Infantil ata 12 anos ás 16:30 h.
Absoluta ás 17:00 h.
Lugar: Praza Maior, Allariz.
Distancia: Sobre 7.000 m.
Organiza: Concello de Allariz.
Inscrición:
Do 26 ao 31 de decembro. Deberá formalizarse na piscina municipal.
Teléfono 988 442 083 / email piscina (arroba) allariz.com
Web: Concello de Allariz



:: Comenta a Derradeira Solidaria neste tema do foro ::


Allariz celebra, o vindeiro 31 de decembro, a Derradeira Solidaria, unha tradicional carreira popular que transcorre polo casco histórico de Allariz e arredores e que despide ó presente ano dun xeito solidario.

A Derradeira do Ano, celebrada dende hai anos, tórnase especial e amosa, una no máis, un carácter solidario. Baixo o lema "un dorsal por un kilo de comida", a organización entregará un dorsal a todas aquelas persoas que desexen participar na carreira e aporten un kilo de comida que será destinada ós máis desfavorecidos, a través de Cáritas de Allariz.

A Derradeira terá lugar o vindeiro 31 de decembro con saída na Praza Maior ás 16:30h para os nen@s de ata 12 anos, e as 17:00h para os sénior.




:: Comenta a Derradeira Solidaria neste tema do foro ::