Calendario
Info da proba

Castrelo de Miño

31/12/2012 16:30 - 18:30
Regulamento
XIV Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño

Data: luns, 31 de decembro de 2011.
Hora: a partir das 16:30 h.
Lugar: Parque Náutico de Galicia, Castrelo de Miño.
Distancia: de 2.200 a 7.400 m.
Organiza: Concello de Castrelo de Miño e a delegación Ourensá da Federación Galega de Atletismo.
Inscrición: Na web Compra os teus tickets.
Web: Concello de Castrelo de Miño



:: Comenta a San Silvestre de Castrelo do Miño neste tema do foro ::


REGULAMENTO DA PROBA DEPORTIVA "XIV Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño"

A "XIV Carreira Pedestre Popular San Silvestre de Castrelo de Miño" é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo organizada polo Concello de Castrelo de Miño e a delegación Ourensá da Federación Galega de Atletismo. Celébrase o luns 31 de decembro de 2012, a partir das 16:30 h. no concello de Castrelo de Miño.

1. SAÍDA- CHEGADA
A saída e chegada da proba serán no mesmo punto, situado no Parque Náutico de Galicia en Castrelo de Miño.

2. HORARIO
- Categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete, sairán ás 16:30 horas.
- Categorías Xuvenil, Junior, Promesa e Senior/Veterano, sairán ás 16:40 horas.

3. PERCORRIDO
A proba absoluta consistirá en 1 volta a un circuíto de 7400 metros por estrada, zahorra compactada e chan pavimentado e para as categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete 1 volta de 2200 metros por estrada, zahorra compactada e chan pavimentado.
Achéganse os mapas do percorrido e o seu perfil nos Anexos I e II.

4. INSCRICIÓNS
Na web Compra os teus tickets.

5. RECOLLIDA DE DORSAIS
O mesmo día da carreira dende as 15:00 ata as 16:00 horas na zona de saída e meta.

6. CATEGORÍAS
Categoría Idades Distancia
BENXAMIN 8 e 9 2200 m.
ALEVIN 10 e 11 2200 m.
INFANTIL 12 e 13 2200 m.
CADETE 14 e 15 2200 m.
XUVENIL 16 e 17 7400 m.
JUNIOR 18 e 19 7400 m.
PROMESA 20,21 e22 7400 m.
SENIOR 23 ou mais 7400 m.
VETERANO 35 ou mais 7400 m.

7. PREMIOS
Medallas para os tres primeiros clasificados en cada categoría masculino e feminino.
Vales de material deportivo para os 3 primeiros clasificados na Carreira Absoluta masculino e feminino.

8. OUTRAS
A Organización non se fai responsable de danos morais e materiais que a si mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes da proba.

Seguindo a normativa da Federación Galega de Atletismo para probas autonómicas non se autorizará a participación de atletas federados estranxeiros.

As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60€ ao Xurado de Apelación.

Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar o dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.


:: Comenta a San Silvestre de Castrelo do Miño neste tema do foro ::