Calendario
Info da proba

As Pontes

31/12/2012 16:00 - 18:00
Regulamento
II San Silvestre Pontesa

Data: luns, 31 de decembro de 2012.
Hora:
16:00 as probas infantís
17:00 andaina e carreira absoluta
Lugar: saída e a chegada farase nas inmediacións do CEIP Santa María, fronte o parque municipal.
Distancia: de 50 a 5.000 m
Organiza: Concello de As Pontes (Concellería de Deportes) e Clube Atletismo Olympo.
Inscrición: Ver punto 5 do regulamento.
Web: Club Atletismo Olympo, As Pontes



:: Comenta a San Silvestre no foro ::


O Concello de As Pontes, a través da concellería de Deportes e o Clube Atletismo Olympo organizan o día 31 de decembro a II San Silvestre Pontesa.

REGULAMENTO:
1. O Concello de As Pontes e o Clube Atletismo Olympo organizan a II San Silvestre Pontesa , que se celebrará no centro de As Pontes o 31-12-2012 a partir das 16:00. Trátase dunha proba festiva para disfrazarnos e divertirnos para despedir o ano, polo que dende a organización agradecemos e premiamos que cada atleta saque o seu mellor disfraz para participar na proba.

2. A saída e a chegada farase nas inmediacións do CEIP Santa María, fronte o parque municipal.

3. A organización contará coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, Abrente e a Concellería de Cultura e Servizos Sociais.

4. Teremos servizo de duchas nas instalación do polideportivo municipal (A Fraga)

5. INSCRICIÓNS :
Correo: atletismoolympo@gmail.com
Teléfono: 636 517 299 (Susana)
Indicando os seguintes datos:
Nome e Apelidos, Data de nacemento, DNI, Club,
Nome do grupo se participa no disfraz de grupo
Inscricións ata o día 30 de decembro. (Non se faran inscricións o día da proba).

6. A recollida de dorsais farase o 31 de decembro a partir das 11:00 na carpa situada no CEIP Sta.María e ata media hora antes de cada proba. Prégase que se recollan os dorsais o antes posible para dinamizar a proba e facilitar unha boa organización.

7. CATEGORÍAS:
Biberón: 50 metros (2008 a 10)
Prebenxamín: 130 metros (2006-07)
Benxamín: 500 metros (2004-05)
Alevín: 500 metros (2002-03)
Infantil: 1000 metros (2000-01)
Cadete: 1000 metros (1998-99)
Absoluta: 5000 metros (1997 e anteriores)
Andaina: 2500 metros

8. PREMIOS:
*Premio ó mellor disfraz das categorías infantís. Vale por 50€ en Don Dino
*Premio ó mellor disfraz da categoría absoluta.Vale por 150€ en Deko Logas.
*Premio ó mellor disfraz de grupo. Vale por 200€ en Grupo Tú.
*Diploma conmemorativo a tódolos participantes das carreiras infantís.
*Medallas para os 3 primeir@s participantes das carreiras infantís.
*Trofeo para os 3 primeir@s participantes da carreira absoluta.

–** Sortearanse dúas TABLETS cortesía de Galiorient e óptica Carmela entre todos os participantes
–**Sorteo de unha cesta de Nadal a través dunhas rifas que se venderán durante todo o mes e o mesmo día da proba
–**Agasallo de guantes e braga polar cortesía do Concello de As Pontes (proba absoluta)
–** CHOCOLATE QUENTE para todos os participantes!!

9. Servizo de Animación infantil.
Ofrecerase servizo de animación infantil para os nenos que participen nas carreiras infantís e que os seus pais ou titores corran na carreira absoluta o na andaina. Máximo 30 plazas, por riguroso orde de inscrición, antes do 27 de decembro indicando:
*Nome e apelidos do neno
*Data de nacemento
*Teléfono de contacto
*(Firma de autorización o mesmo día da proba)

No siguiente correo: ana.alonso (arroba) aspontes.org ou no teléfono: 667 192 099 (Ana)


:: Comenta a San Silvestre no foro ::