Calendario
Info da proba

Ponteareas

31/12/2012 17:00 - 18:30
Regulamento
San Silvestre Solidaria de Ponteareas

Data: luns, 31 de decembro de 2012.
Hora: 17:00 h.
Lugar: Saída e chegada na Praza Maior, Ponteareas.
Distancia: 5.000 m non competitivos.
Organiza: Taninos Runners.
Inscrición: Produto alimenticio non perecedeiro.

Distancia libre. Pódese facer 1, 2, ou 3 voltas.


:: Comenta a San Silvestre de Ponteareas no foro ::

No día 31 de decembro deste ano 2012 ás 17:00 horas e ata as 18:30 horas o equipo de atletismo Taninos Runners de Ponteareas organizaremos unha proba atlética non competitiva, con carácter popular e participación libre, polas rúas do concello de Ponteareas co nome de San Silvestre Solidaria de Ponteareas .

As rúas do percorrido serán: Saída e chegada na Praza Maior fronte o edificio da seguridade social, con dirección sur cara a rúa da Esperanza, xiro á dereita pola rúa Morales Hidalgo, xiro a esquerda por Doctor Fernández Vega, seguir pola rúa da Castiñeira ata chegar á Avenida Castelao, xiro a esquerda por Amado Garra ata o cruce con Reveriano Soutullo pola que baixaremos para xirar á esquerda pola Avenida da Constitución, seguir pola rúa de Oriente e finalizar na terceira volta na Praza Maior. A distancia total do recorrido será de 5 km se ben non é preciso que todos os participantes teñan que realizar as tres voltas podendo realizar unha, dúas ou as tres voltas.

Nesta proba non competitiva e de carácter solidario solicitaremos a todos os participantes unha inscrición en forma de produtos alimenticios non perecedeiros que doaremos a unha asociación benéfica, en concreto a Cáritas Parroquial de Ponteareas.

As inscripcións póderanse facer dende unha hora antes ata a hora de inicio da proba nunha carpa situada no lugar de saída e chegada habilitada para tal fin.
Tamén se poderá facer a inscripción por correo electrónico enviando nome, apelidos , DNI e data de nacemento ao enderezo electrónico taninosponteareas@gmail.com.
Recoméndase este último xeito de inscribirse para axilizar o proceso.

A idade mínima para inscribirse é de 14 anos.

O feito de facer a inscripción supón a aceptación do regulamento da proba.

O evento dispón de seguro de responsabilidade civil así como de servizo de ambulancia.

Haberá duchas para os participantes que o desexen ao rematar a proba nas instalacións do complexo deportivo "Álvaro Pino" .


:: Comenta a San Silvestre de Ponteareas no foro ::